SXGQuímica
banner
sxgquimica.bsky.social
SXGQuímica
@sxgquimica.bsky.social
Sociedade Xuvenil Galega de Química. Espazo de traballo de divulgación e valorización da investigación galega no eido da Química, da mocidade para a sociedade.
Se tes dúbidas, propostas ou queres sumarte á SXGQ, temos un formulario de contacto ✉️

Aínda que os obradoiros deste curso xa están completos, aceptamos solicitudes para o vindeiro! 🧪🔬
March 29, 2025 at 6:11 PM
Na web tamén atoparás unha recompilación das nosas aparicións na prensa 🗞️🖥️
Manos en la masa... ¡Y en la química!
Estudiantes del instituto Monte Neme de Carballo participaron en un obradoiro impartido por la Sociedade Xuvenil Galega de Química y aprendieron interesantes curiosidades sobre cosas tan cotidianas como los fuegos artificiales o el PH de la lejía
www.lavozdegalicia.es
March 29, 2025 at 6:11 PM
Onde levamos os nosos experimentos? O noso roteiro cartográfico recolle os colexios, institutos e eventos nos que estivemos 📍

Se queres que visitemos o teu centro, podes contactar con nós! ✉️🔬
Mapa_Obradoiros-SXGQ – Google My Maps
Mapa_Obradoiros-SXGQ
www.google.com
March 29, 2025 at 6:11 PM
Pícache a curiosidade sobre como son os nosos obradoiros, feiras e eventos? Temos unha galería con imaxes que resumen a nosa traxectoria 📸✨
March 29, 2025 at 6:11 PM
Desde 2016, moitas estudantes fixeron posible este proxecto 💪

Se queres coñecer as directivas anteriores e ver como evolucionamos, visita a sección onde homenaxeamos a quen fixo medrar a SXGQ 💜
March 29, 2025 at 6:11 PM
A SXGQ está formada en maior parte por estudantes de grao, mestrado e doutoramento cunha gran paixón pola divulgación 💖

A directiva coordina os proxectos, pero todos os membros contribúen activamente. Queres coñecer ao equipo actual? 👀⬇️
March 29, 2025 at 6:11 PM
Que facemos?

Divulgamos química en galego, fomentamos o pensamento crítico e loitamos contra a quimiofobia 🧪

Desde obradoiros para cativos ata feiras científicas, levamos a ciencia por toda Galicia 🌍

Ademais, fomentamos a igualdade na ciencia, visibilizando o traballo de mulleres investigadoras 👩‍🔬
March 29, 2025 at 6:11 PM
Ángela foi unha pioneira na Medicina e deixou un legado valioso: un camiño máis aberto para as que viñeron despois 👩‍🔬
March 16, 2025 at 11:58 AM
Logo, especializouse en Xinecoloxía e conseguiu unha bolsa da JAE para formarse no Hospital de Eppendorf (si, onde as pipetas e os tubos 😉) en Hamburgo 🌍💉
March 16, 2025 at 11:58 AM
No 1920 marchou a Madrid para estudar Odontoloxía, mais ao ano seguinte cambiouse a Medicina⚕️

Tras rematar Medicina, seguiuse formando e doutorouse cunha tese sobre o colesterol no embarazo, parto e posparto. Ángela foi a primeira Doutora en Medicina de Lugo 🎓
March 16, 2025 at 11:58 AM
Ángela naceu o 11 de marzo do 1904 en Becerreá. Cursou a educación primaria en Lugo e o bacharelato no Instituto Nacional de Segunda Ensinanza.

Hai algo nesta imaxe que vos chame a atención? Na súa promoción de bacharelato había quince homes e só dúas mulleres ⚖️🤔
March 16, 2025 at 11:58 AM
Tes algunha dúbida sobre os antibióticos e o seu uso? 💊

Pregúntanos o que queiras ao respecto e lembra consultar sempre un profesional da saúde 👩‍⚕️
February 28, 2025 at 4:40 PM
Que podemos facer?

💊 Usar antibióticos só cando os prescriba un profesional da saúde  
🍽️ Practicar unha boa hixiene na cociña  
🧼 Lavar as mans!!   
📜 Apoiar as políticas nacionais nesta materia
February 28, 2025 at 4:40 PM
As causas desta resistencia aos antibióticos son:

💊 Non rematar o tratamento prescrito ou tomar antibióticos sen receita 
⚠️Uso innecesario dos antibióticos: non serven contra virus
🧼Mala hixiene: lavade ben as mans!
🐄 Uso excesivo en gandería
February 28, 2025 at 4:40 PM
Os antibióticos son medicamentos que combaten infeccións bacterianas, eliminándoas ou impedindo que se multipliquen 🦠 Con todo, as bacterias poden aprender a resistir estes fármacos 💊 O resultado? Doenzas antes fáciles de curar agora son difíciles de tratar.
February 28, 2025 at 4:40 PM
Con Elena remata esta sección na que presentamos científicas galegas polo #11F do 2025👩‍🔬

Seguindo con Deluxe (sempre está ben escoitar a Xoel López), para nós non é a "Fin de un viaje infinito", senón só o comezo. Desde a SXGQ seguiremos visibilizando ás científicas galegas todo o ano 😎
February 14, 2025 at 5:04 PM
Queres saber máis sobre Elena?

Entra na súa páxina web www.epazoslab.es para aprender máis sobre a súa caixa de ferramentas moleculares galega 🔧
February 14, 2025 at 5:04 PM
Mensaxe polo 11F

Aspira a ser libre na vida, a poder decidir que é o que che fai feliz e non teñas medo a equivocarte, porque non significa fracasar, é parte da aprendizaxe continua da vida. Como di a canción de Deluxe: "...vivir es aprender a ver en la oscuridad…”
February 14, 2025 at 5:04 PM
Que lle dirías á Elena de 10 anos?

Non teñas medo a equivocarte.

Dádeme ❗❗❗máis grandes❗❗❗
February 14, 2025 at 5:04 PM
Que científica é referente para ti?

Manuela Barreiro Pico, foi a primeira muller matriculada na USC a finais do século XIX e a primeira en licenciarse na Facultade de Farmacia 👩‍🔬
February 14, 2025 at 5:04 PM