paulaverao
paulaverao.bsky.social
paulaverao
@paulaverao.bsky.social
Guiando e concelleira de #InteriorGalegoVivo no país ribeirao do Sil. Agora chámome mamáaaaaaa (👧🏻👦🏻)
Simplemente espectacular a xornada formativa de Mais que Romanico con Victoriano Nodar: se tedes oportunidade de asistir ás súas conferencias ou ler os seus traballos non vos ides arrepentir. Inmersión total na sociedade, cultura, filosofía, técnicas... da Europa románica.
November 18, 2025 at 11:16 AM
Así quedou o apeadeiro de Areas e a vía Monforte-Ourense nas ribeiras do Cabe e Sil.

Moito #RibeiraSacra Patrimonio da Humanidade e os restos da obra de ADIF por aí tirados e contaminando os ríos.
October 6, 2025 at 6:09 PM
Semana apropiada para ler esto de @xanlopez.xyz "a política agora é unha loita contrarreloxo para garantir a viabilidade do noso presente e o das xeracións futuras".
August 14, 2025 at 3:22 PM
Eu xa non teño vacacións pero creo que agosto, en pouco tempo, vai deixar de ser o mes inhábil por excelencia e mesmo o mes das festas. "Panorama" o dos lumes, golpes de calor, escaseza de auga... Monforte non ardeu pero cheiraba aos incendios de Samos ou Chandrexa.
August 12, 2025 at 9:11 PM
Dende hai meses xuntámonos ás veces en Sober para protestar contra o xenocidio en #Palestina. Non sabemos se vale para algo máis que para concienciar ás máis pequenas. Que non é pouco.

Hai un "despois" digno á vista? #StopGenocideInGaza
August 4, 2025 at 8:33 PM
As imaxes da desnutrición, da morte, da destrución da dignidade humana vannos perseguir para sempre.

Hai uns días, Sober amosaba a súa humanidade nunha recollida s
olidaria de fondos para #Gaza, na que participamos un centro de persoas. Foi fermosos e digno. Non suficiente.
July 24, 2025 at 5:48 PM
O 18 de xullo píllame lendo Repil, 20 de abril de 1949, de Xurxo Ayán e Olga Novo, crónica de terror e resistencias.

Nunha aldea de Cereixa poden agocharse os grandes dramas do século XX europeo e dende Cereixa e a Pobra do Brollón pode e debe facerse Historia Universal.
July 18, 2025 at 2:02 PM
Onte, un cento de persoas xuntámonos en Sober en contra do xenocidio palestino e recadamos cartos para algunhas familias de Gaza. Moito non será, somos un lugar pequeno, pero estes actos comunitarios onde cabe todo demócrata son un antídoto contra a deshumanización #stopgenocide
July 12, 2025 at 5:22 PM
Hoxe temos velada solidaria con #Palestina en Sober. Por humanidade. “Non se pode mirar cara a outro lado e vivir un verao normal cando cada día está a morrer xente baixo os disparos ou bombardeos do exército israelita, mesmo cando se desprazan para recoller algo de comida”.
July 11, 2025 at 8:42 AM
🌿 Hoxe en Sober tamén houbo solidariedade con Palestina, porque nos interpela tanta inxustiza.

Contra os crimes de guerra de Israel, presionemos para un boicot, fagamos medrar a conciencia.

#SoberconPalestina #stopxenocidio #stopgenocideingaza🇵🇸 #galizaconpalestina
June 16, 2025 at 9:10 PM
A causa palestina é de todxs porque é unha causa da Humanidade #palestina

Concentración hoxe en Sober.
June 2, 2025 at 7:20 PM
Bo día dende a oficina e #stopgenocidenow
May 28, 2025 at 8:08 AM
Santo Estevo de Ribas de Miño #primavera
May 16, 2025 at 3:06 PM
"La democracia no puede ser perfecta porque los seres humanos no somos perfectos". DEP Pepe Mújica
May 14, 2025 at 6:28 AM
Polo #díadanai non che quero flores, quero salarios e pensións dignas, redución da xornada laboral, o socialismo... e todo eso.
May 4, 2025 at 9:40 AM
Estivo bonita hoxe a "oficina" en San Pedro de Bembibre (Taboada): visitade esa igrexa, que paga moito a pena.
April 23, 2025 at 5:50 PM
Este ano a #feiradoviño de Amandi homenaxea ó "Pepe" Verao, viticultor, labrego, migrante nos Países Baixos, augardenteiro... avó.
April 12, 2025 at 8:37 AM
A catedral de #Ourense ten audioguía infantil ,🔝
April 7, 2025 at 4:28 AM
O Mediterráneo tamén está en Sober.

Rutiña dos Chancís á Rega de Ardán. 🌿

#Sober #ribeira #Sil #RibeiraSacra
March 27, 2025 at 1:19 PM
"Ou é feira, ou é #Meira" (porque cando non hai feira en Meira, haina nos lugares da redonda.
March 23, 2025 at 9:07 PM
Hoxe visitamos #Donelle coa asociación O Colado do Vento.

Un proxecto de centro formativo que xermina en Gundivós (Sober), no que xa se pode participar e facer achegas

👉 ecooo.es/guardabosques/
February 16, 2025 at 2:40 PM
Gran reportaxe de RTVE sobre a sequía no sur de África.

Mentres no "primeiro mundo" a xente vota botarates que negan o cambio climático.

Non por no centro das políticas a redución da pegada de carbono, simplemente, é criminal. Frívolo e criminal.

amp.rtve.es/noticias/202...
February 7, 2025 at 9:38 AM
Cóstame procesar a actualidade toda de hoxe, pero atopar este cartel antifascista nos Peares quece o corazón
February 4, 2025 at 10:34 PM
Onte estivo María da Pontragha en Sober e foi un expectáculo. Que gran contadora de contos!

Actividade da @amesa.gal con colaboración do #concellodesober
January 4, 2025 at 1:25 PM
Para 2025 pido ter máis tempo libre, poñer menos lavadoras e que o SERGAS cubra todos os tratamentos bucodentais.

#boAninovo
January 1, 2025 at 6:07 PM