Santi Vieito
banner
santivieito.bsky.social
Santi Vieito
@santivieito.bsky.social
Gústame crer que son maker... o meu currículo di que son arqueólogo...
Maker, archaeologist, designer, gamer, geek...sometimes I explain interesting things.
No BONUS de soñar con son THX e Dolby Stereo de hoxe, un corvo cos seus exercicios de calistenia. Sen máis.
November 24, 2025 at 8:55 PM
No BONUS de oniriquear con xeito de hoxe, outro lembrete de que os michis non poden resistir guindar calquera cousa que vexan nunha beira. Calquera.
November 23, 2025 at 8:54 PM
No BONUS de comezar ben o periplo polo mundo onírico de hoxe: Juno, unha leopardo das neves cunha relación "complicada" coas cabazas.
November 22, 2025 at 7:38 PM
No BONUS de soñar bonito deste venres/sexta un señor castor que me ten bastante confundido. Aínda non me queda claro se improvisou un chapeu para a choiva ou leva o postre aí para cando acabe cos repolos e demáis. 🤔
November 21, 2025 at 8:16 PM
Outra vez me adianto á hora de mandar bechiños, pero é que Natibu ten unha cara e mirada de pillabán que ben o merece.
November 21, 2025 at 4:43 PM
No BONUS de durmir, con contiña de que os soños non lle parezan mal a certos xuices do Tribunal Supremo, de hoxe: "déixoche á criatura un segundiño que teño que por unhas ienas no seu sitio e xa volvo".
November 20, 2025 at 9:04 PM
No BONUS de durmir soñando (mesmo solando con durmir) de hoxe: un elefantiño torpe e asustadizo e un exemplo que como funcionan as/os elefantas/es en canto a coidado e protección da súa prole. O máis lamentable das imaxes, coma case sempre, os humanos.
November 19, 2025 at 10:13 PM
Antes Epi e Blas non tiñan visitas tan molonas. Estan xentrificando o barrio e só se mudan famosos. O seguinte será a casa de Espinete convertida nun Airbnb.
November 18, 2025 at 11:28 PM
Os osiños practican a gabear cando están a medrar (a nai observa ao pé do carballo). Neste caso, varias nais observan e varias camadas de osiños gabean. Resultado: carballo saturado de osiños. Ás veces non calibran ben o grosor e resistencia da árbore, e temos moitos osiños mazados.
November 18, 2025 at 11:00 PM
O BONUS de soñar pocholadas de hoxe ven a completar o de fai uns días sobor dos carballos e as cousas chulas que ocultan se miramos con atención. Agora que están a perder a folla, podémolas ver moito máis doadamente.
November 18, 2025 at 9:14 PM
Como as lembranzas son traizoeiras, aqui vos traio un video resumo de "Neon Genesis Evangelion", que seguro que o lembravades diferente.
É do capítulo das Olimpiadas de EVAs, un clásico.
November 17, 2025 at 11:41 PM
No BONUS de soñar marabillas de vos fagan esquecer as porcalladas do día de hoxe, unha mamá leoa explicándolle os principos básicos da cocrianza a un león.
November 17, 2025 at 8:45 PM