QUEERuña
banner
queerunha.bsky.social
QUEERuña
@queerunha.bsky.social
Espazo de difusión da #culturaLGTB promovido pola Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña.
📷 www.instagram.com/queerunha
🌐 www.queer.coruna.gal
🌐 www.coruna.gal/bibliotecas
Se che interesa o uso da linguaxe non binaria, se buscas sempre alternativas ao masculino xenérico... esta é a túa actividade
October 24, 2025 at 10:57 AM
Nee, por se non as coñeces: no final desta páxina poderás ver varias guías que fomos publicando. Aparecen clasificadas por idades e quizás atopes algo de interese www.coruna.gal/bibliotecas/...
Cultura LGTB: diversidades sexuais nas bibliotecas
www.coruna.gal
September 10, 2025 at 11:00 AM
Por aquí no conseguimos abrir ese enlace 😭
May 14, 2025 at 5:37 PM
Todo o cadro de persoal puxo, desde o ano 2012, o seu gran de area para o éxito da iniciativa As municipais entenden. O @queerunha, que iniciou en 2016, é a puntiña do iceberg, o que máis se ve, o que máis luce. Detrás del hai un inmenso e ben realizado traballo que facemos, de sempre, con ilusión.
May 8, 2025 at 6:03 PM
As #bibliotecas municipais da Coruña @bibcoruna.bsky.social estamos hoxe aínda máis convencidas de seguir traballando como o facemos: para todas as persoas, con mirada ampla e esixencia permanente.
May 8, 2025 at 6:03 PM
O club QUEERuña son tamén as persoas que nos relatan nas súas obras, que nos deixan ver que tamén existimos, qu ehai espazo de noso e que levamos aquí moito tempo e non imos marchar. 
Son moitas as que nos visitaron e moitas outras están aínda por vir. De seguro.
May 8, 2025 at 6:03 PM
Empezaron a andaina 11 persoas que buscaban con avidez o #LGTB nos libros. Hoxe son 60 que atoparon o que buscaban e, cremos, tamén máis cousas. Elxs saberán e elxs dirán. Que nolo digan.
May 8, 2025 at 6:03 PM
O club QUEERuña son as persoas. As que participaron no 2016 e non volveron, esoutras que só estiveron intermitentemente e tamén estoutras que viñeron e nunca máis marcharon. A cifra é inmensa.
May 8, 2025 at 6:03 PM
Grazas inmensas! 😍🫶
May 8, 2025 at 12:16 PM