VINTE
banner
vinte.praza.gal
VINTE
@vinte.praza.gal
A revista dixital para a Galicia dos anos 20💫
Da man de @praza.gal
🔗 https://vinte.praza.gal
😋"Se é domingo, podemos baixar ata Negreira, para asomarnos ao seu mercado, comprar unha rosca na panadería Xallas, tomarl un café no Cotón ou na terraza do Porto e camiñar á beira do Barcala, ata o refuxio de Covas", detalla @jorgeguitian.bsky.social
#VinteEnRuta
👉 vinte.praza.gal/artigo/merca...
December 3, 2025 at 11:48 AM
👩‍🍳 Santa Comba converteuse nun dos centros gastronómicos da provincia grazas ao Retiro da Costiña, un dos tres restaurantes con dúas estrelas Michelin en Galicia, pero tamén aos case 80 anos de historia dunha cociña mítica destas terras: Casa Aurelio
👉 vinte.praza.gal/artigo/merca...
December 2, 2025 at 2:56 PM
😋 Comezamos polo sur, por Bembibre, capital do Val do Dubra, que é punto de partida perfecto para rutas de sendeirismo, xunto ao río ata a fervenza do Rexedoiro. As empanadas tradicionais da panadería Bembibre ben acompañan o camiño
👉 vinte.praza.gal/artigo/merca...
December 2, 2025 at 2:03 PM
🌰 💜 VINTE en Folgoso do Courel: "A castaña significa paisaxe, tradición gastronómica e cultura"

👉 Podes ler (e ver) a reportaxe de @belamistura.bsky.social en: vinte.praza.gal/artigo/vinte...

📹 Xarda
🤝 Co apoio de Caixa Rural Galega
#VinteNaVila
December 2, 2025 at 10:06 AM
☕️🥛 Vinte almorzando con Lucía Freitas:
"Os cociñeiros e as cociñeiras galegas levamos a terra no noso ADN", defende a chef Lucía Freitas nesta nova entrega de #VinteAlmorzando con Deleite
👉 Entrevista completa de Vanesa Vázquez en vinte.praza.gal/multimedia/v...
December 1, 2025 at 10:38 AM
🏐💪 Socia fundadora do Emevé, Bibí Bouza é a única persoa que permanece no club desde a súa creación. Como xogadora estivo na pista ata os 51 anos. “Seguía porque as miñas compañeiras estaban aí. Levabamos ao voleibol na alma”, di.
👉 vinte.praza.gal/artigo/bibi-...
🤝 @puntogal.bsky.social
November 28, 2025 at 10:51 AM
👧👦 En total hai unhas 530 persoas no club, entre xogadoras, xogadores e persoal técnico. Ata teñen teñen unha lista de espera con 40 nenas e nenos para se incorporar aos equipos
👉 Artigo completo: vinte.praza.gal/artigo/bibi-...
November 27, 2025 at 3:59 PM
👣 Zapatillas Susa é o reino das zapatillas e do encaixe de Camariñas (Susa, nai de Chus, naceu en Muxía) en Carballo. Presta facerlle unha visita
👉 vinte.praza.gal/artigo/de-ca...
November 26, 2025 at 2:56 PM
😎 De Carballo á Coruña pola beira do mar
As paredes da taberna Mexillón, en Carballo, están recubertas, literalmente, de pratos decorativos con recordos chegados de medio mundo.
👉Lucía Junquera debuta en VINTE con esta reportaxe, que quedou así de ben: vinte.praza.gal/artigo/de-ca...
November 26, 2025 at 11:58 AM
👩‍🎨 O primeiro que chama a atención aos visitantes de #Carballo son as súas paredes cheas de arte. Grandes graffitis de diferentes artistas que en moitos lugares están transformando o espazo urbano en auténticos museos ao aire libre #VinteEnRuta
👉 vinte.praza.gal/artigo/de-ca...
November 25, 2025 at 1:49 PM
🧡 VINTE NA VILA | “Eu penso que o meu marido perdeu o seu corazón aquí”
Helena de Wit é holandesa e reside no Courel co seu marido dende 2011 de maneira indefinida.
👀 Reportaxe completa en vinte.praza.gal/artigo/vinte...
🤝 Co apoio de Caixa Rural Galega
November 20, 2025 at 6:55 PM
🔊 PODCAST | Vinte de Foliada en Vigo
A terceira entrega da serie podcast Vinte de Foliada chega a Vigo para comprobar que si, que na maior cidade de Galicia tamén hai foliada💃
🎧 Escoita o episodio completo en vinte.praza.gal/artigo/vinte...
🤝 Co apoio da Secretaría Xeral da Lingua
November 19, 2025 at 11:59 AM
🍽️ Repartida entre catro comarcas oficiais -as de Arzúa, Melide, Ordes e Betanzos- esta terra hai que percorrela. Son estas zonas panceiras, coñecidas polas súas empanadas, os seus biscoitos, as súas roscas. E moito máis.
vinte.praza.gal/artigo/entre...
November 18, 2025 at 5:34 PM
🎶 A asociación A Volta do Agro naceu no ano 1995 e este 2025 celebra o seu trinta aniversario recuperando o festival popular Zumbanocoiro en Lugo. Senén Montero, un dos seus fundadores, fala connosco neste segundo episodio do podcast #VinteDeFoliada
🎧 vinte.praza.gal/artigo/vinte...
November 13, 2025 at 12:51 PM
🥁 “Non atopei un baile que me guste tanto como o galego”
Sofía ten 12 anos e leva bailando desde o catro. Todas as semanas acode ao Centrad de Lugo para aprender linguaxe musical, bailar ou tocar a pandeireta.
🎧 Podcast #VinteDeFoliada ➡️https://vinte.praza.gal/artigo/vinte-de-foliada-en-lugo
November 12, 2025 at 3:39 PM
🎙️ PODCAST | VINTE DE FOLIADA
A tradición vibra en Lugo. Chega o segundo episodio da serie podcast Vinte de Foliada, que gravamos nas vésperas de San Froilán... e iso nótase 💃
🎧 Escoita o episodio completo en: vinte.praza.gal/artigo/vinte...
🤝 Co apoio da Secretaría Xeral da Lingua
November 12, 2025 at 12:15 PM
💙🌰 CON VÍDEO | Vinte en Folgoso do Courel: “Se se esgota un plan de vida, tes que inventar outro”
Neste #VinteNaVila o son da chuvia mestúrase coa voz da veciñanza do Courel.
👀 vinte.praza.gal/artigo/vinte...
✍️ @belamistura.bsky.social
🎥 @asdexarda.bsky.social
🤝 Co apoio de Caixa Rural Galega
November 11, 2025 at 12:49 PM
☕️ #VinteAlmorzando con Janet Novas: "Os recoñecementos non che dan unha tranquilidade"
A bailarina e coreógrafa, Premio Nacional de Danza, reclama máis salas de ensaio en Galicia.
👉 Entrevista completa: vinte.praza.gal/multimedia/v...
🤝Co apoio de Deleite
November 10, 2025 at 12:08 PM
☕️🥛 Vinte almorzando con Janet Novás

