Lois Pérez
banner
loisperez.bsky.social
Lois Pérez
@loisperez.bsky.social
Mestre, escritor e contador de historias.
Estamos, como Alberti, confusos: non sabemos se rascar o reloxo ou darlle corda ao cu.
luzes.gal
Chegou a sexta edición de #agrutadatorre, Premio Agustín Fernández Paz de literatura infantil e xuvenil 2021, publicada por XERAIS en 2022. Son as pequenas grandes alegrías que nos dan tamén os libros: lelos, imaxinalos, e escribilos mentres pasa o noso tempo que se vai.
November 18, 2025 at 10:05 PM
Non todo é 'fake': O xornalismo existe! Extraordinario novo número da @luzes.gal sobre negacionismos!
tenda.luzes.gal/tenda/luzes-...
November 17, 2025 at 10:54 AM
Post your favorite Star Trek character. Wrong answers only.
November 15, 2025 at 10:10 PM
De entre todos os momentos emocionantes deste libro de @ArturoLezcano , o diario de Perfecto Marcote é un dos meus preferidos.
#UnPaísInvisible (a epopea atlántica da diáspora galega)
@librosdelko
Puidemos ler xa un adianto no último número da @luzes.gal
November 15, 2025 at 6:47 AM
N(C)o San Martiño
November 12, 2025 at 3:36 PM
#Hematofesti en Vigo do 4 ao 8 de novembro. Xa vin carteis peores.
October 27, 2025 at 7:43 AM
O vindeiro sábado á noite ofrezo un recital pra toda a xente de Seoane e toda a volta do Courel que queira acompañarnos no Pub Hydra, dentro do Encontro "Escrita en Movemento -Poetas que pintan-", organizado pola Fundación Uxío Novoneyra. Se o vento quer chegarein a ser ninguén.
Eu non pinto.
October 19, 2025 at 9:12 PM
Acompañamos amigas e amigos a Uxía no concerto do San Froilán celebrando os seus 40 anos de carreira musical. Con ela e Pablo Novoa en guitarra, recitamos «A miña terra, a nosa terra» do #LongPlay de @Xerais chamando por Palestina e cantamos «Los ejes de mi carreta», de Atahualpa Yupanqui🩵🇯🇴
October 9, 2025 at 12:17 AM
«Unha volta co Darío», fermoso artigo do Xulio Valcárcel no Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños, Ideal gallego e Diario de Arousa sobre a homenaxe ao Darío Xohán Cabana na muralla de Lugo e a reedición d'A fraga amurallada🩵🌿
October 5, 2025 at 8:36 PM
Un verdadeiro agasallo o que me deu o @FiotCarballo onte á noite. Agradecido a todo o público e pola presenza e agarimo a Javier, Yolanda, a Antón Guitoi, á concelleira de Cultura Maruxa Suárez, a Suso no son, a Emi, Mariola, a Chapela e Carballo por facer do teatro, bandeira, lingua e cultura.🩵
September 27, 2025 at 8:10 PM
«Unha volta co Darío pola fraga amurallada».

Homenaxe ao Darío Xohán Cabana polo adarve da Muralla este venres 26 ás 19 h.
Encontrámonos na Praza do Ferrol/Porta Falsa e partimos. Acompañádenos pra celebrar a reedición d'A fraga amurallada. ♥️🩵💜
September 24, 2025 at 12:28 PM
O 22 de agosto pasado escribín isto. Tituleino «Imaxinar o inimaxinábel». Pois iso.
axendacultural.aelg.gal/2025/08/22/i...
September 19, 2025 at 11:13 PM
✊✊✊✊🍉🍉🍉🍉🍉🍉🍉
September 7, 2025 at 4:08 PM
Comedores de patacas. Co Carlos Blanco, o Quico Cadaval e a Ánxeles Goás. Exordium, narratio, peroratio. Camaríns do Auditorio en Lugo, gala en favor de ASFEGA.
Final de función con Laura LaMontagne, presentados por Tino Barros e Juan Meniño. setembro 2025. Imos ao outono 🌿
September 7, 2025 at 8:22 AM
Baixo o modesto e ponderado título de «Humoristas de talla mundial», este sábado 7 ás 19 h. no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, gala benéfica de música e humor a favor de ASFEGA (Asociación de Enfermidades Metábólicas Hereditarias de Galicia). Entradas en kadelica.com/evento/outros/…
September 1, 2025 at 5:15 PM
O sábado 6 de setembro ás 19 h. no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, gala de ASFEGA (Asociación de Enfermidades Metabólicas Hereditarias de Galicia), noite de humor, música e rencontros baixo un modesto título. Entradas 👇 kadelica.com/evento/outros/…

*imaxes de Aigi Boga e Uxío Novo
August 28, 2025 at 4:19 PM
«Libros que son máis que xoias», unha espléndida reportaxe de Ana Luísa Bouza e fotos de @xurxolobato.bsky.social na Revista @luzes.gal
#Luzes142
Xornalismo de vangarda tamén para o verán.
August 22, 2025 at 7:34 PM
A Maruxaina en San Cibrao pon o seu grao de area e condena o xenocidio de Palestina.
August 9, 2025 at 9:52 AM
Este venres ¡8! de agosto ás 19 h. estarei na Feira do Libro da Coruña con Antonio M. Fraga nas «Conversas Premios Follas Novas» para falar sobre a súa obra «Como escorrentar un lobo» e sobre «Cartas na escuridade».
Sería xenial vérmonos!

📅 Venres 8 de agosto
🕖 19:00 h | Carpa 2
August 6, 2025 at 7:47 AM
Hoxe sentín que o destino me enviaba unha sinal.
August 1, 2025 at 10:23 PM
Lois Pereiro, observador da verdade inmutábel do mundo, continúa intacto e revelador, no lado correcto da Historia. Grazas por tanto:
«Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia».
July 24, 2025 at 11:16 PM
«Un furioso silencio», homenaxe a Lois Pereiro, mañá xoves ás 20 h. nos #VersosNaBarraca con Antón Reixa, @sihomesi.bsky.social e Pedro Granell. Presentan Lito Pereira & The Tarracos. Organizado pola Concellería de Cultura @LugoTurismo
Agardámosvos!
July 23, 2025 at 8:16 AM
#VersosNaBarraca
«O premio era o verso», con Yolanda Castaño e Chus Pato, este xoves 17 de xullo ás 20 h. na Praza da Mosqueira, presentadas por Lito Pereira & The Tarracos.
July 15, 2025 at 7:35 PM
Chano Pozo: «Ya no se puede rumbear»
youtu.be/_SQ9-EZf3yw?si…
July 5, 2025 at 4:10 AM
«La mujer de Antonio camina así, cuando viene del mercado, camina así; cuando trae los tomates, camina así...»
July 4, 2025 at 12:10 PM