Mundodisco en Galego🛰️
banner
mundodiscog.bsky.social
Mundodisco en Galego🛰️
@mundodiscog.bsky.social
Conta adicada a tradución diaria ao galego de frases do Mundodisco de Sir Terry Pratchett. Agora en Bluesky #GNUTerryPratchett
Pinned
“Polas profundidades insondables do espazo nada a tartaruga estelar, Gran A’Tuin, que transporta sobre a súa coiraza aos catro elefantes xigantes que a súa vez soportan sobre os seus lombos a masa do Mundodisco.
a turtle with elephants on its back and a flat earth on top
Alt: a turtle with elephants on its back and a flat earth on top
media.tenor.com
“—O Imperio? —berrou o Decano—. Eu? ¡Pero eles odian aos estranxeiros!
—Tamén ti. O pasarías estupendamente”.

Tempos Interesantes (Interesting Times)
December 18, 2025 at 4:25 PM
“—O meu pai sempre dicía que é inútil emprender un ataque directo contra un inimigo armado con proxectís de gran eficacia —respondeu.
Rincewind, que coñecía a maneira habitual de falar de Cohen, mirouna incrédulo.
December 17, 2025 at 4:16 PM
“Pero agora os gólems estábanse a liberar. Era a revolución máis silenciosa e socialmente responsable da historia. Eran propiedades, de xeito que aforraban e se mercaban a si mesmos”.

Cartas no Asunto (Going Postal)
December 16, 2025 at 3:21 PM
“As mascotas sempre son unha gran axuda en épocas de estrés. E en épocas de escaseza de alimentos tamén, por suposto”.

Deuses Menores (Small Gods)
December 15, 2025 at 3:54 PM
“Está todo ben... como bruxas cremos na tolerancia relixiosa...
—Iso é correcto —dixo Tata Ogg—. Pero soamente para as relixións correctas, por iso, coide os seus pasos!”

-Agnes Nitt e Tata Ogg

Carpe Jugulum
December 14, 2025 at 4:30 PM
“Sospeitaba de todo e de todos e vía escuros asasinos en todos os recunchos. Rumoreábase que lord Winder se despertaba suando todas as noites porque colábanselle ata nos sonos.
E durante as horas que pasaba desperto vía conspiracións e espías por todos lados,
December 13, 2025 at 4:37 PM
“—Dame a min, chicas, que isto funciona así: nós loitamos contra os elfos cada vez e eles sempre seguen aparecendo. Ao mellor non está tan mal, non credes? Así non nos durmimos nas pallas. Así manchámonos as mans, lembramos como se pelexa.
December 12, 2025 at 4:05 PM
“—Lin nalgunha parte que a moeda representa a promesa de entregar ouro por valor dun dólar —dixo Húmido con voz amable.
O señor Dobrado formou un tellado coas mans diante da súa cara e volveu a mirada cara arriba, como se rezase.
December 11, 2025 at 4:30 PM
“O que irradiaba do libro era a luz que xace ao outro lado da escuridade. A luz fantástica. Era dun cor púrpura bastante decepcionante”.

A Luz Fantástica (The Light Fantastic)
December 10, 2025 at 4:13 PM
“—Non é o vello Windle. O vello Windle era moito máis vello!
—Máis vello? Máis vello que morto?”.

O Segador (Reaper Man)
December 9, 2025 at 4:02 PM
“— Paréceme que alí non teñen rei. Só alguén que lles di o que teñen que facer.
O rei dos ananos tomouno con tranquilidade, posto que para el o noventa e sete por cento de ser rei consistía niso”.

Gardas! Gardas! (Guards! Guards!)
December 8, 2025 at 3:43 PM
“Imp titubeou, que é precisamente o que soen facer as persoas cando, despois de ter empregado un idioma toda a vida, pídeselles que «digan algo»”

Soul Music
December 7, 2025 at 4:13 PM
Reposted by Mundodisco en Galego🛰️
70.000 civiles asesinados .
Eres basura sionista .
December 7, 2025 at 11:57 AM
Reposted by Mundodisco en Galego🛰️
More than 68,000 women have already added their names to our letter in solidarity - Together we are showing that trans exclusion is not being done in our name.

You can join us and help keep the momentum growing…

✍️ Sign here: notinourname.org.uk
🔄 Please share to help us reach even more supporters
December 7, 2025 at 10:32 AM
“Sospeitaba que a famosa Batalla de Morpork consistira nuns dous mil homes perdidos nun lamazal nun día frío e húmido, asasinándose uns aos outros con espadas oxidadas.
December 6, 2025 at 4:25 PM
“—Jovielle é bonito —dixo Angua—. E ademais ven a ser como o que xa tes. Co mal que escribe a xente nesta cidade, ninguén se vai dar conta ata que llelo sinales.
December 5, 2025 at 4:07 PM
“Era abraiante, pensou, como discutía a xente contra as cifras sen outro argumento que «teñen que estar equivocadas»”

O Atlético Invisible (Unseen Academicals)
December 4, 2025 at 3:46 PM
“Pensou como podería ser, por exemplo, un raposo enfrontado cunha ovella enfadada. Unha ovella, ademais, que podía permitirse o luxo de contratar lobos”.

A Cor da Maxia (The Colour of Magic)
December 3, 2025 at 4:37 PM
“El tiña pouca relación con individuos humanos. Xeralmente ocupábase do trono e do lóstrego, porque dende o seu punto de vista o único propósito da humanidade era mollarse ou, en casos eventuais, quedar carbonizada”.

Tempos Interesantes (Interesting Times)
December 2, 2025 at 4:01 PM
“—Non te esperaba —dixo. A Morte deixou de apoiarse na parede. — Pero aínda queda tanto por facer...
—SÍ. SEMPRE QUEDA MOITO POR FACER”.

-Brutha e a Morte

Deuses Menores (Small Gods)
December 1, 2025 at 3:55 PM
“A moza que lle falara era de complexión lixeira, incluso para os estándares correntes, e pasara algúns sufrimentos para parecer aínda máis delgada. Tiña o cabelo louro e longo e o sorriso feliz de alguén que é consciente de que é delgada e ten o cabelo louro e longo”.

Mascarada (Maskerade)
November 30, 2025 at 3:55 PM
“—Non confío neste home —dixo Nijel—. Trato de non xulgar a partir dunha primeira impresión, pero teño a sensación de que non se propón nada bo.
—Fixo que te botaran ao pozo da serpe!
—Quizais debín captar a indirecta”.

Refeiticeiro (Sourcery)
November 29, 2025 at 4:08 PM
“Estaba, de feito, só funcionalmente alfabetizado. É dicir, pensaba en ler e escribir igual que pensaba nos repolos: eran necesarios pero tampouco é que foran divertidos, e había que desconfiar da xente que lles atopaba o gusto”.

O Quinto Elefante (The Fifth Elephant)
November 28, 2025 at 4:09 PM
“Coñecín a unha gorgona birolla, era un espanto. A pobre pasábao fatal, sempre tiña o nariz convertido en pedra”.

Gardas! Gardas! (Guards! Guards!)
November 27, 2025 at 4:03 PM
“Como está súa señoría?
Estable, dixo Cúpequeno.
Morto é estable, dixo Vimes”.

Pés de Barro (Feet of Clay)
November 26, 2025 at 4:00 PM