banner
xbaamonde.bsky.social
@xbaamonde.bsky.social
Sherpa de Comunicación e Solidariedade. Pero, sobre todo, pai de Nuno e Iago
Altri é un exemplo da loita da sociedade galega fronte as oligarquías galega e madrileña. Do pobo contra o capital. De David enfrontándose a Goliat. Non imos consentir o espolio da nosa terra. #AltriNon #MinaTouroOPinoNon #NonImosAchantar
February 4, 2025 at 9:00 AM
A Facultade de Comunicación de Pontevedra acolle o Curso de Especialización en Comunicación para o Cambio Social; que pretende traballar na procura de novas narrativas contra o odio e a desinformación e pola defensa dos Dereitos Humanos. Máis información: www.agareso.org/gl/curso-de-...
January 20, 2025 at 10:07 AM
Temos que seguir pagando por circular pola AP-9 porque o goberno de Aznar prorrogou a concesión 25 anos máis. Tiña que ser de balde desde agosto de 2023. Hai que lembralo tódolos días.
January 6, 2025 at 10:35 AM
Lembrade que imos este ano imos seguir pagando pola AP-9 porque o goberno de Aznar prorrogou a concesión que tiña que ter rematado hai máis dun ano.
January 1, 2025 at 8:31 PM
Esta ilustración de Iria Ribadomar é espectacular. Todos os días hai que lembrar que #AltriNon porque esta macrocelulosa contaminaría o Río Ulla, imposibilitaría o marisqueo na Ría de Arousa, fomentaría o monocultivo de eucalipto co perigo de lumes que iso supón. A Xunta non pode calar todo un país
December 28, 2024 at 10:03 AM
O greenwashing é unha estratexia de marketing para proxectar unha falsa imaxe de responsabilidade ambiental. Un exemplo témolo nas noticias da TVG e a Voz a favor de Altri. Pola contra, o pobo galego demostrou a súa dignidade e o seu rexeitamento a esa macrocelulosa #ALTRINON
December 16, 2024 at 12:12 PM
Todos os días hai que lembrar que #AltriNon porque esta macrocelulosa contaminaría o Río Ulla, imposibilitaría o marisqueo na Ría de Arousa, fomentaría o monocultivo de eucalipto co perigo de lumes que iso supón. O 15 de decembro vémonos en Compostela: A Xunta non pode calar todo un país.
November 22, 2024 at 10:36 AM
Un día despois da concentración de #QueremosGalego en Compostela, temos que seguir defendendo a nosa lingua. Sempre en Galiza, Sempre en Galego.
#Galego
#VivirEnGalego
November 18, 2024 at 11:59 AM
O meu primeiro contido é para lembrar o maior perigo para o futuro de Galicia: a macroceluosa Altri. Vai contaminar o Rio Ulla e a Ría de Arousa (acabando co marisqueo); fomentando o monocultivo en eucalipto (co risco de grandes lumes) e non é un modelo sostible. #ALTRINON
#GREENWASHING
November 15, 2024 at 3:47 PM