lois pardo
banner
loispardo.bsky.social
lois pardo
@loispardo.bsky.social
se nalgo faltamos, outro día sobraremos

https://loispardo.wordpress.com
A evolución urbana da cidade tamén pode apreciarse na #Ponte, con cambios para mellor e outros non tanto. En 1987, a igrexa das Caldas aínda non quedara engulida polos edificios que a rodean. #Ourense
November 14, 2025 at 12:02 PM
Faise moi doado empatizar co Fernando Dacosta, a través do seu libro, onde nos fai sentir como pastores sardos na procura de efémeros destinos. "Aprendemos. A meta é o seguinte paso. Aprendemos se escoitamos. Se aceptamos. Aprendemos se loitamos. Se nos rebelamos. Aprender é respirar."
November 12, 2025 at 2:54 PM
Pois xa non lembraba aquela pequena illa de tránsito que había en Curros Enríquez, en #Ourense, xusto antes do cruce coa Av. da Habana. Debe ser sinal de que non aportaba moito
November 3, 2025 at 2:18 PM
Que fai Pablo González, de thebrickartlab.com -o primeiro Profesional Certificado de Lego para a península ibérica- con unha máscara da Pita? (ler con música de suspense) #FestaDaPita2026
October 22, 2025 at 10:30 AM
October 18, 2025 at 12:06 PM
Quen fora neno outra vez para poder descubrir umha parte do mundo desde a Biblioteca de Ourense. Desde agora, a sala infantil conta con este fantástico mural, obra do Pablo Otero. Parabéns ao Pablo, por esa beleza e parabéns á biblioteca por manter o faro cultural da cidade de Nós.
October 12, 2025 at 10:12 AM
"Non nos deixes caer na tentación significa: Axúdanos a eliminar o fascista que levamos dentro"
(Non indurci a tentazione significa: aiutaci a eliminare il fascista che sta dentro a noi!). La historia (La storia), de Elsa Morante.
October 10, 2025 at 9:09 AM
Neste 2025 fixo 50 anos da apertura da primeira tenda de Zara na Corunha. Anos máis tarde, chegaba a #Ourense, concretamente á rúa do Cardeal Quevedo.
October 5, 2025 at 5:54 PM
Restos dun xogo infantil que aspiraba a ser efémera intervención urbana... ou vai ti saber que #Ourense
August 29, 2025 at 11:12 AM
"Las fuerzas que empujaban hacia el odio eran, por su misma naturaleza vil, más vehementes y agresivas que las conciliadoras; además, se escondían tras ellas intereses económicos con menos escrúpulos que los nuestros." Zweig, para reler hoxe, máis necesario que nunca.
July 26, 2025 at 12:04 PM
Nos anos 80, a rúa do Paseo de Ourense vivía os seus últimos anos aberta ao tráfico. O primeiro tramo foi peonalizado no ano 1989 loispardo.wordpress.com/2022/08/07/m... acometendo poucos anos despois a peonalización completa da rúa, o que favoreceu o comercio e a mellora xeral de toda a vía.
July 16, 2025 at 5:01 PM
“e neses días foime difícil aceptar que a miña soidade se debía a que todas as relacións da miña vida estaban relacionadas coa miña carreira.” Cristina Pato en “Fóra de foco”
June 23, 2025 at 4:37 PM
Aínda quedan festas para conciliar coa comunidade e que sen prexuízo para a saúde auditiva (e outras). Sesión vermú en San Salvador de Búbal #Carballedo
June 22, 2025 at 6:39 PM
Tal día coma hoxe, do ano 1881, o xornal "El estudiante" recollía a crónica da chegada do primeiro tren a #Ourense, procedente de #Vigo. A estación provisoria do Ribeirinho acollía o feito histórico un 18 de xunho de 1881.
June 19, 2025 at 7:44 AM
Aos que andamos xustos de estudos, cústanos entender que obxecto ten colocar xuntas as opcións de expulsar e de borrar un disco duro externo, na última actualización de MacOS
June 17, 2025 at 8:21 AM
O 3 de abril de 1952 tivo lugar en Madrid o I Congreso Nacional de Cineclubs, baixo a presidencia do Dtor. Xeral de Cinematografía e Teatro. A partir de entón comezan a aflorar cine-clubes en todas as cidades de Espanha (as que aínda non tinhan) e a organizarse territorialmente
June 9, 2025 at 10:53 AM
Poucas persoas conhecen tan ben os ecosistemas festivos e culturais como o amigo Bienve Moya. E por iso nos agasalla con esta publicación na que deconstrúe e analiza a tradición e a modernidade no ciclo festivo: Tocats de festa. Espai de convivència. Escola de participació ciutadana.
June 8, 2025 at 1:17 PM
No ano 1956 inaugurábase un grupo de vivendas en Guizamonde que recibiría o nome de Virxe de Covadonga simplemente pola procedencia materna do Gobernador Civil e Xefe do Movemento en Ourense (a agudeza e perspicacia do rexime daba para o que daba).
June 6, 2025 at 12:20 PM
Fai hoxe 55 anos que falaba o xornal La Región da cancelación do proxecto que a Coop. S. Juan Bosco pretendía construír en Xoán XXIII coa rúa Concello. Saber se foi debido en maior parte á neglixencia, ao interese ou ao desinterese, obríganos a afondar no pasado urbanístico da cidade de #Ourense
June 4, 2025 at 7:15 PM
Tal día como hoxe, do ano 1958, conta o xornal La Región que están a piques de concluír as obras de construcción da nova igrexa do Vinteún.
Celso Montero, o Cristo de Acisclo, a toponimia... toca ir preparando un artigo sobre o tema. Deixo aqui ligazón a un artigo que fixera sobre as festas do 1983
June 1, 2025 at 1:50 PM
No ano 1962, o antigo Pazo episcopal tamén estaba en obras. Aquelas obras facilitarían a instalación do AHPO (hoxe en San Francisco), mentres que as actuais agardemos nos devolvan un símbolo renovado de identidade, amais dun espazo moi necesario numha cidade que leva demasiado tempo sen cultura.
May 30, 2025 at 1:53 PM
No programa das festas de #Ourense de 1965 atopamos ao Cine-club Miño proxectando tres películóns: a curta "La rivière du hibou", "Cleo de 5 a 7" e a primeira peli de Passolini, "Accattone".
Hoxe, o do cinema nas festas soa tan vintage para algúns...
May 28, 2025 at 4:08 PM
"Onde vai o teu rego, onde vai
Que eu teño sede e non o podo atopar"

Boa viaxe de retorno á Fonte do Aranho
May 26, 2025 at 2:29 PM
Tal día coma hoxe, do ano 1907, recollía "El Correo Gallego" algúns dos preparativos para as festas do Corpues en Ourense. Entre eles, a contratación de Xan Míguez (o Ventosela), os Trintas de Trives e os gaiteiros de Mende e Seixalbo
May 25, 2025 at 8:42 AM
Estase ponhendo un tempo estupendo para perdernos pola Serra de San Mamede e gozar do contacto coa natureza, coa etnografía, coa Historia… e coas historias. Non esquecer levar “Onde nacen as bestas”, o último libro do Pedro Feijoo para ler á sombra dumha carvalla na Edreira
May 24, 2025 at 12:33 PM