Xosé Veiras
banner
xoseveiras.bsky.social
Xosé Veiras
@xoseveiras.bsky.social
Biólogo. Activista climático. Promotor do Observatorio Galego da Acción Climática (www.ogacli.org).
O descenso das emisións de gases de invernadoiro en España (-6,3% con respecto a 1990) está moi ligado á substitución do carbón na produción eléctrica. As emisións de CO2 asociadas ao petróleo e, sobre todo, ao gas fósil aumentaron.
Por iso, Galicia é unha das CCAA onde máis se reduciron.
November 14, 2025 at 11:28 AM
A produción intensiva (suliño o de intensiva) de leite é tan empobrecedora para o medio natural galego como a de madeira de eucalipto, aínda que moi poucas veces se poñen en pé de igualdade a este respecto. E desde o punto de vista climático é moitísimo peor, polas súas elevadas emisións de GEI.
November 9, 2025 at 1:26 PM
Pois contrariamente ao que algunha xente cre (ou parece crer), Galicia está tamén na parte vermella (intensa) do mapamundi. Cun 71,2% en 2022 (e con máis aínda se se considerasen as importacións brutas de enerxía primaria fósil).
November 3, 2025 at 12:18 PM
Estes son os datos actualizados para Galicia dos principais indicadores climático-enerxéticos, xunto cos obxectivos oficiais para 2030. Que deberían ser máis ambiciosos, nunha década crucial para a mitigación da crise climática.
Máis info: ogacli.org
October 31, 2025 at 10:18 AM
Postos a facer un titular impactante sería máis axeitado poñer que o clima, o factor explicativo máis importante dos lumes, protexe o norte de Galicia (polo de agora). Si, hai máis silvicultura, pero porque o clima (e os solos) fan que sexa moito máis rendíbel.
October 9, 2025 at 11:09 AM
A transición enerxética, no tocante ao crecememento da potencia eléctrica renovábel, parece que en Galicia é cousa máis ben do pasado.
ogacli.org/renovabeis-e...
October 1, 2025 at 8:33 AM
Mentres en Galicia, exportadora de electricidade a Portugal, vemos publicidade na prensa para vender novas caldeiras de gas fósil, combustíbel que importamos de Rusia e os Estados Unidos.
September 29, 2025 at 10:16 AM
Biodiversidade si, pero non así.
September 8, 2025 at 10:54 AM
Acelerar a electrificación do parque de vehículos é chave para que o consumo de combustíbeis de automoción descenda de forma rápida e sostida.
September 3, 2025 at 10:15 AM
Nesta vaga estase a percibir como nunca antes en Galicia que os lumes tamén son un problema de contaminación atmosférica. En particular no referido á emisión de partículas finas (PM2,5), un dos contaminantes máis preocupantes para a nosa saúde.
👉 ogacli.org/emisions-de-...
August 18, 2025 at 10:40 AM
Tapada polo hórreo está a refinaría de petróleo da Coruña, a maior fábrica de cambio climático en Galicia.
July 30, 2025 at 10:16 AM
Vendas mensuais de coches novos por tipos en Portugal e España, en porcentaxe.
May 12, 2025 at 3:20 PM
No informe anual sobre a calidade do aire de Galicia, publicado en abril pasado e referido a 2023.
Dispoñíbel na web de Meteogalicia: t.co/bJBtfpdT0l
May 2, 2025 at 10:30 AM
Por primeira vez, a Xunta avalía os datos sobre a calidade do aire tamén en relación coas recomendacións da OMS.
Evidenciando que, tamén en Galicia, a calidade do aire é ben mellorábel. E que a propia Xunta e todos os Concellos deben deixar de ser tan autocompracentes.
May 2, 2025 at 9:59 AM
🌲 Unha crítica ao excesivo papel que outorga a Xunta ás plantacións forestais como solución climática onde menos se agardaría: na Estratexia de Infraestrutura Verde da propia Xunta (páx. 11).
A principal solución é deixarmos canto antes de usar enerxía fósil.
👉 t.co/YYWiWQoYHQ
April 24, 2025 at 9:52 AM
É significativo que nas áreas costeiras prioritarias de restauración ecolóxica definidas na recentemente aprobada Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia, o tipo de acción máis frecuente necesario é "o control do uso público" reducindo a 0 os seus efectos sobre hábitats de especies protexidas.
March 8, 2025 at 6:20 PM
O obxectivo do Plan de conservación da píllara das dunas en Galicia (2014) é chegar ás 250-300 parellas reprodutoras. Apenas se está a avanzar para acadalo e aínda fica moi lonxe (84 en 2023).

Urxe ordenar o uso público nos espazos protexidos costeiros.

👉 medioambiente.xunta.gal/c/document_l...
March 7, 2025 at 10:59 AM
Por moito que o repita a Xunta, Galicia non é un refuxio climático.
#emerxenciaclimática
February 7, 2025 at 12:08 PM
O "Drill, baby, drill" nos EUA non comezou con Trump. E acaba onde se consome. E aínda que a Trump lle pareza que consumimos pouco, os EUA xa son un dos principais subministradores de petróleo e gas fósil de Galicia e España.
#EndFossilFuels
February 3, 2025 at 12:05 PM
O ano 2024 foi extremadamente cálido en Galicia. O terceiro ano máis cálido das últimas seis décadas.
meteo-estaticos.xunta.gal/datosred/inf...
January 16, 2025 at 6:42 PM
Os combustíbeis fósiles e as tecnoloxías ineficientes asociadas ao seu uso (como os vehículos de combustión) proporcionan pouca enerxía útil. A maioría pérdese.

Renovábeis+electrificación aforran enerxía.
January 9, 2025 at 10:40 AM
Pois Galicia por aí andará, malia pouco ter medrado a potencia renovábel, grazas a un moi bo ano para a produción hidroeléctrica e á eliminación total da potencia con carbón.
E exportando a Portugal unha parte da electricidade que recibiu desde o Estado español.
January 5, 2025 at 5:41 PM
O descenso da produción eléctrica fósil rexistrado a partir de 2019 diminuíu o saldo exportador de electricidade de Galicia co resto da Península Ibérica, converténdoo mesmo en importador en meses de verán.
Mais recuperouse nos últimos anos pola maior redución da demanda interna.
January 4, 2025 at 12:46 PM
Na diminución da produción eléctrica fósil en Galicia a partir de 2019 influíu tamén o acusado descenso da demanda interna pola crise na industria metalúrxica e a falta de avances na electrificación do consumo enerxético.
December 30, 2024 at 4:52 PM
Malia pouco ter aumentado a produción eléctrica renovábel en Galicia, a fósil baixou moito nos últimos anos pola eliminación dos 2000 MW de carbón. Dúas etapas:
1) 1º trim 2019-out 2023. Declive do carbón pola suba do prezo CO2, peche Meirama.
2) out 2023 (peche As Pontes)-hoxe.
December 23, 2024 at 11:52 AM