Sanidade Galega con Palestina
sgcp.bsky.social
Sanidade Galega con Palestina
@sgcp.bsky.social
Somos un grupo de traballadoras da Sanidade galega que esixe accións inmediatas contra o xenocidio que Israel está a levar a cabo na Palestina, con consecuencias catastróficas contra a saúde da súa poboación. Súmate!
September 4, 2025 at 7:09 AM
A situación é tan grave que require unha implicación excepcional de todas as institucións. A pasividade cómplice contribúe ao xenocidio. Como traballadoras da saúde, temos a obriga de exercer presión para deter a barbarie, que nos interpela especialmente como traballadoras do eido da Saúde. [15/15]
August 24, 2025 at 9:51 PM
- Promover declaracións conxuntas dos Servizos de Saúde que reclamen protección para persoal sanitario palestino e fin da agresión
- Revisar relacións institucionais con entidades israelís, promovendo a súa exclusión e a ruptura de colaboracións
August 24, 2025 at 9:51 PM
- Evitar compra de tecnoloxía de empresas cómplices do apartheid ou da industria armamentística israelí: HP, Intel, Dell, Microsoft
- Non adquirir tecnoloxía sanitaria de empresas implicadas na ocupación como Siemens
- Denunciar o xenocidio nos organismos e foros sanitarios nos que se participe
August 24, 2025 at 9:51 PM
- Condena a persoal sanitario israelí implicado en crimes contra os DD.HH.
- Solución política segundo as resolucións da ONU
- Exclusión de produtos de TEVA e filiais (Ratiopharm, Belmac, Tevagen, Davur)
August 24, 2025 at 9:51 PM
- Alto ao fogo inmediato

- Fin do bloqueo á axuda humanitaria

- Protección ao persoal e infraestruturas sanitarias

- Investigación e persecución dos crimes de guerra e violacións de DD.HH.
August 24, 2025 at 9:51 PM
Reclamamos que as entidades se posicionen publicamente en consonancia coa OMS, a ONU, a Asociación Médica Mundial, ONG e sociedade civil, e esixan: [9/15]
August 24, 2025 at 9:51 PM
Por isto, profesionais dos centros sanitarios galegos esiximos que as institucións se impliquen para frear as masacres, permitir a entrada de axuda e garantir os dereitos do pobo palestino: autodeterminación, retorno das persoas refuxiadas e descolonización. [8/15]
August 24, 2025 at 9:51 PM
As organizacións sanitarias teñen unha responsabilidade moral que vai máis alá da atención clínica. Deben estar presentes no debate social ante unha crise humanitaria de dimensións históricas. [7/15]
August 24, 2025 at 9:51 PM
Como profesionais da saúde, guiámonos por valores como solidariedade, fraternidade e compaixón. O exemplo heroico dos profesionais palestinos conmóvenos e obríganos a actuar. [6/15]
August 24, 2025 at 9:51 PM
Estas accións violan de forma evidente o Dereito Internacional Humanitario. A OMS denunciou reiteradamente o bloqueo da axuda humanitaria e a aparición de epidemias. A ONU alerta: máis de 500.000 persoas están morrendo de fame en Gaza. [5/15]
August 24, 2025 at 9:51 PM
O sistema sanitario gazatí foi arrasado deliberadamente. Pacientes foron torturados, executados ou abandonados á morte. O persoal sanitario foi obxectivo de secuestros, tortura e execucións polo exército israelí. [4/15]
August 24, 2025 at 9:51 PM
A esperanza de vida en Gaza caeu 35 anos en 2024, unha cifra peor que no xenocidio de Ruanda. Desde outubro de 2023, a taxa de amputacións en nenos e nenas supera calquera rexistro bélico anterior. [3/15]
August 24, 2025 at 9:51 PM
Máis de 62.000 persoas morreron en Gaza como consecuencia dos ataques israelís, a destrución do sistema sanitario ou pola fame provocada polo sitio. Máis dun 30% eran crianzas. Estimacións independentes falan dun 40% máis de vítimas que os datos oficiais. [2/15]
August 24, 2025 at 9:51 PM