Tirso
banner
tirsofr.bsky.social
Tirso
@tirsofr.bsky.social
Ourense - Monforte. 🏞️🌰🍃🦆🦉🦦🦌🔭
Confeso que os capítulos de SubalpineLive que escoitei no Spotify xa os vira no seu día nos directos 😅. Teño que buscar novos podcasts que nos que saen aí estou ao día.
December 3, 2025 at 4:02 PM
Hoxe cheguei a traballar a un souto e dei cun (m)achado arqueolóxico. Será un elemento votivo ou ritual?
November 20, 2025 at 7:28 PM
Queredes castañas? Aínda hoxe apañei un par de caldeiros delas
November 17, 2025 at 7:23 PM
Hoxe fomos aos chouparros 😋
November 15, 2025 at 8:09 PM
November 13, 2025 at 10:43 AM
Variedade raigona (esquerda) e palmeira (dereita). Grandes e bonitas, madia leva!
November 5, 2025 at 6:53 PM
Boeeeeno pois por acá xa nos recollemos por hoxe que xa me mollei bastante.
October 31, 2025 at 4:49 PM
October 24, 2025 at 7:10 AM
Tempo de castañas. 🌰🌰🌰 De esquerda a dereita negral, longal e amarelante
October 22, 2025 at 9:46 AM
Que ganas había de chouparros 😋
October 20, 2025 at 5:57 PM
En 4 días que pasaron mirade como están
October 18, 2025 at 5:00 PM
Hoxe collín o día libre no traballo.

O día libre:
October 15, 2025 at 1:51 PM
Nuns diíñas...🌰
October 14, 2025 at 5:01 PM
Vedes esas árbores con follas vermellas? Son pradairos de Montpellier (Acer monspessulanum), unha árbore escasísima en Galiza pero que aparece en zonas térmicas como, estes da foto no canón do Sil. Estamos na mellor época para atopalos.
October 14, 2025 at 7:12 AM
Pois a variedade non che sei, a ti de que che teñen pinta? Son grandotas, oscuras e bastante picudas. O castiñeiro terá uns 40 anos
September 21, 2025 at 7:35 AM
Supoño que tras dous anos en Monforte xa o podo considerar o meu local patch 🔭
September 11, 2025 at 6:14 PM
Non busquedes logo como son os concellos en Valencia. Este por exemplo é o de Xátiva, co seu territorio en vermello 🤯
August 31, 2025 at 8:36 PM
Acabo de escoitar que máis que os de Padrón os pementos bos son os de Hebron. Deben ser estes
August 4, 2025 at 11:27 AM
Comparto convosco esta tartaraña cinsenta que afotei o outro día nunha zona de Ourense onde aínda crían regularmente todos os anos. É unha mágoa ver como van desaparecendo e cada vez se ven menos...
August 3, 2025 at 4:26 PM
Imos ao carlismo, vés?
July 28, 2025 at 8:10 AM
Moi ben se nos tratou para o agobio de xente que hai na vila esta
July 26, 2025 at 10:09 PM
Ademais que o nome oficial do Castro xa era ese...
July 23, 2025 at 9:32 AM
Isto antes chamábase renovación
July 15, 2025 at 5:31 PM
Novo cambio de oficina. Agora tócanos traballar (con material do ICONA de última xeneración) con Thaumetopoea pityocampa, a famosa procesionaria do primeiro.
June 26, 2025 at 1:24 PM
Hoxe teño a oficina na parte do mapa que sae en verde (no norte da Terra Chá, concretamente) e non se para ca calor. Non quero pensar como estarán os meus compatriotas alá abaixo
June 18, 2025 at 12:37 PM