Ricardo Fernández
orrichi.bsky.social
Ricardo Fernández
@orrichi.bsky.social
Enxeñeiro e profesor.
Éme todo igual, menos a inxustiza.
Non aturo a intolerancia nin a falta de respecto.
Un bó viño e a compaña dos meus é a felicidade.
O paraiso
August 10, 2025 at 8:10 AM
Sen citas de pediatría para os vindeiros 15 días no centro de saúde. Así estamos no Sergas no verán. Despois non se quere que se colapsen os servizos de urxencias.
July 18, 2025 at 3:59 PM
Alguén sabe que son as criaturas da foto? Hainas por milleiros na praia e nunca tal vira.
Son transparentes e cun ponto branco/marelo pequeno
July 10, 2025 at 4:03 PM
O paraíso é un lugar ao que chegas pola anchoa, podes xantar en don percebe ou doña lubina, cear no centolo, baixo o arco da vella, mentres paseas pola langosteira, imaxinando que navegas a bordo do galeón Bayonnaisse...
April 5, 2025 at 1:29 PM
Ás veces hai que desconectar e evadirse un pouco do mundo real para desintoxicarse. Gozar da natureza e da paisaxe que nos arrodea #findomundo
February 23, 2025 at 11:05 AM
Comezando novo libro. Unha viaxe por todo o que arrodea o mundo do mar: Traballadores do mar, naufraxios, migracións, astaleiros, contaminación, frustracións, lendas... nada queda sen tratar neste marabilloso libro escrito por Noemí Sabugal. Moi recomendable. Engancha dende a primeira páxina #mar
November 17, 2024 at 6:05 PM
Pois un espectáculo realmente. Un concertazo, dinámico, agradable, de tres enormes profesionais
November 12, 2024 at 9:41 PM
Na espera para que comece o concerto de Alfonso Medela Trío, no festival Musical, organizado por Vitruvia. É de agradecer o esforzo de Javier pola retorno dun festival de Jazz de nivel a Vigo
November 12, 2024 at 7:37 PM
Qué bonitísimo é o mar en outono, cando o día mingua cada día un chisco antes, e o ar fresco pega na faciana, e ese cheiro a limpo... E ademais de balde...Poder gozar del é toda unha sorte
September 24, 2024 at 6:08 PM