Míriam Louzao
banner
miriamlouzao.bsky.social
Míriam Louzao
@miriamlouzao.bsky.social
Nai de Antón e Aldán.
Concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica de Santiago de Compostela.
Portavoz do goberno municipal e do grupo do BNG.
🙌 Hoxe tomou posesión no Parlamento galego a compañeira @saletarc.bsky.social, que vai ser a voz de Compostela no hemiciclo. Botarémola moito en falta en Raxoi pero seguirá traballando arreo por Santiago e polo nacionalismo, como fixo estes dous últimos anos!

❤️Co corazón en Compostela❤️
October 14, 2025 at 8:57 AM
✅ Seguiremos traballando para sacar adiante novas medidas que promovan o mantemento do patrimonio e integren dun xeito harmónico a vida da veciñanza e das persoas visitantes.

💪En turismo sustentable, Compostela tamén marca camiño!
October 1, 2025 at 5:34 PM
🌍 Este tributo era unha demanda intensa da cidadanía que ademais é de xustiza. Por iso este goberno se empeñou desde o primeiro día en que fose unha realidade, así que hoxe é un día feliz para Compostela.
October 1, 2025 at 5:33 PM
🏨 Hoxe entra en vigor a recarga do imposto ás estadías turísticas en Santiago de Compostela, unha ferramenta social pensada para que as persoas que pernoctan na cidade contribúan a equilibrar os sobrecustos que produce o turismo.
October 1, 2025 at 5:32 PM
🎶A música non é só expresión artística. É emoción, é memoria, é comunicación e é ferramenta de coidado e de esperanza.

🎺A Filharmonía e a Banda municipal colaboran con esta iniciativa exemplificando a responsabilidade social que debe acompañar sempre a cultura entendida como dereito colectivo.
September 16, 2025 at 10:36 PM
🧬 Hoxe presentamos Sensoxenoma25, proxecto que apoiamos decididamente desde o Concello porque encaixa de cheo na nosa visión de Compostela como Capital Cultural, unha cidade que se recoñece na súa tradición creativa e humanista e que aposta pola innovación e o coñecemento como camiños de progreso.
September 16, 2025 at 10:34 PM
✨Hoxe gozamos de Lorena Nogal que deu comezo ás actividades da Noite do Patrimonio en Compostela con PICASSa.

Premio Nacional de Danza no 24, a recoñecida coreógrafa e bailarina transformou o @MuseodoPobo nun laboratorio de experimentación sensorial arredor da obra de Picasso. 🖼️
September 13, 2025 at 10:44 PM
🫂Visitei Compostela Concilia!

Aumentamos nun 60% as prazas de comedor como resposta á demanda das familias.

Reservamos un 3% de prazas adicional para nenxs con necesidades especiais cun ratio monitor/a por nenx.

💻 + info en santiagodecompostela.gal

#CompostelaBoadeVivir #CompostelaOrgullosadeSi
August 9, 2025 at 7:11 PM
💫 Circo, danza, teatro, poesía, música, contos, maxia e cinema no Festival C.

🗣️ Convídanos a habitar a cidade doutra maneira, favorecendo unha relación viva coa cultura e coa marabillosa contorna que Compostela nos ofrece!

📆 Do 4 ao 28 de agosto
📍 Varios lugares
🎟️ De balde

📲 compostelacultura.gal
July 29, 2025 at 3:19 PM
💡O xurado estará formado polo arquitecto e urbanista David Chipperfield; a doutora arquitecta e profesora, Teresa Táboas; o catedrático de Historia da Arte, Manuel Antonio Castiñeiras González; o especialista en iluminación urbana, Roger Narboni; e a editora da revista Lightecture, Esther Torelló.
June 24, 2025 at 10:11 PM
🌌Presentamos o concurso internacional para a iluminación artística da contorna da Catedral.

🌃O obxectivo é contar coa proposta máis innovadora, respectuosa e acaída ás características do noso patrimonio e ás condicións ambientais da cidade, respectando a delicadeza e as sutilezas do ceo nocturno.
June 24, 2025 at 10:10 PM
Convocamos un novo Consello Municipal de Educación no que informamos, entre outras cuestións, de:

👭 Novo programa anual de conciliación
🚧 Obras que faremos no verán nos CEIP e EIM
🍴Servizo de comedor nas escolas unitarias do rural
👩‍💻 Novo portal educativo do Concello

#CompostelaBoadeVivir
June 21, 2025 at 11:21 AM
🌍 Cando falamos de tráfico aéreo non falamos só de turismo, senón tamén de relacións profesionais, económicas e culturais.

