David Paz Nóvoa
banner
madialevo.gal
David Paz Nóvoa
@madialevo.gal
Mestre e xornalista. Ourensán en Arousa. Libros vellos e prensa antiga. Ás veces saco fotos. Cultura galega 🩵 madialevo.gal
Lembraremos tamén o ourensán Xerardo Álvarez Gallego no 125 aniversario do seu nacemento, autor dunha das obras máis emocionantes da historia do galeguismo: a vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda.
November 27, 2024 at 7:53 PM
Temos o noso propio goberno en contra. Non vos parece xa suficientemente difícil a misión como para enlearnos entre nós?
November 19, 2024 at 7:50 PM
Sinalar a quen non fala galego ou a quen o fala mal é dunha torpeza maiúscula. Fóra do ámbito escolar, só se corrixe a aquelas persoas que desexan ser corrixidas. Teremos que dar algunha alternativa algo máis intelixente, digo eu.
November 19, 2024 at 7:50 PM
Proxectos que unan a xente, que sexan atractivos, que desenvolvan a nosa tendencia natural a traballar en equipo, a compartir, a colaborar. O estado actual da lingua non permite erros.
November 19, 2024 at 7:50 PM
Impartín no ano 2004 unha conferencia sobre os inicios do cine en Ourense e, despois da morte do meu pai en abril do 2021, participei en varios actos de homenaxe. Meu pai foi condecorado a título póstumo coa Medalla de Ouro da Provincia de Ourense.
November 16, 2024 at 3:57 PM
Recordo ben o sitio exacto da fotografía: a capela do Pilar, restaurada e convertida en salón de actos polo concello de Corcubión a finais da década de 1980. Seguramente eu estaba gravando en VHS o acto de inauguración dalgunha escola de verán que meu pai organizaba por aquela época.
November 16, 2024 at 2:35 PM