nandio studio
banner
nandiostudio.producer.blue
nandio studio
@nandiostudio.producer.blue
let's redefine the media.
redefinamos los medios.
¿estás preparadx?

https://nandiostudio.substack.com/
🔴 ÚLTIMA HORA: Naturgy confirma que a subministración eléctrica quedou totalmente reposta ás 17:13h.

A avaría na rúa Polvorín queda solucionada tras a instalación de grupos electróxenos e as manobras de reparación.
October 21, 2025 at 3:44 PM
Actualización oficial (Naturgy): o aviso entrou ás 10:53h. A avaría localizouse nun tramo subterráneo da rúa Polvorín (liña Barbaña). Durante as manobras houbo microcortes de 1-10 minutos en varios barrios. Máis de 700 clientes afectados; ás 12:47h quedaban 240 sen servizo.
October 21, 2025 at 2:10 PM
Mentres se completan as reparacións, a compañía anunciou que trasladará grupos electróxenos á zona afectada
October 21, 2025 at 1:04 PM
Segundo confirmou Naturgy, a orixe estivo nunha avaría nun tramo subterráneo da liña de media tensión "Barbaña". Máis de 700 usuarios quedaron sen luz; ás 13:00h aínda había 240 sen servizo no barrio do Polvorín, segundo informa La Voz de Galicia.
October 21, 2025 at 1:04 PM
A lembranza do grande apagamento do 29 de abril volveu á conversa da veciñanza, que se preguntaba se era outro déjà vu eléctrico.

📹 La Voz de Galicia
October 21, 2025 at 1:04 PM
En moitas rúas a luz volveu axiña; noutras, o apagón prolongouse ata media hora.

Dende as 11:15h o servizo foi restablecéndose pouco a pouco, aínda que houbo cortes intermitentes posteriores.

📹 @laregion.es
October 21, 2025 at 1:04 PM
Semáforos apagados, tráfico caótico, comercios sen poder atender e o CHUO tirando de iluminación de emerxencia.
A cidade quedou en pausa durante uns minutos.

📹 @laregion.es
October 21, 2025 at 1:04 PM
Reposted by nandio studio
Lewis ha ampliado el mensaje. Tras cuatro días conectado a soporte vital, el bulldog falleció el domingo sus brazos 🐾.

“Traer a Roscoe a mi vida fue la mejor decisión que he tomado. Tenerlo fue una de las partes más bellas de la vida: amar tan profundamente y ser amado de vuelta.”
September 29, 2025 at 12:32 PM
A mensaxe común: denunciar a vulneración dos dereitos fundamentais e reclamar unha solución política e humanitaria inmediata.
October 3, 2025 at 10:30 AM
Esta mobilización insírese nunha serie de actos simultáneos en distintos puntos do país, que buscan visibilizar a situación en Gaza e dar respaldo á iniciativa da flotilla solidaria, formada por activistas de diferentes nacionalidades.
October 3, 2025 at 10:30 AM
Ao longo da tardiña, as persoas manifestantes portaron bandeiras palestinas e pancartas nas que se pedía o fin do bloqueo, a apertura dun corredor humanitario urxente e a liberación das persoas que viaxaban na flotilla, retidas tras o seu intento de achegar axuda á poboación de Gaza.
October 3, 2025 at 10:30 AM