Vanesa Santiago
banner
vanesas.bsky.social
Vanesa Santiago
@vanesas.bsky.social
Curiosa, lectora, escritora. Autora de: Ninguén lembra, A vida sinxela de Marcelo Firmamento, As probas do mago, Memoria de Nosotros. Bibliotecaria en: A Coruña. Mother of 2.
...vai para cinco anos de que se fixese realidade o fermoso proxecto "A miña primeira novela de...", e "Pegadas de búfalo" foi o seu primeiro e emocionante título, hoxe reeditados, como digo, e afortunadamente, por Boadicea. E que medre o western en galego!
April 1, 2025 at 7:55 PM
Así, Pegadas de búfalo cumpriu tamén unha intencionalidade, a de achegar este estilo literario ao lectorado mozo, e fíxoo coa man experta de quen sabe do que escribe e o desfruta. Non en van, eu tiven a fortuna de ser lectora beta do título. E relémbroo rescatando este fío doutra rede porque...
a baby is reading a book with the words `` get to reading '' written on it .
ALT: a baby is reading a book with the words `` get to reading '' written on it .
media.tenor.com
April 1, 2025 at 7:55 PM
Neste contexto, créase "Pegadas de búfalo", de Tomás Rivera, a miña primeira do salvaxe oeste‌, que se fixo realidade da man de contos estraños e reeditouse un tempo despois baixo o selo editorial Boadicea.
April 1, 2025 at 7:55 PM
Mención á parte, unha novela, "A norte de Frank González", nace precisamente por parte do autor, Xosé Fernández Ferreiro, coa pretensión de dotar a literatura galega dun exemplo dese xénero.
April 1, 2025 at 7:55 PM
Porque, malia haber relatos do oeste en galego, portugués á marxe, para a influencia do subxénero a nivel global, cáseque non hai nada. Unha tradución de relatos, unha incursión de Isidro Novo como Isy New, unha novela de Jorge Emilio Bóveda...
April 1, 2025 at 7:55 PM
‌Por iso, coñecendo de primeira man o bo facer de Tomás Rivera como Kenneth James coas noveliñas weird west de Cassidy, publicadas dixitalmente con inicia literaria, amei a proposta de que escribise, xa no 2020, a miña primeira novela do salvaxe oeste... en galego. Hoxe publicada con Boadicea.
April 1, 2025 at 7:55 PM
Por non falar de revistas tipo National Geographic con reportaxes sobre o tema. Quen non quedaría engaiolada con culturas tan lonxe e tan preto das nosas, e máis sabendo as inxustizas que cometeron cos pobos nativos de América?
a man with blue skin and dreadlocks is sitting on a rock near a body of water
ALT: a man with blue skin and dreadlocks is sitting on a rock near a body of water
media.tenor.com
April 1, 2025 at 7:55 PM
Os nomes todos póñoos en castelán que foi como os coñecín. Así, canto os indios, si teño lido practicamente todo o que caía nas miñas mans: A estrela azul, a saga das tribos, A cachimba sagrada de Alce Negro...
a person in a native american outfit is walking through a forest
ALT: a person in a native american outfit is walking through a forest
media.tenor.com
April 1, 2025 at 7:55 PM
Que nos indios atopara unha fonte fabulosa de mitos e lendas e costumes que engaiolan. E nós relatos sobre o salvaxe oeste aparece como foi o contacto coa marabunta que lles supuxo o home branco. Falo, por exemplo, da emotivísima "Enterré mi corazón en Wounded Knee".
a close up of a man 's face in a native american outfit .
ALT: a close up of a man 's face in a native american outfit .
media.tenor.com
April 1, 2025 at 7:55 PM
Porque esa é outra: os indios. Que ao western non serei afeccionada, pero ás mitoloxías e á riqueza humana de cosmogonías que hai polo globo adiante si son, e desde moito antes de 2016.
a painting of a native american riding a brown horse
ALT: a painting of a native american riding a brown horse
media.tenor.com
April 1, 2025 at 7:55 PM
Todo un espectáculo de ritmo, comedia, drama e historia.
Historia sesgada, claro, como propaganda patriótica que era para enxalzar a controvertida figura do xeneral Custer na súa cruzada cos indios.
a man in an orange tank top is playing a guitar in front of an american flag
ALT: a man in an orange tank top is playing a guitar in front of an american flag
media.tenor.com
April 1, 2025 at 7:55 PM
É un subxénero tan amplo que topas moita morralla, pero tamén obras mestras que van máis alá de subxéneros e clixés como Un hombre llamado Caballo ou, talvez a miña favorita das vistas, xunto con El fuera de la ley: Murieron con las botas puestas.
April 1, 2025 at 7:55 PM