Miguel Vieito Villar
banner
miguelvieito.bsky.social
Miguel Vieito Villar
@miguelvieito.bsky.social
Investigador en Dereito, transfeminista, gamer, nacionalista, avogado en exercicio, asocial, concelleiro e vivo no rural.

Sen orde nin prelación neses elementos.
O mundo arredor do Dereito é reaccionario?

Pois...
(Nova dunha editorial xurídica de referencia).

"el entonces Jefe del Estado" é Franco. Por aclararnos todxs co titular.

E quen redacta é Maxistrado do Tribunal Supremo.
November 18, 2025 at 9:12 AM
A preocupación da Xunta pola lingua galega:

-Comunicación institucional en castelán

-Topónimos deturpados

E xa.

Dígoo porque en pouco tempo igual anuncian o novo Plan Xeral de Normalización a mesma xentiña responsábel destas cousas...
November 17, 2025 at 11:49 AM
Se xa todo van ser "okupas"...

Queda pouco para lle chamar así tamén xs inquilinxs.

E o "compañeiro" avogado podía tamén ter algo de empatía pola xente. Just saying.
November 8, 2025 at 3:57 PM
Dende a Casa Xohana Torres do @concellosantiago.bsky.social lanzamos dúas propostas formativas para profesionais xurídicxs e con relación á diversidade.

Calquera axuda na difusión é ben agradecida! 😊

E se coñecedes a avogadxs ou alumnxs de Dereito, Laborais ou Criminoloxía... enviádelle!
October 11, 2025 at 9:02 AM
Supoño que terá algún motivo que Google (GMail) leve un par de semanas facéndome isto nos correos que recibo (antes non o facía).
September 23, 2025 at 10:21 AM
Teño moito orgullo da acción política do Grupo Municipal ao que pertenzo.

É unha militancia de orgullo, de peito cheo e cabeza alta.

(O post colgueino eu, pero após dunha decisión coral no grupo).
September 19, 2025 at 7:51 PM
Referente para a chavalada...
September 15, 2025 at 2:57 PM
Un grande.
September 15, 2025 at 1:57 PM
ELSA - Asociación Europea de Estudantado de Dereito leva á súa xornada de benvida ao avogado de Vito Quiles, de Desokupa e doutros grupos de extrema dereita.

Exhibindo referentes... Por suposto que si.

Que quede claro.
September 15, 2025 at 1:39 PM
Onte a asociación ARELAS (menores e mocidade trans) celebrou o seu 10° aniversario.

Foi un día ben cargado de lembranzas, de reencontros e tan lindo...

E recibir o premio "Xustiza con Orgullo"... Moi emocionante! Había ben tempo que non me poñía nervioso 😅

Grazas por tanto e... Lume!!!
September 14, 2025 at 9:22 AM
Esta de onte é, sen dúbida, moi boa nova.

Afiánzase no Dereito Europeo o dereito á autodeterminación de xénero e a obriga dos Estados de o recoñecer.
September 5, 2025 at 6:14 AM
Alí estaremos, no que se poida axudar.

Se coñecedes alguén a quen poida interesarlle ou serlle de axuda, difundide.

E se sodes compas do ICA creo que aínda hai chance de se anotar.

Neste enlace tedes todas as formas de contacto: www.abogacia.es/actualidad/n...
August 22, 2025 at 1:26 PM
En agosto traballo eu, e elas tamén teñen choio abonda.

Que chulo velas!
August 13, 2025 at 10:42 AM
De paxaros non sei moito pero hoxe deume por marabillarme co carrizo e quería compartilo.

Se escoitades algún paxaro pola mañá cedo, sobre todo preto dun río, seguramente sexa un carrizo, pois ten un canto moi moi característico.

Ou, @xabiervp.bsky.social ?

(A foto é de WildAmbience).
August 6, 2025 at 9:24 AM
Si.
Se les a nova acabas por entender...

Pero quen redacta titulares na Voz e porqué non hai Dios que entenda á primeira?

(Un xeonllo roubou que??? 😵‍💫)
July 27, 2025 at 12:19 PM
Lin xa 4 veces e sigo sen entender de que lle bota a culpa agora a Voz a Goretti.

A captura fíxena eu e está sen editar.

É un haiku ou algo?
Que non estou entendendo? 😓
July 25, 2025 at 10:47 PM
Hoxe, 14 de xullo, é o Día Internacional da visibilidade das persoas non binarias.

Feliz e combativo día! ^^

(A imaxe é da Rede Española de Empresas pola Diversidade - REDI)
July 14, 2025 at 7:17 AM
Foto de onte, da toma de posesión como membro de número da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación de Fernando Suanzes, Fiscal Superior de Galiza (no centro).

A Academia ten 40 membros de número, dos cales só dúas son mulleres.

De honra ten 24. Só unha muller. E en 2024 non tiña ningunha.
July 4, 2025 at 9:53 AM
🤦🏻

A culpa xa é miña por ler o xornal (este xornal).
July 1, 2025 at 3:44 PM
Versión en galego da web dunha Administración Pública estatal (das "tochas").

Socorro.
Por qué ten que ser a vida tan difícil?
June 30, 2025 at 8:54 AM
Onte:

1.- Falei en Carballo, e durante as festas do San Xoán

2.- Falei nas escolas do Xardín, a poucos metros de lugares importantes da miña infancia

3.- Falei diante dos retratos de ducias de pandereteiras da Comarca

Pffffff...
Non sei como quedou a cousa, pero case me dá algo (por ben)

😭
June 27, 2025 at 7:42 AM
A primeira vez foi tan, pero tan chula... que tiña que haber unha segunda!

Agradecido á Deputación da Coruña polo convite, e ao Concello de Carballo polo espazo (e por existir).
June 25, 2025 at 12:06 PM
O sábado 14 estou en Carballo falando de diversidade e Dereito.

É a primeira vez na miña vida que participo nun evento en Carballo e xa chorei varias veces só de pensalo.

(O que son como profesional e como persoa débollo ao tempo que pasei, e paso, alí).

É tan, pero tan emocionante... 😭
June 9, 2025 at 6:34 PM
Quen escribe isto é Catedrático de Filosofía do Dereito na @udc.gal

Unha Universidad na que, segundo o art. 5.2 dos seus Estatutos, o galego é lingua propia.

"Isto é así porque o digo eu e porque na miña experiencia a cousa foi así".

Grandísima argumentación.
Enorme construción lóxica.
May 16, 2025 at 8:16 AM
Do mapa de Coello (1864) da Provincia de Lugo.

Que chulo é parar ás veces, e dedicarlle un tempiño a ver cousas do pasado.
Esta fíxome sorrir.
April 12, 2025 at 6:17 PM