Xuntanza pola Vivenda de Santiago de Compostela
banner
xvivendacompos.bsky.social
Xuntanza pola Vivenda de Santiago de Compostela
@xvivendacompos.bsky.social
Para dar o primeiro paso nesta dirección e comezar a construír unha resposta, levouse a cabo a creación no verán de 2024 da Xuntanza pola Vivenda de Compostela!
January 13, 2025 at 10:23 PM
Fronte a esta situación de violencia, necesitamos estruturas de autodefensa para facerlles fronte e que, alén de proporcionar ferramentas para solucionar os problemas do día a día, nos permitan camiñar cara un mundo e unha sociedade máis xusta non guiada polo capital.
January 13, 2025 at 10:23 PM
Mentres que no 2023 e primeiro trimestre de 2024 houbo 1451 desafiuzamentos, houbo só 114 demandas por okupación de inmoble. Creáronse ademais varias empresas ilegais como Desokupa, que mediante coaccións ou agresións atacan os dereitos das persoas en situación máis vulnerable.
January 13, 2025 at 10:23 PM
Porén, os medios de comunicación centran o problema nunha descontrolada e violenta okupación da vivenda, cando son os grandes e pequenos propietarios os que en realidade nos expulsan dos nosos fogares.
January 13, 2025 at 10:23 PM
dos pelotazos urbanísticos, como os grandes propietarios, a prensa tradicional ou os políticos profesionais sexa construír máis vivenda para aumentar a oferta dispoñible (en Santiago de Compostela plantéxase a construción dunhas 3500 vivendas na zona de Mallou).
January 13, 2025 at 10:23 PM
Esta incapacidade de afrontar estes gastos, provoca que na Galiza se dean ao día uns 3 desfiuzamentos. Só no segundo trimestre de 2024 houbo 367.Isto contrasta cos 90.000 inmobles baleiros que existen en Galiza e aínda máis con que a solución proposta polos defensores+
January 13, 2025 at 10:23 PM
as persoas racializadas (moitas veces debido
directamente a un propietario abertamente racista), a xente máis nova (imposibilidade de independizarse a outra vivenda) ou xente anciá (que dependen dunha pensión insuficiente para costeala).
January 13, 2025 at 10:23 PM
Cabe destacar que este tipo de vivendas, de peor calidade, afectan especialmente aos grupos máis vulnerables, como as mulleres (a fenda salarial, a precariedade laboral ou a responsabilidade dos coidados non permiten acceder a unha vivenda mellor), +
January 13, 2025 at 10:23 PM
Baixo etiquetas que pretender facer atractivas alternativas a unha verdadeira independencia (o “coliving”, por exemplo) o capitalismo intenta naturalizar a nosa incapacidade de aceso a unha vivenda digna e de calidade.
January 13, 2025 at 10:23 PM
O prezo do aluguer está en máximos históricos e os soldos non evolucionan a un ritmo sequera parecido, no ano 2023 os galegos e galegas tiveron que destinar aproximadamente un 33% da súa renda para poder pagalo. Sendo ao mesmo tempo as vivendas cada vez de peor calidade.
January 13, 2025 at 10:23 PM
Unha crise que está a repercutir na vivenda dunha
forma implacable, imposibilitando a calidade da vida e en moitas ocasións, a vida mesma.
January 13, 2025 at 10:23 PM
Non podemos entender o conflito pola vivenda como un feito illado, temos que situalo como unha expresión máis da crise do sistema que domina a sociedade actual, o capitalismo.
January 13, 2025 at 10:23 PM