Mercado da Estrela
banner
mercadodaestrela.bsky.social
Mercado da Estrela
@mercadodaestrela.bsky.social
*Festival do Talento Galego*
*Santiago de Compostela*
do 19 ao 21 de decembro de 2025

Páxina web:
https://mercadodaestrela.gal/
Pinned
PROGRAMA:
December 20, 2025 at 9:06 PM
December 20, 2025 at 9:06 PM
December 20, 2025 at 9:05 PM
🌟⭐️🌟
O @mercadodaestrela xa arrancou e agarda por vós en todos os espazos!
Entre as sorpresas: as musiquiñas pop-up coas que nos deleitará na nosa visita á @hsanmartinpinario a artista @helena.egea acompañada do noso piano máxico!
Cando?

Por sorpresa nas franxas do mediodía do sábado 20 e domingo 21
December 20, 2025 at 11:56 AM
PROGRAMA:
December 19, 2025 at 9:45 PM
As noites son para bailar e as pistas para ghastalas.

O vindeiro venres 19 de decembro: DJ Reich na pista cuberta do Centro Don Bosco tralo concerto de IGMIG!
December 15, 2025 at 12:15 PM
Este Nadal:
#agasallatalentogalego
#mercadodaestrela
#santiagodecompostela

Un proxecto de: @correvaidille
December 15, 2025 at 12:12 PM
Patrocinadores: @concellosantiago @comerciostgo e @depucoruna @dacturismo
Patrocinan tamén: Turismo de Santiago - @santiagoturismo @estrellagalicia e @gadis.supermercados
December 15, 2025 at 12:12 PM
Apoia:Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude por medio da Secretaría Xeral da Lingua @linguagalega
Colaboran: @cxdonbosco, @hsanmartinpinario, Arzobispado de Santiago de Compostela, @museodasperegrinacions, @artesania_de_galicia - Xunta de Galicia, @bodegaslodeiros, @paco_lola, @daveigamarineras
December 15, 2025 at 12:11 PM
Trae prendas ou pezas textís para persoalizar coa técnica de linogravado nas tardes do venres e domingo e elabora unha arbore de Nadal con tecido de refugallo na tarde do sábado nos obradoiros que impartirá Felicetta Gualtieri @felicettagualtieri no Salón Peregrinos da Hospedería San Martín Pinario!
December 15, 2025 at 12:09 PM
Zålomon Grass é un power trío de hard blues, vintage rock e psicodelia, fundado a principios de 2020 durante a pandemia. O seu particular son, rico en matices analóxicos e repletos de acenos sutís e velados a bandas clásicas do xénero, tanto lírica como musicalmente, é nomeado como "Blues Cósmico".
December 9, 2025 at 11:36 AM
A banda tocou no histórico Festival de Jazz de Montreux no 2023 como parte da xira europea de “Space Opera”, e en moitos festivais ibéricos; xunto a artistas internacionais como Edgar Blues Trio, Mando Diao, Bob Dylan, Two Door Cinema Club, Chris Isaak, Lionel Richie, Norah Jones ou Iggy Pop.
December 9, 2025 at 11:31 AM
Na noite do venres 19 de decembro aterrará en Santiago de Compostela para todos vós Zålomon Grass e actuará na primeira xornada do Mercado da Estrela neste presente ano 2025!
December 9, 2025 at 11:27 AM
Montedapena é un convite a sentirse parte, a conectar cos sentimentos e as experiencias compartidas... Unha proposta con sons envolventes que nos levan á introspeción, que nos empurran cara a celebración e o baile, e que descubriremos na pista de Don Bosco na tarde do sábado 20 de decembro!
December 6, 2025 at 12:01 PM
Montedapena é o novo proxecto musical de Héctor Rodríguez.

A Héctor asáltalle de maneira recorrente un recordo da infancia; é o aniversario do seu tío, hai música en directo, gravan unha curta cutre. É feliz e aí nace unha paixón...
December 6, 2025 at 11:55 AM
O trío vigués, IGMIG, leva tempo arrasando nas salas do país. No seu último disco, “Revolución”, levan a súa fórmula ao límite: electrónica mutante, humor afiado e esa teatralidade marciana que xa é marca da casa.

Cada tema é unha sacudida: distopía kitsch, festa posmoderna e retranca en vena.
December 6, 2025 at 11:52 AM
IGMIG non fai música: detona realidades paralelas con ritmo, ruído e risas. A súa proposta é unha marabilla inclasificable que mestura espírito punk, verbena galáctica e performance sen rede.
December 6, 2025 at 11:42 AM
Saibran é o proxecto persoal de Cibrán García, a metade de Boyanka Kostova que, co seu primeiro álbum en solitario, busca facer cancións diversas nas que amosarnos as entrañas. Un proxecto para experimentar no musical, traballando con artistas coma Juait, Crnds, MØU, Julián Goicoa ou Fiz García.
December 6, 2025 at 11:38 AM
Estreleiras e estreleiros en pé na pista do Centro Don Bosco a noite do vindeiro sábado 20 de decembro para a ESTREA ABSOLUTA nos escenarios de SAIBRAN!
December 6, 2025 at 11:37 AM
MAPA COA UBICACIÓN DOS ESPAZOS DO MERCADO DA ESTRELA
🌟⭐️🌟

www.google.com/maps/d/u/0/e...
MERCADO DA ESTRELA - Google My Maps
https://m.youtube.com/watch?v=feBYXAZO-EM https://www.facebook.com/mercadodaestrela/ PROGRAMA DE ACTIVIDADES: https://bsky.app/profile/mercadodaestrela.bsky.social/post/3ld53pjingk2f ***Feira...
www.google.com
November 28, 2025 at 9:14 PM
Unha fin de semana para os reencontros, as apertas, os brindes, a música, as compras e as ilusións compartidas nun festival urbano de Nadal no que descubrir o talento, o patrimonio, a tradición e as novas tendencias de Galicia!

#agasallatalentogalego
#mercadodaestrela
#santiagodecompostela

🌟⭐️🌟
November 28, 2025 at 8:57 PM
November 28, 2025 at 8:53 PM
…desexámosvos...

UN NADAL CHEO DE LUZ, DE COMPAÑÍA, DE COMPRENSIÓN E DE NOVOS E MÁIS ILUSIONANTES HORIZONTES

m.youtube.com/watch?v=feBY...
December 25, 2024 at 1:37 AM
A programación continúa no @mercadodaestrela Agardámosvos nas tres ubicacións de Feira Creativa i en todas as actividades da tarde de hoxe sábado 14 de decembro!

www.instagram.com/reel/DDkGdol...
December 14, 2024 at 6:21 PM
🌟⭐️🌟
13º MERCADO DA ESTRELA: PROGRAMA DE ACTIVIDADES
December 12, 2024 at 8:18 PM