a Serióloga do outro lado
banner
seriologa.bsky.social
a Serióloga do outro lado
@seriologa.bsky.social
Mundialmente famosa autora de novelas regular e as outras cousas que fago, que tampouco é plan de vir aquí a fachendear.
November 26, 2025 at 9:14 PM
O meu #maromo, que estivo comigo até as sete e media, facendo o breaking news en diferido, porque debe ser a única persoa que queda no país que só sabe das noticias cando chega ao bar.
November 20, 2025 at 8:01 PM
Autorxs, se vedes isto, é o momento de compartir a primeira frase dun voso libro.

"Os obreiros non poden ter cousas bonitas."
November 20, 2025 at 7:34 PM
Facede o favor de non confundir pallasa tola con pallasa sádica.
October 29, 2025 at 6:36 PM
Pois ía ver a de Kathryn Bigelow de Netflix por cambiar un pouco, e ao principio de todo ten esta cartela e xa me quitou as ganas porque boeno, a ver, é unha parodia ou?
October 27, 2025 at 9:16 PM
Pero por favor, tiven que ir ao facebook para ver este plotuís. Como ninguén dixera nada?
Tanto que psicoanalizar aí...
October 17, 2025 at 3:18 PM
Aposto un brazo a que na xuntanza de creativos alguén dixo que aquí o nome máis común para un can era Troski e decidiron "suavizalo".
Diría algo sobre a importancia de contratar tradutoras e correctoras, pero semella que quen fixo o anuncio era tan apaixoado do galego coma do deseño gráfico.
October 16, 2025 at 12:00 AM
Cando era nena lía moito, pero non en galego. Apenas había un feixe de libros galegos na miña casa. Os dous momentos fulcrais da miña transformación en galego-lectora foron cando en 6° de EXB lemos Das cousas de Ramón Lamote e cando o profe de 7° nos recomendou a colección Xabarín de Xerais.
October 15, 2025 at 4:42 PM
October 7, 2025 at 12:52 PM
Boeno, pois dixéronme que aínda non anunciara isto por aquí e dixen que fora porque son moi modesta e discreta, e non porque pense que vou estar escarranchada nunha cadeira falando de min durante media hora e Mercè Rodoreda non merece iso.
October 5, 2025 at 12:53 AM
"Onte fixemos unha cousa no cole porque morreu unha señora de vella".
October 2, 2025 at 8:28 PM
October 1, 2025 at 10:14 PM
October 1, 2025 at 10:08 PM
Os evanxélicos americanos non leron a Tritemio.
September 23, 2025 at 9:34 PM
Na primeira versión da Chamada de Cthulhu, que foi rexeitada pola editorial por ser demasiado aterradora e inducir á loucura, o Necronomicón ademais de encadernado en pel humana estaba forrado con forro autoadhesivo.
September 15, 2025 at 2:49 PM
Esta práctica, tamén coñecida como usar calquera termo común en inglés como se fose un orixinal neoloxismo acuñado especificamente para unha ocasión moi concreta, tampouco é nova na prensa.
August 30, 2025 at 11:29 AM
Hoxe soñei, como sempre que se achega o curso, que estaba de volta en COU por algún erro administrativo, pero á miña idade de señora maior con hipoteca e fillo, e a ver como facía para acabar e despois outra vez a carreira e o cap e cristo bendito e creo que o que me estresaba era non ter 17 anos.
August 27, 2025 at 4:48 PM
Mándanme esta reliquia do ano 2006 ou 2007, calculo. Acabou sendo, desbrozado de páxinas, Os últimos indios. Regalábano na primeira Selic e un día @luipardo.bsky.social abriu o programa da Ser Santiago lendo a introdución e emocioneime.
Tamén, que moñas grandilocuente fun sempre para os títulos.
August 17, 2025 at 9:23 PM
Toda esta faixa é un sketch de @nsdlixo.bsky.social
August 13, 2025 at 6:19 PM
August 12, 2025 at 3:00 PM
August 10, 2025 at 9:04 PM
Boeno, pois seica en agosto non se enferma, que o Sergas ten que aforrar unhas perras en cubrir vacacións.
August 1, 2025 at 10:57 PM
July 14, 2025 at 1:03 PM
July 14, 2025 at 12:03 AM
Vou ir gardando isto para o Apóstolo...
July 3, 2025 at 7:54 PM