Paula Cabaleiro
banner
paulacabaleiroc.bsky.social
Paula Cabaleiro
@paulacabaleiroc.bsky.social
Xestora cultural. Comisaria de arte 💜
Defendo unha cultura inclusiva, feminista, comprometida e sostible 🤝
#Arte #Cultura #Feminismo
📍 Consello da Cultura Galega
Dende a Comisión de Xestión e Políticas Culturais do @consellocultura.bsky.social, hoxe lanzamos un novo e ilusionante proxecto que vai tomar o pulso do Acceso á Cultura en Galicia👋🏼 Arrincamos co 1° de 4 encontros de recollida, 26.marzo no Pazo de Goiáns (Boiro) consellodacultura.gal/evento.php?i...
March 12, 2025 at 3:05 PM
Anotade na axenda! Próxima cita do ciclo "A arte en tempo real" do @consellocultura.bsky.social: mércores 26 de marzo, sobre #Publicacións📙 Con relatorios de Mónica Maneiro, Lucía Romaní e Bernal Prieto e baixo a coordinación de Lucila Yáñez💜

Info e inscrición: consellodacultura.gal/evento.php?i...
March 11, 2025 at 12:26 PM
Onte foi fermoso💜✊🏼♀️ Un acto do 8M moi participativo, con música do Conservatorio Profesional de Tui, poesía do alumado do IES San Paio, manifesto de Diana López Varela e homenaxe a 3 mulleres tudenses!
Grazas a toda a xente que nos acompañou, a pesar do temporal 🙌🏼 #Tui #8M
March 9, 2025 at 8:44 PM
Festa da Arribada, Baiona 🌊🛡️⚔️📜🪤💣🎉 Rememorando 1493 🛞⚓
March 1, 2025 at 10:08 PM
Eres creadora? Dedícaste á arte, á artesanía, á ilustración, á xoiaría, á cerámica, á fotografía, á cestería, ao deseño, á moda ou á artesanía alimentaria? 💜📢
Participa: ELAS FACEDORAS, un mercadiño creativo promovido polo Concello de Tui, 22 e 23.marzo!

tui.gal/gl/novas/o-c...
February 28, 2025 at 9:18 AM
Onte foi un pracer e unha honra compartir conversa con esta gran muller, María Xosé Porteiro, presentando o seu libro "As Benfaladas" na Libraría Paz de Pontevedra 💜 Editado por Galaxia e cun fantástico prólogo de Priscila Retamozo! Que non cho conten!
February 21, 2025 at 9:29 AM
"Mulleres, traballo e memoria" de Mar Caldas, no CGAC, baixo o comisariado de Monse Cea ✨ Unha exposición que reivindica, dende unha ollada feminista, o legado e o patrimonio intanxible das mulleres traballadoras 💜🙌🏼 Imperdible

#Exposición #Feminismo #Compostela #MarCaldas
February 1, 2025 at 10:17 PM
Que interesante foi hoxe a xornada sobre as galerías de arte, no @consellocultura.bsky.social, no marco do ciclo #AArteEnTempoReal ✨ Grazas a todas as persoas relatoras e a todo o público que nos acompañou a pesar do temporal ⛈️
January 29, 2025 at 10:04 PM
O pasado sábado nos @premiosferoz.bsky.social en Pontevedra @concellopontevedra.bsky.social 💜🎬🏆 Canto talento ten o cine español e que luxazo ter esta Gala na nosa cidade! Parabéns á organización 🙌🏼
January 27, 2025 at 10:04 AM
Irving Peen #TheMOPFoundation #TheIrvingPennFoundation #PortoDaCoruña✨ @irvingpenn.bsky.social

Pdt: e vaia ceo que pintou este solpor 💜
January 14, 2025 at 11:19 PM
Eterna 🤍
December 17, 2024 at 8:20 AM
O pasado xoves, o @consellocultura.bsky.social celebrou en Lugo unha interesante xornada para revisar a Tino Grandío no ano do seu centenario! Coordinado por Lucila Yáñez, cunha visita guiada no Museo Provincial, coa proxeción de "Unha casa, un poema e un can" e actuación de Son de Corda 🎻🎹
December 16, 2024 at 10:31 PM
Tenerife 🌴✨💜
December 16, 2024 at 10:29 PM
Afectos dixitais" no Pazo Fonseca, de Santiago de Compostela 🖥️🖱️💥☄️ Interesante mostra colectiva, producción propia da USC, que formula interrogantes como os modos nos que a aparición dos medios dixitais están a transformar as relacións afectivas!
December 4, 2024 at 11:15 PM
Orgullo de amiga💜 Onte Mery Pais inaugurou a mostra "Ley eterna" na Fundación Didac✨ Unha exposición que parte dunha acción performativa que tivo lugar na compostelana Praza da Quintana, no marco do Festival Plataforma, convertendo o espazo público nunha sorte de templo multicultural 🫂⛪
November 30, 2024 at 7:59 PM
Fantástica xornada hoxe en Betanzos, "Francisco Lloréns. Paisaxe e territorio", coordinada por Rosario Sarmiento, na que nos achegamos á figura e á obra do "pintor das Mariñas", no marco do ciclo "Revisando a nosa arte" promovido polo @consellocultura.bsky.social 🎨🖼️

📷 Xurxo Lobato
November 28, 2024 at 8:44 PM
Hoxe asistimos á ópera contemporánea "Pálido Punto Azul" de Javier Otero Neira, con libreto de Iria Acevedo, que toma como punto de partida a famosa fotografía tomada pola sonda Voyager 1 en 1990 a unha distancia de 6.000 millóns de kilómetros 💜💥 No Teatro Principal de Santiago 🙌🏼 Ide vela!
November 27, 2024 at 10:25 PM
Xornada "Museos en positivo. Creando comunidade", hoxe no @consellocultura.bsky.social, coordinado polo Consello Galego de Museos 💜
November 26, 2024 at 4:02 PM
📢 Este xoves en Betanzos, nova xornada do ciclo #RevisandoANosaArte, "Francisco Lloréns: Paisaxe e Territorio", promovida polo @consellocultura.bsky.social, dende a Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas, con coordinación de Rosario Sarmiento!
Info:
consellodacultura.gal/evento.php?i...
November 26, 2024 at 9:46 AM
Performance "Non violarás" de Neves Seara, hoxe no acto institucional do #25N do Concello de Tui 💪🏼💜🙌🏼 Realmente conmovedora 🥹

"Que a vergoña cambie de lado. A nosa voz contra as violencias machistas"
November 26, 2024 at 3:18 AM
Hoxe o acto do #25N do Concello de Tui foi emocionante💜💪🏼📢 "Que a vergoña cambie de lado. A nosa voz contra as violencias machistas", nun acto coa comunidade educativa e coa participación de Yolanda Castaño, Wöyza e Yara Juncal ♀️🙌🏼 Cultura comprometida, por un mundo mais xusto e digno!
November 26, 2024 at 3:17 AM
Este próximo luns, agardámosvos en Tui, cun dobre acto reivindicativo contra as violencias machistas 💜✊🏼💥 #QueAVergoñaCambieDeLado #IgualdadeTui

Info: tui.gal/gl/axenda/pr...
November 22, 2024 at 8:22 AM