✈️ Vai sendo hora de ter unha política aeroportuaria de país, pilotada pola Xunta e da man dos tres concellos nos que están situados os aeroportos.

Segue… 👇
June 8, 2025 at 4:40 PM
Celebramos dous anos desde as eleccións que nos levaron á alcaldía de Santiago con avances significativos nun modelo de Concello centrado nas persoas, na igualdade, nos servizos públicos de calidade e na sustentabilidade.

❤️ Prometemos traballar #CoCorazónEnCompostela e niso estamos!
May 28, 2025 at 9:33 PM
🏠 Hoxe acompañei á alcaldesa na visita das novas instalacións de Santos Cociñas.

Deseño, calidade, tecnoloxía e moito bo facer da man desta marca que ten detrás a historia de moitos anos de esforzo e compromiso de varias xeracións da familia Santos.

#CompostelaOrgullosadeSi
May 21, 2025 at 9:55 PM
📢 Compostela é o primeiro Concello galego con Ordenanza reguladora da “taxa” turística.

📊 Desde o BNG defendemos xa na campaña electoral que era preciso desenvolver medidas coma esta, que nos permitisen avanzar cara un novo modelo turístico.

💪🏻 Cumprimos así un dos nosos compromisos de goberno.
May 16, 2025 at 1:15 PM
✅ Tamén aprobamos iniciar a licitación do servizo de creación e posta en marcha de novos produtos e actividades turísticas por 181.449,70 € para fomentar a desestacionalización e a regulación dos fluxos.

🫂 Seguimos traballando por un modelo turístico que conviva coa vida cotiá da veciñanza!
May 12, 2025 at 10:28 PM
📑 Aprobamos en XGL o proxecto e a ordenanza para implantar a recarga ao imposto sobre as estadías turísticas.

Santiago de Compostela foi o primeiro concello galego en demandar a necesidade de dotármonos deste imposto autonómico e desde o goberno seguimos dando os pasos para que sexa unha realidade.
May 12, 2025 at 10:26 PM
Lembrámonos dos Mártires de Carral. Dunha xeración que soñou e loitou a nosa liberdade.

❤️ Hoxe e sempre pola #MemoriaHistórica.

#CompostelaOrgullosadeSi
April 26, 2025 at 9:40 AM
No BNG temos claro que debemos garantir o dereito á vivenda e traballamos no goberno, desde o primeiro día, poñendo en marcha medidas que vaian nesa dirección.

#CompostelaOrgullosadeSi #CompostelaBoadeVivir
April 26, 2025 at 12:56 AM
Hoxe recibimos no Concello ao ministro de Asuntos Sociais e Consumo, Pablo Bustinduy, para acordar a colaboración na identificación de pisos turísticos ilegais que se anuncien a través de plataformas dixitais.
April 26, 2025 at 12:56 AM
Un ano máis celebramos o día grande da Festa da Uña de San Lázaro. Coa poxa das uñas, concerto da Banda Municipal de Música e xantar en boa compañía.

#CompostelaOrgullosadeSi
#CompostelaBoadeVivir
April 7, 2025 at 10:35 PM
Seguimos traballando para construír unha Compostela mellor para as familias e a comunidade educativa.

Licitamos o programa anual de conciliación aumentando o número de prazas, mellorando a xestión das solicitudes e garantindo a participación de todos os nenos e nenas.

#CompostelaBoadeVivir
April 2, 2025 at 2:55 PM
Homenaxeamos ao creador compostelán Isaac Díaz Pardo no Día das Artes Galegas.

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, definiuno como “unha das persoas máis modernas e de vangarda da nosa cultura”.

💫Como dixo Rosa Aneiros “se el herdou do seu pai unha estrela, nós herdamos del unha constelación enteira”.
April 1, 2025 at 10:13 PM
🎶🎹 De Lugares e Órganos: dez anos á descuberta do patrimonio sonoro de Compostela

🗓️13-20 ABRIL
📍igrexas de San Paio de Antealtares e Santa Clara, igrexa da Universidade, a Terceira Orde e convento do Carme.

🧐programación👉 i.gal/IFfGc
April 1, 2025 at 10:04 PM