Revista Mazarelos
banner
mazarelos.gal
Revista Mazarelos
@mazarelos.gal
Revista de Historia e Cultura | Dende 2019 na rede e dende 2020 tamén na rúa.

💻 www.mazarelos.gal
📓 www.mazarelos.gal/revista
📚 Quérela na casa? https://tenda.mazarelos.gal/formulario-de-subscricion/

Unha iniciativa de Mazarelos Soc. Coop. Galega
🔗Para ler a entrevista completa
www.mazarelos.gal/a-traves-dos...
July 1, 2025 at 8:51 AM
🌎 Nas últimas eleccións estadounidenses houbo un amplo grupo de cidadáns que non puideron votar por Kamala Harris ou Donald Trump; os máis de tres millóns de residentes da illa de Porto Rico, que carecen dese dereito.

Esta situación é unha herdanza dunha historia colonial inconclusa.
April 23, 2025 at 9:26 AM
📅 A datación dun acontecemento histórico di moito do mesmo, tanto de como ou a causa de que se chegou a el, e tamén di como o percibimos no presente.

Boucheron leva adiante este traballo de disección de episodios históricos dunha maneira exhaustiva e amena.
April 23, 2025 at 9:26 AM
📙 Corenta anos despois da reconstrucción democrática, Gabriela Águila ofrece unha visión integral do Proceso de Reorganización Nacional arxentino.

A historiadora explora a represión e o terror social como estratexias de control e as liñas de acción dos seus principais axentes.
April 23, 2025 at 9:26 AM
💭 Que pasou cos sindicatos agrarios? Por que migraban os galegos unha vez pasada a posguerra? De onde viñan os traballadores da Bazán e Astano nos 70? Cando Deixaron as vacas de ter nome?

A Galiza do presente explícase en boa medida neste libro.
April 23, 2025 at 9:26 AM
👀 Queres botarlle un ollo? Xa dispoñible na web da Asociación de Medios en Galego e na da Deputación da Coruña

📫 mediosengalego.gal/guiadidactica
📫 dacoruna.gal/novas/ficha-...
February 13, 2025 at 8:43 AM
5️⃣ Por último, o encaixe curricular de cada proposta segundo curso e materia, para facilitar a súa incorporación nas programacións ao profesorado e aos centros educativos
February 13, 2025 at 8:43 AM
4️⃣ O primeiro anexo contén unha listaxe de máis dun centenar de cabeceiras en galego, tanto históricas como actuais

👉🏽 Inclúe información sobre a súa traxectoria, contexto de creación e características. Ademais, unha ligazón ao propio medio dixitalizado ou portal actual
February 13, 2025 at 8:43 AM
3️⃣ Tamén conta cunha sección de Apuntamentos:

👉🏽 Pasa polos primeiros xornais con contidos en galego, o impacto das Irmandades da Fala, a represión da ditadura franquista e a resistencia na diáspora, e por último a recuperación dos medios na democracia ata chegar á actualidade
February 13, 2025 at 8:43 AM
2️⃣ A segunda é "A historia dos medios en galego", dirixida a cursos superiores de 4º da ESO e Bacharelato

👉🏽 Ofrece un percorrido dende o século XIX ata chegar ao panorama actual, marcado pola dixitalización, os novos formatos de comunicación e os desafíos actuais
February 13, 2025 at 8:43 AM
1️⃣ A primeira unidade é "Traballando cos medios en galego", para alumnado de 1º a 3º da ESO

👉🏽 O alumnado traballará cos medios para diferenciar ideas principais e secundarias, a necesidade de contrastar a información, a problemática de novas falsas e o uso da linguaxe
February 13, 2025 at 8:43 AM
👏👏
January 31, 2025 at 11:20 AM