Campus Vigo Tecnolóxico
banner
vigotecnoloxico.bsky.social
Campus Vigo Tecnolóxico
@vigotecnoloxico.bsky.social
Vigo Tecnolóxico é o Campus de Especialización da @uvigo.bsky.social que aglutina as competencias científicas e tecnolóxicas nos ámbitos da telecomunicación, tecnoloxías, enerxía e procesos industriais.
🌐 https://vigotecnoloxico.uvigo.es/
Queres saber como Cu, U, Au e Ag chegan ata nós? A EE de #MinaseEnerxía presenta o relatorio "Avaliación do sistema Cu-U-Au-Ag de Olympic Dam: tipoloxía", por Francisco R. Falguera
📅Mér 26 de novembro de 2025
🕘 09:00 h
📍 Sala de Graos da EEME
November 4, 2025 at 9:48 AM
📅 Breve adianto das citas xa confirmadas para este #outubro!
Coma sempre, iremos completando o calendario en i.gal/axendaVigoTec
October 1, 2025 at 1:15 PM
📆Un ano máis, #setembro chega cargado de actividades de benvida para o novo alumnado! #AxendaVigoTec 🔗 i.gal/axendaVigoTec
September 1, 2025 at 12:41 PM
🏎️ No vídeo de #UVigoShow da pasada semana Robinson e Oli visitaban a instalación de #UVigoMotorsport no último salón do automóbil. Queres saber máis sobre o único equipo galego da Formula Student? ▶️ i.gal/uvms
August 28, 2025 at 11:45 AM
☀️ Entre as últimas incorporacións a #UVigoShow, a presentación de #CESUVigo ("Clean Energy Ship"), a asociación estudantil apoiada por #VigoTecnolóxico que desenvolve un catamarán de propulsión solar: i.gal/cesuv
August 27, 2025 at 11:46 AM
🎓 Aida Díez Sarabia, investigadora #RamónyCajal no @cintecx.bsky.social , tamén estivo en #UVigoShow! i.gal/cin5
August 19, 2025 at 8:15 AM
📡 Robinson en Oli tiveron tempo para conversar coa xente da asociación estudantil #UVigoSpaceLab ! i.gal/spl
#UVigoShow
August 17, 2025 at 2:05 PM
🧫 Robinson e Oli non marcharon do @cintecx.bsky.social sen pasaren por Enxeñaría Biomédica e Sustentabilidade e Recursos Naturais. En #UVigoShow : i.gal/cin4
August 15, 2025 at 3:09 PM
⚡ No #TikTok #UVigoShow Robinson conversou tamén coa xente das áreas de Enerxía e de Transporte do @cintecx.bsky.social : i.gal/cin3
August 12, 2025 at 8:58 AM
🏗️ Segunda entrega das aventuras de Oli e Robinson no @cintecx.bsky.social ! Unha ollada ás áreas de Electrónica e Automática e Fabricación de Materiais: i.gal/cin2
#UVigoShow
August 9, 2025 at 1:08 PM
🔬 Coñeces #UVigoShow, a canle da @uvigo.bsky.social en #TikTok? Esta é a primeira de 5 entregas que Oli e Robinson dedicaron ao @cintecx.bsky.social : i.gal/cin1
August 4, 2025 at 10:42 AM
🩵
July 24, 2025 at 10:01 PM
🤖📚 #EEIUVigo e #EMEUVigo únense á @teleco-uvigo.bsky.social para pór en marcha unha proba piloto de uso #IA xerativa (IAX) na docencia: i.gal/iaxen
July 23, 2025 at 11:45 AM
📆 Este venres, 18 de xullo, o edificio Redeiras da @uvigo.bsky.social, no Berbés, acolle unha presentación do programa #Doutoramentos Industriais 2025 de GAIN.
🗣️ A cargo de María José Mariño Fontenla.
🕚 De 11 a 12 h
ℹ️ Non é necesaria inscrición previa.
🔗 i.gal/dout
July 14, 2025 at 9:05 AM
📖 “ #DesignThinking y Acción” é unha nova obra didáctica que aborda o emprego desta metodoloxía en contornas en liña. Está coeditada por Manuel Caeiro, de #atlanTTic, e Gustavo Zurita, da @uchile.bsky.social
🔗i.gal/design
July 9, 2025 at 11:54 AM
🟣 Con motivo do Día Internacional da Muller na Enxeñaría, en breve comeza en @cintecx.bsky.social esta máis que pertinente mesa redonda 👇
June 23, 2025 at 6:38 AM
🖊️Tras rematar mañá as #PAU (seguro que con boa nota), a @uvigo.bsky.social celebrará desde o luns a II semana de portas abertas virtual. Vencendo as supersticións, as 3 escolas de enxeñaría celebrarán os actos de graduación o venres 13. Isto e moito máis na #axenda deste xuño!
June 4, 2025 at 1:10 PM
Que teñades un moi bo #DíadasLetras !
May 17, 2025 at 8:48 AM
🚘O proxecto #FacendoPlus, financiado con fondos #FEDER, leva 12 patentes rexistradas e 13,8 M€ investidos. Continuará avanzando en impulsar a cadea de valor do sector galego da automoción ata setembro de 2026.
➕ no #DUVI da @uvigo.bsky.social: i.gal/fcnd
April 30, 2025 at 1:31 PM
🤖 Mañá de competición de robots na #EEIUVigo! Con máis de 560 estudantes e 120 equipos de toda Galicia
April 25, 2025 at 1:24 PM
📅 Nós non levamos nada do «April fools'»! Este adianto da axenda de #abril é 💯% real 👇🏾
⚠️ Algunhas actividades requiren inscrición previa.
April 1, 2025 at 12:30 PM
🤝 A pasada semana rematou unha das citas do ano: o #ForoTecnolóxico de #Emprego.
🔝 Ademais de ser a feira deste tipo máis grande de España e de acadar cifras récord de participación, esta edición foi moi especial: cumpríronse 25 anos da primeira!
🥳 Por 25 anos máis!
March 22, 2025 at 1:18 PM
Velaquí a imaxe que a Unidade de #Igualdade da UVigo escolleu para este #8M . Recoñece as traballadoras que rompen cos estereotipos de xénero a través da figura das lavandeiras, mulleres que desenvolvían un traballo que requiría gran fortaleza física. Foron, e son, figuras de memoria e acción.
March 8, 2025 at 11:01 AM
🛰️ Esta mañá acompañamos a #UVigoSpaceLab na feira #InnovAmes 2025!

🚀 Todas as persoas asistentes, moitas procedentes de centros educativos de Primaria e Secundaria, están podendo coñecer os proxectos nos que traballa esta asociación estudantil apoiada por #VigoTecnolóxico.
March 7, 2025 at 12:12 PM
🟣O vindeiro sábado 22 de marzo a EE de @teleco-uvigo.bsky.social acollerá #oracle4girls , iniciativa na que nenas de 4 a 16 anos participarán en obradoiros TIC.
+ info: i.gal/oracle4girls
March 5, 2025 at 1:06 PM