Manuel Rivas
manuelrivas.bsky.social
Manuel Rivas
@manuelrivas.bsky.social
Escritor, periodista, guionista
Codirector da revista mensual Luzes
Galicia como local-universal
Saúde e cante o merlo!
Non todo é 'fake': O xornalismo existe! Extraordinario "Luzes" sobre negacionismos!
November 16, 2025 at 2:09 PM
"La escritura es una búsquedade lo oculto, de lo invisible, como caminar por la naturaleza"
November 11, 2025 at 5:58 PM
Redes sí, pero sal ahí fuera. Qué interesante el apunte de Thiago Ferrer sobre la naturaleza de la campaña de Zohran Mandiani. Pisar la calle y escuchar a la gente: la 'tecnología' más avanzada de la historia.
November 6, 2025 at 7:34 PM
O Goberno español dará hoxe a nacionalidade a descendentes de membros das Brigadas Internacionais. Un bo día para lembrar o impecábel poema escrito no exilio por Luís Cernuda dedicado a "un antiguo soldado en la Brigada Lincoln...testigo irrefutable de toda la nobleza humana"
November 4, 2025 at 7:08 AM
Preciso e estarrecedor título para un gran e estarrecedor libro: "Hasta su total exterminio"
November 3, 2025 at 12:19 AM
La columna de Manuel Jabois, hoy, 29 de octubre, en El País: una de esas piezas que ennoblecen el periodismo
October 29, 2025 at 9:54 AM
A verdade sobre as nucleares: un risco innecesario e unha operación cheirenta e antidemocrática para un negocio insaciábel
October 24, 2025 at 11:30 AM
A macrocelulosa de Altri, un proxecto ruinoso para o ben común e que hipoteca o futuro.
Que o retiren, que enterren o 'morto' dunha vez!
October 23, 2025 at 2:09 PM
No código moral de salvamento: As mulleres e os nenos, primeiro! Velaí a maior hipocresía da historia.
October 23, 2025 at 8:15 AM
A macrocelulosa é un proyecto escuro, unha distopía, que hipoteca o futuro.
Un pedadelo do pasado no corazón natural de Galicia.
October 20, 2025 at 10:31 AM
O bosque atlántico xa é un enorme eucaliptal. Con esta política, imos cara ao réxime totalitario do eucalipto gobernado polo partido "único" de Ence.
October 17, 2025 at 12:13 PM
Moita xente, e moitísima xente nova, na manifestación de Madrid contra o xenocidio, polo xuizo aos criminais de guerra e polos dereitos do pobo de Palestina.
October 15, 2025 at 8:27 PM
Para non perder. "A vangarda arrebatada", hoxe, martes 30, ás 19.30, nasTorres de Santa Cruz, Oleiros, A Coruña
September 30, 2025 at 1:42 PM
Hoxe, 29 de setembro, é un día de xustiza histórica na Coruña. Os restos exhumados do pintor Francisco Miguel, sometido a tormento e asasinado en 1936 polo fascismo, repousarán no cemiterio mariño de San Amaro. Máis memoria, por favor!
September 29, 2025 at 8:37 AM
Francisco Miguel, pintor da vangarda incesante, foi asasinado polo fascismo en 1936. Este mércores 24, en Santiago, acto de memoria e xustiza no Consello da Cultura. O luns 29, a ARMH, a asociación Alexandre Bóveda e concello da Coruña convocan unha homenaxe popular no enterro dos seus restos.
September 23, 2025 at 6:42 PM
A súa memoria de vangarda incesante rescata a nosa esperanza. O pintor Francisco Miguel fou martirizado en 1936, mais morreu cos brazos abertos á vida. O luns 29 a cidade da Coruña acompañará os seus restos, exhumados da foxa do olvido, cunha ofrenda de cunchas e viraventos. Fascismo nunca máis.
September 23, 2025 at 6:24 PM
Unha moi boa noticia para facer posíbel a esperanza. Abriuse en Tomiño, Baixo Miño, a biblioteca e espazo cultural público que leva o nome de "Isaura Gómez", republicana e loitadora contra o fascismo. Centos de persoas encheron o local e a rúa.
September 22, 2025 at 5:37 PM
Arde a Ribeira Sacra, en Galicia. Polo menos, cinco aldeas desalixadas. Un horror.
September 19, 2025 at 11:11 PM
La historia de alguien que aprendió a callar antes incluso de saber hablar.
"Nébeda": una novela de Emilio Silva Barrera
September 15, 2025 at 4:12 PM
Grazas ás mulleres que terman das trabes do ceo
September 15, 2025 at 1:22 PM
"Galicia está a vivir unha revolución literaria na que o núcleo ben podería ser a poesía escrita por mulleres"
September 10, 2025 at 10:15 AM
O castelo de Vimianzo como almeiro creativo en tempos de Marca de Medo mundo adiante. Benvida a primera feira do libro... e da oralidade e das artes.
September 5, 2025 at 10:17 AM
A foto da "nena do napalm", na aldea de Trang Bang, abaneou moitas conciencias e axudou moito a pór fin á guerra do Vietnam. Temos hoxe terribeis imaxes das atrocidades en Palestina, con nenas esnaquizadas polas bombas ou mortas de fame. Onde están acampadas as conciencias do mundo dos poderosos?
September 3, 2025 at 12:09 PM
Tamén na Fin da Terra! Xente de toda a Costa da Morte, no faro de Fisterra. Manifestación de apoio, este sábado 30, á frota de axuda a Gaza. Polo fin da barbarie xenocida. Paz e liberdade para
Palestina.
August 30, 2025 at 7:56 PM
Contra o negacionismo informativo e a substracción da realidade, unha boa pregunta en boca da xente: Onde está a TVG?
August 21, 2025 at 8:44 PM