Proxecto Máscaras
banner
mascaras.bsky.social
Proxecto Máscaras
@mascaras.bsky.social
O Audiovisual como ferramenta pedagóxica e de integración.

www.proxectomascaras.gal
Sucedéronse estes IX premios cunha afluencia de público coa que era imposible prever nun presente no que se acumulan tantos actos. Unha xornada cálida, mesmo tórrida, sen globos pero con emoción.
September 22, 2025 at 9:05 AM
Sempre lembramos que foi a pandemia o momento que rematou de definir o que consideramos que debe de ser a posta en escena da entrega dos premios ás Boas Prácticas: ese escenario da ONCE, coas persoas dándose un relevo nesta labor colectiva.
September 22, 2025 at 9:05 AM
Chegou o día! Hoxe as premiadas e premiantes danse relevo para pensar en quen subirá ao escenario o vindeiro ano.

Pero antes, lembrade, esta tarde ás 18:45 na sede da ONCE na Coruña. Vémonos!
September 18, 2025 at 7:56 AM
Sempre é complexo explicar a capacidade de sorprender duns premios humildes coma estes, e por iso convidámosvos á entrega deste ano 🙂

Será este xoves 18, na sede da ONCE na Coruña ás 18:45.
September 15, 2025 at 3:32 PM
E así, edición tras edición, regalándonos fotos de grupo con encontros, como esta do ano pasado coas premiantes e premiadas 😊
September 11, 2025 at 4:39 PM
Dentro dunha semana, a esta publicación, xa teremos á xente na sede da ONCE na Coruña para a gala dos IX Premios ás Boas Prácticas.
Sempre sucede igual: persoas nerviosas por considerar que non merecen un recoñecemento xa estarán pensando en a quen llo entregaran o vindeiro ano 😆
September 11, 2025 at 4:39 PM
Eva é compañeira de andanzas dende 2010. Onte demostrouno coa súa prodixiosa memoria na reunión que articulou a xente de @somos.bsky.social : experiencias, aprendizaxes e, sobre todo, vivencias.

O que está por vir, xa se verá 😎
May 29, 2025 at 10:31 AM
Hoxe as estimadas xentes de @laopinioncoruna.es, na sección humorística asinada por Antón Peruleiro, ironizan con que por fin se cubre o espazo ate os pulsadores dos semáforos do novo paseo marítimo.

Esta foto publicouna o noso compañeiro Fran, o 1 de Xullo de 2024. É usuario de cadeira de rodas 😅
May 2, 2025 at 7:15 AM
E xa dende 2015 desentendémonos, o que tamén serviu para que medrara o gamberrismo por parte de todas as persoas que se unen a calquera dos proxectos 😎

Como Ana Capelete cando lle pedimos que improvisara 👇
April 10, 2025 at 9:44 AM
E asi levamos xa uns cantos anos 🙃
March 21, 2025 at 11:29 AM
Hoxe é o Día Internacional do Síndrome de Down, pero para nós todos os días son o Día Internacional de Manolo Penido 💞💞
March 21, 2025 at 11:29 AM
O día 16 de Xaneiro de 2024 aprobouse no Congreso a desaparición do artigo 49 da Constitución a expresión “disminuidos físicos, sensoriales y psíquicos”.

A vida xa é o bastante dura como para non facer pequenos esforzos incorporando cambios que supoñen melloras para as persoas.
March 18, 2025 at 9:14 AM
Non tiñamos moi claro chegar, pero chegamos, e por iso mañá habera pequena estrea da APM 😎
December 30, 2024 at 7:21 PM
Se todo vai ben, a felicitación boa chegará para o peche, coma sempre, pero vaia por diante desexarvos unha feliz noite 😊

(ou polo menos, unha noite soportable 😁)
December 24, 2024 at 11:43 AM
As ganas que tiñamos de fixar esta mensaxe en X non volas imaxinades:
November 16, 2024 at 7:57 PM
Hoxe, por fin, entregamos. Esta tarde ás 18:45 na sede da ONCE (en Coruña, claro).

A xente que vai pasar por ali, estupenda, coma sempre.

O proceso de facer estas cousas, un horror, coma sempre, pero polo menos en Bluesky aínda non hai que nomear a ninguén 😬
September 19, 2024 at 7:57 AM
En 2017 Bea Lema foi a primeira muller que gañou o Premio Castelao Deputacion da Coruña.

Hoxe recibe a concesión do Premio Nacional por unha versión incrible que inclúe ate bordado.

O que non cambia é a moi lúcida visión en primeira persoa sobre a saúde mental nun íntimo retrato familiar 🖤
September 16, 2024 at 2:56 PM
Esta mañá, na sección de @bobpop.bsky.social no Hoy por Hoy, chamou unha muller recentemente diagnosticada con esclerose múltiple e fixo unha pregunta: debía contalo ou gardalo?

A súa resposta foi desas cousas imprescindibles, e aquí van os primeiros 58 segundos, co seu permiso:
September 16, 2024 at 11:19 AM
Os únicos premios sen polític@s, e os únicos nos que tanto pode subir ao escenario un Fray como un Comunista (Chisco Fernández Naval dixit 😬).

Lembrade, entrada libre este xoves!
September 16, 2024 at 8:28 AM
Iremos collendo ritmo por aquí, como todo o mundo, sobre todo para recuperar o espazo roubado noutras contornas como X, pero agora, por cousa do calendario, temos autobombo: Este xoves entregamos os Premios ás Boas Prácticas na sede da ONCE na #coruña‼️
September 16, 2024 at 8:26 AM
Triunfando 😍😍😍
January 10, 2024 at 2:42 PM
A ver se este nadal implica darlle vidilla ao cielitolindo 😀
December 23, 2023 at 6:30 PM