#historiadonosocomercio
En 1911, a casa comercial Hijos de Simeón García fíxose cargo deste establecemento e nomeou como xerentes a Pedro e Manuel Pérez Escudeiro. A tenda trasladouse entón ao número 43 da rúa San Andrés.

#BEstudosLocais #ComercioCoruña #historiadonosocomercio #ACoruña
February 10, 2025 at 11:02 AM
A historia desta tenda remóntase aos primeiros anos do século XX. A primeira referencia que temos documentada data de 1902, cando estaba situada na rúa Bailén, número 7. Naquel entón, era un comercio de tecidos propiedade de José María Osorio.

#BEstudosLocais #historiadonosocomercio #ACoruña
February 10, 2025 at 11:02 AM
Entre o florecente comercio da rúa de San Andrés de principios do século XX, destacaron os Grandes Almacéns "Nuevo Mundo" pola  ampla variedade de produtos e prezos accesibles.

#BEstudosLocais #ComercioCoruña #historiadonosocomercio #ACoruña #Fotografíasantiguas #Fotografíasantigas
February 10, 2025 at 11:02 AM
#HistoriadoNosoComercio: Hoxe toca un anaco doce da memoria coruñesa. Imos falar da lendaria Confitería #Hildita, que comezou o seu percorrido en 1952 grazas ao mestre pasteleiro Juan Campos Oller. Acompáñasnos?

Dentro 🧵⬇️

#BEstudosLocais #pasteleríascoruña #ComercioCoruña
January 13, 2025 at 12:20 PM
Presentamos a sección "Recunchos con historia" que nos mergulla no corazón da nosa cidade para descubrir os segredos mellor gardados dos establecementos comerciais máis emblemáticos #HistoriadoNosoComercio.

📷 Arquivo Reino de Galicia

Dentro 🧵

#ComerciodaCoruña #HistoriadaCoruña #BEstudosLocais
December 9, 2024 at 11:47 AM