Almorzamos coa porriñesa Janet Novás: bailarina, coreógrafa, actriz … que vén de acadar o Premio Nacional de Danza un ano despois do Goya. Case nada.
➡️ Mira a entrevista en: vinte.praza.gal/multimedia/v...

🎥 @asdexarda.bsky.social
🤝 Co apoio de Deleite
October 31, 2025 at 11:26 AM
🎧 PODCAST | VINTE DE FOLIADA
Chegou o día! Este mércores bota a andar a serie podcast Vinte de Foliada, cuxa primeira parada é A Coruña.

💃 Escoita aquí o primeiro episodio: vinte.praza.gal/artigo/vinte...
🤝 Co apoio da Secretaría Xeral da Lingua
👉 Velaquí un petisco:
October 29, 2025 at 11:46 AM
"A primeira torta que saquei levoume máis de setecentas probas. Penso que é o mellor indicador de que o que queremos ofrecer é algo que a xente probe e case non teña que dicir nada", explica o creador de Suárez Cake
👉 vinte.praza.gal/artigo/anxo-...
🤝 Co apoio de @puntogal.bsky.social
October 27, 2025 at 12:37 PM
📷 🌿“Se, agora mesmo, aquí aparecese unha lontra en estado salvaxe, o que sentiría sería tan intenso que me deixaría renovado por un mes”, asegura o fotógrafo de natureza IagoRaw.

👉 Artigo completo e galería de fotos: vinte.praza.gal/artigo/iagor...

🤝 Co apoio de @puntogal.bsky.social
October 23, 2025 at 10:46 AM
🥁 🪗💃 Vinte de Foliada. Un novo podcast amosa que a tradición é agora

🎧 Nos próximos días sairá á luz a serie podcast Vinte de Foliada, un proxecto co que nos achegaremos á tradición máis viva
👀 Mira o artigo: vinte.praza.gal/artigo/vinte...
🤝 Co apoio da Secretaría Xeral da Lingua
October 22, 2025 at 10:16 AM
☕️ Vinte almorzando con The Rapants: "Aínda estamos no punto en que nos gusta o novo disco"
"Vai ser un discazo", din sobre o seu novo traballo, que en marzo "ten que estar publicado"
👀 Entrevista completa en vinte.praza.gal/multimedia/v...
🤝 Co apoio de Deleite
🎥 @asdexarda.bsky.social
October 21, 2025 at 9:56 AM
A artista Lucía Aldao é a responsable destes premios, que buscan a participación de persoas que nunca pensaran en escribir, ademais das que xa están afeitas a comunicarse a través da palabra escrita

➡️ Artigo completo de @belamistura.bsky.social
aquí: vinte.praza.gal/artigo/escri...
October 16, 2025 at 2:47 PM