seredaico
seredaico.bsky.social
seredaico
@seredaico.bsky.social
Castelao foi rexeitado polos galeguistas do interior como cabeza dun Consello da Galiza no exilio que nin sequera recoñecían. A dolorosa carta de Castelao a Prada en 1947, pouco divulgada, que retrata o sentimento de traición cara o sector culturalista que fundaría Galaxia.
January 21, 2025 at 1:45 PM
Inquérito de hoxe do CIS que formula falsos dilemas ao pobo. Implica, porén, que a dicotomía civilizacional non tan lonxana é a de socialismo VS fascismo.
January 21, 2025 at 1:44 PM
O anterior ano Castelao, hai 25 anos...
January 7, 2025 at 12:48 PM
Hai que imaxinar ese Madrid nocturno do XIX continuador do que Goya retratara nos caprichos. Se o "soño da razón produce monstros" (o célebre gravado), a invención da nación española no XIX, coas súas exclusións e disidencias, tamén. E os monstros eramos nós.
January 7, 2025 at 12:15 PM
"En esta noche los chisperos de Madrid se entretienen en engañar á los gallegos más estúpidos, cargándoles una escalera y disfrazándoles horrorosamente, llevándolos entre hachones, cencerros y gritería con el objeto de esperar á los reyes magos" (Mesonero Romanos 1844)
January 7, 2025 at 12:14 PM
O "Día de Reis" e o racismo antigalego no Madrid do século XIX. É moi probábel que a asociación do galego coa escaleira teña orixe naqueles ritos vexatorios e humillantes cara os migrantes galegos.
January 7, 2025 at 12:13 PM