Ramón Noche
rnoche.bsky.social
Ramón Noche
@rnoche.bsky.social
Tamén no Museo de Pontevedra os enormes lenzos de Castelao para o balneario de Mondariz. Neles, diante dun fondo paisaxístico tópico destinado a ser visto polas elites, coloca a enorme potencia da mirada e da miseria dos cegos en rostros coma este. O verdadeiro folclore.
January 23, 2025 at 1:17 PM
Moi recomendable o Museo de Pontevedra.
Alí está este armario dun rexedor mindoniense de finais do s. XVIII. Porque como saben @cascarelo.bsky.social e calquera persoa de ben, Mondoñedo está en todas partes.
January 22, 2025 at 3:35 PM