#pasteleríascoruña
E ti? Tes algún recordo especial de Hildita? Un doce favorito ou unha anécdota que che gustaría compartir? Queremos saber como esta lendaria pastelería adoceu a túa vida. Escríbenos! 🍬👇

#BEstudosLocais #pasteleríascoruña #ComercioCoruña #HistoriaCoruña #Hildita
January 13, 2025 at 12:20 PM
A transformación do local reflicte como a cidade cambia e evoluciona sen esquecer as súas raíces. Hildita xa non está, pero o seu doce legado seguirá sempre no corazón da Coruña.

#BEstudosLocais #pasteleríascoruña #ComercioCoruña #HistoriaCoruña #Hildita
January 13, 2025 at 12:20 PM
A despedida de #Hildita foi sentida por moitos coruñeses, pero a súa memoria segue viva. Hoxe, no seu lugar, atopamos Fábula Café, que recuperou as portas modernistas e homenaxea Hildita mantendo as súas milhojas na carta. 

#BEstudosLocais #pasteleríascoruña #ComercioCoruña
January 13, 2025 at 12:20 PM
En 2004 José Sánchez, que comezara como mozo de recados nos 60, toma o relevo de #Hildita. Baixo a súa dirección o nome e a esencia da pastelería mantivéronse intactos ata o 12 de xaneiro de 2020, cando pechou definitivamente.

#BEstudosLocais #pasteleríascoruña #ComercioCoruña
January 13, 2025 at 12:20 PM
Entre as delicias máis lembradas de Hildita estaban:
✅ As tortas de améndoa
✅ As pastas de té
✅ As milhojas
✅ O icónico pastel pequeno, o primeiro da cidade, engadido a petición dos clientes. 

#BEstudosLocais #pasteleríascoruña #ComercioCoruña #HistoriaCoruña #Hildita
January 13, 2025 at 12:20 PM
En 1960, Hildita mudouse á rúa Alameda, onde Juan asociouse con Isidoro Castillo Rábade, tamén pasteleiro. Xuntos fixeron medrar o negocio, que se converteu nun referente grazas ás súas receitas únicas.

#BEstudosLocais #pasteleríascoruña #ComercioCoruña #HistoriaCoruña #Hildita
January 13, 2025 at 12:20 PM
Juan Campos fundou #Hildita en honra á súa filla de 7 anos. O primeiro local abriu as súas portas na rúa Vereda del Polvorín. Unha pastelería de barrio que non tardaría en converterse nun símbolo da Coruña. 

#BEstudosLocais #pasteleríascoruña #ComercioCoruña  #HistoriaCoruña
January 13, 2025 at 12:20 PM
#HistoriadoNosoComercio: Hoxe toca un anaco doce da memoria coruñesa. Imos falar da lendaria Confitería #Hildita, que comezou o seu percorrido en 1952 grazas ao mestre pasteleiro Juan Campos Oller. Acompáñasnos?

Dentro 🧵⬇️

#BEstudosLocais #pasteleríascoruña #ComercioCoruña
January 13, 2025 at 12:20 PM