Xurxomatic
banner
xurxomatic.bsky.social
Xurxomatic
@xurxomatic.bsky.social
O da portada é unha croqueta. O orgullo da miña vida. Que boa estaba. Aquí se fala de ciencia ficción. Ou non.

Polo que sexa, o corrector pon Circo cando escribo o meu nome.
Por outra banda, esta obra é unha pequena cápsula de desesperación, humanidade e inocencia, que se condensa no desexo da felicidade para todos. Un desexo tan sinxelo e tan imposible. Saúde.
November 16, 2025 at 12:20 AM
A ciencia ficción non trata só de láseres e naves espaciais; trata de usar o futuro para reflexionar sobre o noso presente, aquí e agora. Niso, os Strugatski son mestres e aquí demóstrano, creando unha obra dura e social que nos leva a facer preguntas incómodas.
November 16, 2025 at 12:20 AM
A Zona non é un campo de batalla. É unha morea de desperdicios, un lugar onde os alieníxenas pararon a facer un picnic e deixaron o lixo atrás. A nosa incapacidade para comprender eses "trebellos" subliña a nosa insignificancia cósmica.
November 16, 2025 at 12:20 AM
A premisa é sinxela: Tras unha breve "Visita" alieníxena, quedan seis áreas no planeta chamadas Zonas. Estes lugares están cheos de artefactos alieníxenas fantásticos e perigos mortais. O protagonista, Redrick, é un Stalker, un carroñeiro que xoga a vida entrando na Zona para roubar eses artefactos.
November 16, 2025 at 12:20 AM
Libro curto (só 175 páxinas) con bo ritmo e moi doado de ler. Entretido, ás veces divertido e súper actual en moitos aspectos. Moi recomendable.
October 30, 2025 at 6:37 PM
Wells constrúe un universo onde as grandes Corporacións e o "Contrato de Servizos" son a principal fonte de perigo, máis que as ameazas alieníxenas. Se os Strugatski criticaban á URSS, aquí temos unha crítica ao capitalismo e á falta de ética.
October 30, 2025 at 6:37 PM
Matabot, unha unidade de seguridade medio humana medio máquina, está asignado a protexer un equipo de científicos nun planeta afastado. Cando unha misión veciña desaparece misteriosamente, Matabot vese obrigado a facer o que máis detesta: interactuar e protexer aos seus humanos.
October 30, 2025 at 6:37 PM
Mostra dunha ciencia ficción máis profunda e filosófica, con veladas críticas á URSS e pequenas notas de humor. Recoméndovos esta pequena xoia, que se le nun tris.
October 27, 2025 at 10:53 PM
Seguindo a liña dos irmáns Strugatski, este libro máis que unha aventura, é unha profunda reflexión sobre o prezo do coñecemento, a liberdade e a dignidade humana fronte a unha forza superior e incomprensible.
October 27, 2025 at 10:53 PM
Maliánov e outros científicos que están a experimentar fenómenos semellantes reúnense. A súa conclusión? Non é unha conspiración humana. É o propio Universo Homeostático que está a "boicotear" os descubrimentos que poidan alterar o statu quo cósmico, mantendo a tranquilidade.
October 27, 2025 at 10:53 PM
Resumindo: Dmitri Maliánov, un astrofísico en Leningrado, está a piques de revolucionar o seu campo cunha fórmula. Cando está a punto de conseguilo, comeza unha serie de estrañas e sinistras "interrupcións" (chamadas equivocadas, entregas misteriosas, a aparición dun inspector...).
October 27, 2025 at 10:53 PM
Tiña a capacidade de facer que cada personaxe, por excéntrico ou complexo que fose (Annie Hall!), se sentise totalmente real e próximo. Demostrou sempre unha feminidade complexa, intelixente e con moita personalidade, que non precisaba cumprir con estereotipos para brillar.
October 12, 2025 at 10:32 AM
Investigade e a tomade as vosas propias decisións. Cada pequena acción suma. Deixar de consumir onde non se respectan os Dereitos Humanos é un comezo. Apuntádesvos? #FreePalestina #GalizaConPalestina

Aquí tedes unha ferramenta para saber a quen compramos 👇🏼

play.google.com/store/apps/d...
No Thanks - Apps on Google Play
Scan barcodes & search serial numbers
play.google.com
September 29, 2025 at 8:04 PM
Xa que non podo actuar directamente indo ata aló, vou facer dos meus cartos unha ferramenta de presión. Moitas destas empresas teñen vínculos, investimentos ou franquías que apoian economicamente a ocupación e as políticas xenocidas de Israel.
September 29, 2025 at 8:04 PM
Chao pescao
August 28, 2025 at 4:18 PM
And more expensive? Don't think so.
April 30, 2025 at 4:58 PM