Xosé Veiga 🔵
banner
oxoseveiga.bsky.social
Xosé Veiga 🔵
@oxoseveiga.bsky.social
olardoveiga.com
Investigador predoutoral na Universidade de Santiago de Compostela. Estudo identidades sociais, conflito intergrupal e memoria coletiva. Fago análise de datos do que me interesa.

“Suxada woke ‘urbaniña’ oligofrénica”
Olá! Hoxe, 5 de maio, celebramos o Dia Mundial da Língua Galego-Portuguesa, esse grande património comum que une povos, naçoms e culturas de todo o mundo. Quero aproveitar a ocasiom para partilhar convosco um dos poemas de que mais gosto: "Ai se um dia...", de Vera Duarte (Mindelo, Cabo Verde). 💙
May 5, 2025 at 10:10 AM
Moi, moi recomendábel. Unha explicación ampla, ben referenciada e analítica, de como surxiu esa parte da esquerda que vulgarmente coñecemos como woke.

Poderíamos analizar como esta forma paixonal e antirracional de comprender a política está a colonizar tamén á dereita nas sociedades occidentais.
March 31, 2025 at 6:06 PM
Elizabeth Taylor no meu top de olhos do cinema!
March 16, 2025 at 10:28 AM
March 13, 2025 at 4:19 PM
January 20, 2025 at 6:29 PM
Febreiro agarda por nós con moitas incógnitas...

As enquisas van debuxando un cenario ben preocupante. A AfD poderia superar ó SPD, co cal ficarían abertas as opcións dunha nova grande coalición ou dun moito máis incerto acordo entre a CDU e a direita estrema

expresso.pt/internaciona...
December 29, 2024 at 11:51 AM
Cartaz en portugués e galego no Portugal 😁
December 26, 2024 at 1:41 PM
Olládeo así:

Decidides pasar por este duro proceso pra que os vosos fillos non teñan que facelo.

Estades a rachar a cadeia, a recuperar o que foi voso pra que sexa seu.

A loitar contra cinco séculos de etnocidio e todo un aparello social, político e económico.

Iso chámase afouteza :)
December 25, 2024 at 12:03 PM
O mellor que podemos facer coa nosa cultura é partillala.

A semana próxima o meu amigo Yuri, gaúcho do Brasil, deixa a Galiza, mais leva con el un cachiño de nós que batizamos do mellor xeito posíbel 😉

Un home namorado da nosa terra que será embaixador dela en todos os lugares onde for.
November 24, 2024 at 10:09 AM
November 19, 2024 at 8:02 PM
Hoxe, na manifestación pola lingua, cun amigo brasileiro que quixo vir pra apoiar ó noso pobo 💙
November 17, 2024 at 5:10 PM
Lembrade que mañá temos un compromiso ás 12:00 na Praza da Quintana de Compostela! Un evento de protesta demandando políticas activas de protección e revitalización prá lingua :)
November 16, 2024 at 10:04 PM
Na Galiza temos a sorte de dispor dalgúns poucos medios íntegramente en galego. Galicia Confidencial, Praza, Nós, Xornal de Compostela...

Mais sabíades que La Voz de Galicia, Faro de Vigo ou El Correo Gallego tamén dispoñen de versión en galego? Na súa web tedes unha opción pra mudar o idioma!
November 16, 2024 at 9:44 PM
Isto viuse representado noutro estudo sobre as tendencias da rede social que-non-debe-ser-nomeada: aqueles que seguían a conta do Partido Republicano era 6 veces menos probábel que seguiran tamén a sociólogos populares no Twitter, aínda que esta diferenza reducíase moito no caso dos economistas.
November 15, 2024 at 1:00 PM
Pois NON. Non houbo diferenza, no apoio a esas políticas, entre participantes máis progresistas ou máis conservadores.

O que si se viu foi que a socioloxía era máis divisiva: mentres que ambos grupos acreditaban nos economistas, os de esquerda facíano máis nos sociólogos e os de dereita menos.
November 15, 2024 at 1:00 PM
Alén diso, noutro estudo comprobaron o impacto que isto podía ter na crenza en determinadas políticas. Mediron, novamente, ideoloxía dos participantes, ideoloxía percibida de dúas disciplinas (socioloxía, supostamente identificada coa esquerda, e economía, normalmente vista como de centro)...
November 15, 2024 at 1:00 PM
Nun segundo experimento, xa con 1000 participantes (o anterior foran só 200), pediuse á xente que calificara diversas disciplinas científicas segundo a ideoloxía predominante nos seus científicos, canto poder tiñan e como de fiábeis eran.

Interesante: todas eran percibidas como centro ou esquerda.
November 15, 2024 at 1:00 PM
RESULTADO: o grao de confianza na competencia e na ética dos científicos dependía clara e significativamente da coincidencia entre a ideoloxía que crían que tiñan estes hipotéticos profisionais e a que os propios participantes afirmaban ter!
November 15, 2024 at 1:00 PM
No primeiro experimento pediron ós participantes que valorasen un falso centro de pesquisa científica en diversos parámetros despois de ler unha descrición na que se daban pistas sobre a ideoloxía política dos científicos que traballaban nel. Tamén se recollía a ideoloxía dos participantes.
November 15, 2024 at 1:00 PM
Hai moito tempo que sabemos que o sentimento de pertenza a un grupo (algo innato pró ser humano) é quen de alterar a nosa percepción da realidade. Identificar a alguén con un grupo xa se demostrou que pode facer mudar como o xulgamos, a vontade de colaboración, a empatía...
November 15, 2024 at 1:00 PM
Coa recente vitoria do Trump nas eleicións dos Estados Unidos, moita xente comezou a especular co nível formativo, cando non as capacidades cognitivas, dos votantes republicanos.
Isto lévame a un dos temas que trato na miña tese 📝: a polarización como causa da desconfianza na ciencia. Falemos! 🧵👇
November 15, 2024 at 1:00 PM
📺A pesares de que o galego foi maioritario na Galiza até vai menos de cinco anos, está ausente do consumo cultural. Apenas hai (comparativamente) xornais, canles de televisión, series, filmes ou publicacións en galego, e con moita menos diversidade ca o castelán. Diglosia pura.
November 15, 2024 at 10:28 AM
⚖️A diglosia da lingua galega non só non mellorou, senón que empeorou.

➡️ Os galegofalantes teñen que mudar de lingua nestes eidos moito máis ca os castelanfalantes, destacando o médico ou o banco, onde o a mudanza de galego a castelán prodúcese ata 6 veces máis ca do revés.
November 15, 2024 at 10:28 AM
➡️ A educación bilingüe favorece marcadamente o uso do castelán.

➡️ O número de nenos (ata 14 anos) nados na Galiza que apenas comprenden galego duplicouse (de 5.9 a 10.6), o 86.4% ven de familias que só falan cast e de escolas que usan máis cast (40%), duplicando a media (20%)
November 15, 2024 at 10:28 AM
🏡 A perda do galego non se debe a falantes que mudan de lingua, senón á perda da transmisión xeracional. É dicir, unha minoría considerábel (v. gráfica) da xente galegofalante muda cos seus fillos e cos doutras persoas ó castelán, e o efeito acumulativo xeracional é devastador.
November 15, 2024 at 10:28 AM