Real Academia Galega
banner
realacademiagalega.bsky.social
Real Academia Galega
@realacademiagalega.bsky.social
Institución científica que ten como obxectivos fundamentais o estudo, a defensa e a promoción da lingua e da cultura galegas.
O Simposio do Día das Letras Galegas é unha actividade da Real Academia Galega organizada co apoio da Xunta de Galicia, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e o Concello de Muxía.
📌Máis información 👇
academia.gal/-/muxia-acol...
November 18, 2025 at 12:09 PM
O Simposio do Día das Letras Galegas 2025 concluirá coa actuación musical da A. C. Abaladeiras de Muxía.
November 18, 2025 at 12:09 PM
Xabier Díaz, o tamén músico e neto e sobriño neto das homenaxeadas de Cerceda Rosa e Adolfina Casás Rama, Richi Casás; e mais Isabel Vigo, técnica do APOI do Museo do Pobo Galego, reflexionarán xunto á académica Ana Boullón sobre as perspectivas de futuro da tradición.
November 18, 2025 at 12:09 PM
O encontro continuará ás 16:30 horas co mestre estudoso dos cancioneiros Manuel Rico Verea, que impartirá a conferencia 'Os avatares de nove melodías tradicionais', unha ollada á edición dos cancioneiros populares desde Marcial del Adalid ata chegar ao traballo de Schubarth e Santamarina.
November 18, 2025 at 12:09 PM
A partir das 12:30 horas, a profesora e intérprete de música tradicional Branca Villares e o investigador Domingo Blanco, autor de 'A poesía popular de Galicia (1745-1885)', compartirán a mesa redonda 'Pensar a tradición desde o xénero e a clase social' con Xulia Feixoo e mais Antón Santamarina.
November 18, 2025 at 12:09 PM
A etnomusicóloga Xulia Feixoo impartirá o relatorio inaugural, 'O ronsel do cantigueiro. Perspectivas etnomusicolóxicas sobre as ensinanzas das cantareiras galegas'. Deseguido intervirá o musicólogo Sergio de la Ossa con 'Letra en música: o cancioneiro popular galego'.
November 18, 2025 at 12:09 PM
Moitas grazas por compartirdes!
November 12, 2025 at 11:08 AM
O académico Víctor F. Freixanes e Diego Rodríguez presentaron hoxe a nova edición desta iniciativa da RAG e a Fundación Barrié no Concello de Lugo, onde a rúa Menorca se converteu no Paseo das Palabras do Ano que elixides na votación que promovemos ambas as institucións.
📌 i.gal/presentacion...
November 11, 2025 at 12:32 PM
Coordinan María López Sández, Víctor F. Freixanes e Antón Santamarina. O académico, coautor do 'Cancioneiro popular galego', moderará a mesa 'Pensar a tradición desde o xénero e a clase social'. A secretaria da RAG, Ana Boullón, conducirá a do balance do ano e as perspectivas de futuro.
November 7, 2025 at 10:46 AM