#museoarqueoloxicoastelodesananton
No último obradoiro deste verán, coñecemos, en famila, os grandes tesouros da colección de orivería do Museo de San Antón, para logo elaborar xuntos un torques castrexo.
Grazas por este verán de Arqueoloxía e diversión!🏰😍
#museoarqueoloxicoastelodesananton #CulturaCoruña #museovivo
August 30, 2025 at 3:18 PM
Hoxe achegámonos ás orixes da cerámica para descubrir os diferentes usos e a evolución das técnicas de produción. Grazas ás pezas do Museo coñecemos as decoración e as formas como inspiración para crear o noso cacharro castrexo.
#museoarqueoloxicoastelodesananton #CulturaCoruña #museovivo
August 23, 2025 at 1:50 PM
Onte o Castelo de San Antón acolleu, como ven sendo habitual, a clausura do XVI Encontro Torre de Hércules de Esgrima Histórica. Conferencia, exhibición de esgrima, entrega de trofeos aos gañadores do torneo...🤺🏰☀️
#MuseosHistoricosCoruna #museoarqueoloxicoastelodesananton #CulturaCoruña #museovivo
July 21, 2025 at 5:00 PM