Mari Camiña
banner
maricamina.bsky.social
Mari Camiña
@maricamina.bsky.social
Activista social, feminista e decrecentista. Loito por unha sociedade máis xusta e respectuosa co medioambiente. Responsable da área de Sanidade e Dependencia ( Servizos Públicos) en Podemos Galicia
Hoxe cúmprese un mes do chamado “Plan de Paz” de Trump para Palestina. A realidade é que Israel continúa violando o alto ao fogo, con vítimas civís e destrucción masiva
Na Galiza, mantemos a mobilización en defensa da xustiza e da soberanía do pobo palestino

Galiza con Palestina! Palestina vencerá!
November 13, 2025 at 9:57 PM
📍Sanxenxo | Arredor de media centena de persoas pedimos a anulación da Xunta de Compensación do SU-13 (Monte Faro) por irregularidades legais e falta de informe de Patrimonio e medioambiental.

Queremos transparencia, legalidade e respecto polo territorio.
#MonteFaro #Sanxenxo
October 30, 2025 at 8:22 PM
🚨 Hoxe en Sanxenxo: 5 vehículos dispoñibles e só 1 bombeiro de garda.

🔥 Galicia arde con lumes en Ourense e Lugo, e mentres tanto os nosos servizos de emerxencias seguen abandonados.

💜 Esiximos dotación suficiente por quenda, EPIs e transparencia no uso dos fondos

#EmerxenciasDignas #GaliciaArde
September 20, 2025 at 7:02 PM
🕯️Se Gaza se esnaquiza por bombas, que o mundo non se cale. Se a destrución é tan grande, que a nosa voz se eleve moito máis.
Viva palestina Libre!!
September 18, 2025 at 9:48 PM
🕯️Denunciamos tamén a complicidade dos Estados e institucións internacionais que financian, venden armas ou fan silencio, mentres Gaza é reducida a escombros e a dignidade humana é pisoteada.
Polos dereitos humanos!!
September 18, 2025 at 9:47 PM
🕯️ Non aceptamos que esta matanza sexa presentada como “daqués inevitable”, un “coste colateral” ou resultado dun “enfrontamento”. Este é un acto deliberado, continuo e cruel, cunha clara asimetría de poder.
Pola vida e a paz!
September 18, 2025 at 9:46 PM
🕯️ A destrución é tan inmensa que o número de mortos, o dano físico, a ruína de infraestruturas básicas supera todo o vivido en moitos conflitos recentes: este nivel de violencia non se pode normalizar.
Porque palestina non está soa!!
September 18, 2025 at 9:45 PM
🕯️Civís inocentes—crianzas, mulleres, persoas maiores—son bombardeadas, hospitais e escolas son destruídos, fronteiras pechadas, a auga, a comida e os medicamentos negados.
Pola fin do xenocidio!
September 18, 2025 at 9:44 PM
🕯️ Hoxe estivemos ás portas do Concello de Sanxenxo para facer visible o que algúns queren silenciar: en Gaza non se está dando unha guerra entre iguais, senón unha masacre planificada, unha limpeza étnica executada con impunidade.
Polo Pobo palestino!
September 18, 2025 at 9:44 PM
Segundo un informe recente de Paul Rogers e Global Security, os bombardeos sobre Gaza teñen un poder destructivo equivalente a case seis veces a bomba de Hiroshima, e igualan niveis de devastación que se vían só en conflitos masivos da II Guerra Mundial.
#Palestina #NonAoXenocidio
September 18, 2025 at 9:42 PM
📢 Este xoves 18 de setembro ás 19:00h, diante do Concello de Sanxenxo. Polo pobo palestino

Remata o prazo marcado pola ONU para que Israel abandone os territorios ocupados, e únimonos ao chamamento das organizacións palestinas (PNGO) esixindo:
✊ Fin do xenocidio
✊ Sancións a Israel

Vémonos alí! ✌️🇵🇸
September 17, 2025 at 10:23 AM
Non á Guerra, si á mellora de servizos públicos:
Si á educación,
Si á sanidade pública
Si á vivenda digna
Si ás pensións
Si aos dereitios laborais
...
SI a vivir dignamente!!!
SI Á PAZ!!
April 23, 2025 at 5:03 AM
Outro día de choiva...
Canto boto de menos perdernos pola natureza cunha raiola de sol alumeando os nosos pasos.

#PasadxsPorAuga
April 17, 2025 at 8:31 PM
A Arte, practicada desde idades temperás, repercute positivamente no desenvolvemento das persoas: fainos máis sensibles, tolerantes, creativas e apórtanos estructuras de pensamento complexas.
#DíaMundialDaArte #ArteÉDesenvolvemento #ArteÉCultura
April 15, 2025 at 9:51 AM
Mentres non exista República, estaremos condenadxs a ser subditxs e non pobo soberano.

Non existe democracia mentres existan xefxs de estado postxs por ser fillx de e non por ser elixidx pola cidadanía.

#RepúblicaEspañolaXa #LiberdadeDeElexir #DemocraciaPlena
April 14, 2025 at 8:21 PM
Hoxe, a Pobra do Caramiñal convertiuse no epicentro dun clamor en defensa do noso medio e forma de vida.
#AltriNon #MinaTouroOPinoNon #podemosgalicia
March 22, 2025 at 2:02 PM
Moito que pensar despois de ver 7291... Se xa antes o tiña claro, agora máis ca nunca: Temos que seguir loitando por un sistema sociosanitario 100% público que non deixe a ninguén atrás.
#AbrilEuVou
March 14, 2025 at 12:35 AM
Ir tomar un café e que che poñan pincho de tortilla e rosca... 🤔
Nin tan mal ☺Aperitivo, café e postre, todo nun.

#CafeteríaLaMerenguela
March 13, 2025 at 12:55 PM
SOS Sanidade Pública pon en marcha unha crowdfunding para a realización de “Máis Sanidade”, unha webserie documental que pon voz a diferentes persoas que viven de primeira man os efectos da crise sanitaria que sacode Galicia.
Colabora connosco!!

Máis información en vkm.is/maissanidade
March 11, 2025 at 9:57 PM
Coidemos a nosa riqueza natural e medio de vida de tantas persoas.
#AltriNon #MinaTouroOPinoNON #MarLimpoSi
March 3, 2025 at 10:44 PM
Según datos da Consellería de Sanidade, hai 5317 casos de enfermidades raras rexistrados en Galicia; pero dada a dificultade de diagnóstico das mesmas e a que entre un 5 e un 7% da poboación a padecen, estímase que en realidade existen arredor de 150,000 persoas afectadas.
#DíaDasEnfermidadesRaras
February 28, 2025 at 9:29 PM
Día do Síndrome de Noonan

#EnfermidadesRaras #MarabillosamenteRarxs
February 23, 2025 at 6:12 PM
Este Nadal tocou posar para incorporar as nosas fotos no comunicador de Brais, unha ferramenta que axuda a que poida expresar os seus sentimentos e desexos, aínda que el é moi expresivo e se fai entender moi ben, e que facilita a interacción co resto das persoas.

💙💙💙💙💙💙💙💙
February 23, 2025 at 10:03 AM
A sanidade pública que promove o PP da Xunta: curar a base de ostias e/ou ostias...
#MáisPersoal #MáisRecursos #MáisSanidadePública
February 18, 2025 at 8:12 AM
Semi-inmobilizada durante uns días... Todo en orde 🤗😘
#SanidadePúblicaDeCalidade
#PersoalDePrimeira💜
#GranCalidadeProfesionalEHumana
February 16, 2025 at 10:10 PM