NUMAX
banner
numax.org
NUMAX
@numax.org
Un cinema, unha libraría e un laboratorio de edición de vídeo, deseño gráfico e programación web no centro de Santiago de Compostela.

www.numax.org
📅 A nosa programación do 17 ao 23 de outubro 👏
October 16, 2025 at 7:40 PM
🍽️ A nosa programación para esta semana 💌
October 10, 2025 at 9:26 PM
👀 A nosa programación para a próxima semana!
October 2, 2025 at 7:04 PM
💚✊ Mañá luns ás 19:20 dentro do ciclo #OsOllosVerdes proxectamos ROCÍO, o documental de Fernando Ruiz Vergara. A súa crítica explícita fixo dela a primeira película española secuestrada xudicialmente en democracia e que a día de hoxe segue vixente a censura de parte da metraxe.
September 21, 2025 at 5:21 PM
🍽️ A programación do 19 ao 25 de setembro!
September 18, 2025 at 7:30 PM
💡🔉 Este sábado 20 ás 11:30 organizamos unha Sesión Adaptada de ROMERÍA na que garantimos unha proxección cun volume máis baixo do habitual, unha luz tenue e na que o aforo da sala estará limitado a 40 butacas.
September 18, 2025 at 7:29 PM
⛵📹 Chegou o día, chegou a ROMERÍA!

Tras emocionarnos con Estiu 1993 e Alcarràs, Carla Simón lévanos de viaxe ao Vigo dos anos 80 na busca do rastro dos seus pais biolóxicos.
September 5, 2025 at 12:29 PM
🔊🎞️🧑‍🔬🎶 Neste 2025 volvemos acoller a programación cinematográfica do WOS Festival, celebración anual da cultura alternativa e de vangarda. Todas as sesións serán ás 16:00 e estarán presentadas polo noso socio Marcos Flórez, co-programador da proposta 👀
September 3, 2025 at 11:46 AM
🎤⛵ Achégase a estrea de ROMERÍA! En NUMAX, o sábado 6 ás 19:00 teremos un pase especial con presentación e coloquio con Alberto Gracia, que debuta como actor no novo filme de Carla Simón.
September 2, 2025 at 11:14 AM
INVASIÓN ocupa o segundo posto da enquisa de cine arxentino de La vida útil. Borges dixo dela que era "a lenda dunha cidade, imaxinaria ou real, sitiada por fortes inimigos e defendida por uns poucos homes, que acaso non son heroes. Loitarán até a fin, sen sospeitar que a súa batalla é infinita".
September 1, 2025 at 4:39 PM
🗺️🕴️Mañá martes 2 ás 19:25 arranca o ciclo 'Cine arxentino moderno. Fulgores e fracturas', que nos acompañará todo o mes de setembro. Empezamos con INVASIÓN, unha alegoría política dirixida por Hugo Santiago e con guión de Jorge Luis Borges e Adolfo Bioy Casares.
September 1, 2025 at 4:39 PM
🦈 Chegou setembro, pero esta semana en NUMAX podes seguir vindo á praia con TIBURÓN.

🎤 O pase de hoxe luns 1 ás 19:15 contará con presentación do noso abonado Julio Vilariño.
September 1, 2025 at 12:22 PM
🎟️ Horarios do 29 de agosto ao 4 de setembro en NUMAX 👇
August 29, 2025 at 7:17 AM
🎬🇦🇷 Cine arxentino moderno. Fulgores e fracturas✨

En setembro programamos 5 obras esenciais que renovaron o cinema arxentino desde os anos 60. Comezamos o martes 2 cun título de culto: INVASIÓN, de Hugo Santiago.

ℹ️🎫 INFO e entradas en numax.org
🤝 La vida útil | Ramiro Sonzini
August 25, 2025 at 9:22 AM
🌠 Xa á venda as entradas do 15 ao 21 de agosto. Info, horarios e entradas en numax.org
August 14, 2025 at 8:27 AM
🎟️ Xa á venda as entradas das nosas propostas semanais! Temos estreas (AQUEL VERÁN EN PARÍS e A MIÑA SOBREMESA FAVORITA), #PetísNUMAX (O NENO E A BESTA e PONYO -en galego-), Pialat (LOULOU), #praiaoupiscina (UN VERÁN CON MÓNICA e LA CIÉNAGA) e moito máis!

INFO e entradas en numax.org
August 7, 2025 at 9:14 AM
😎 Este verán regresa o ciclo Nocturama co eterno debate da época estival. A nosa programación do mes de agosto inclúe unha selección de filmes nos que enchouparse e tomar o sol. De luns a xoves do 4 ao 21 de agosto cara o final da tarde podedes vir refrescarvos a NUMAX con ‘Praia ou piscina?’.
July 28, 2025 at 9:00 PM
🏖️🍹 E vós de que sodes máis? Este agosto teredes que mollarvos!
July 28, 2025 at 9:00 PM
📅 A nosa programación do 18 ao 24 de xullo!
July 18, 2025 at 4:32 PM
🗓️ A nosa programación do 11 ao 17 de xullo!
July 11, 2025 at 11:48 AM
🍦⛵ Os nosos horarios para esta semana!
June 26, 2025 at 3:57 PM
Dentro da celebración do décimo aniversario da cooperativa, convidamos as 10 espectadoras e espectadores máis habituais de NUMAX a que programen e presenten cadanseu filme de cabeceira. As proxeccións terán lugar de luns a xoves durante todo o mes.
June 24, 2025 at 5:41 PM
💺❤️ En xullo chega á nosa sala un dos ciclos máis emocionantes da historia de NUMAX: '10/10. As espectadoras presentan'. Que ganas tiñamos de compartilo con vós!
June 24, 2025 at 5:41 PM
🪩💅 Moi contentas de contarvos que este sábado 21 celebraremos un pase dun dos nosos filmes favoritos: PARIS IS BURNING. Será ás 18:00 e estará presentado por Pablo Calviño Tato, investigador do Grupo de Estudos Audiovisuais (USC).
June 18, 2025 at 11:37 AM
💚 Este luns volve o ciclo #OsOllosVerdes con MEMORIAS DE UN CUERPO QUE ARDE de Antonella Sudasassi Furniss.
June 13, 2025 at 8:33 PM