la-raspa.bsky.social
@la-raspa.bsky.social
Reposted
Parabéns á nosa compañeira Concha Sánchez, recoñecida co Premio ás Boas Prácticas Cidadás pola súa longa traxectoria no activismo en ONGs e asociacións veciñais ❤️

Estaremos hoxe xoves 18 no salón de actos da ONCE ás 18:45 h para acompañala a ela e ás outras persoas premiadas polo seu activismo
As Boas Prácticas 2025 ao escenario :-) < Proxecto Máscaras | Cine
Proxecto Máscaras | Cine < Actos e Xornadas
www.proxectomascaras.com
September 18, 2025 at 12:42 PM
Reposted
Dez anos atrás, a xente impulsaba co seu voto que unha Marea Atlántica chegase a gobernar, con Xulio Ferreiro á fronte.

O cambio amosou outra forma de facer política que non foi perfecta, pero que defendeu o común e a radicalidade democrática.

Seguimos, e seguiremos, adiante 🌊
May 24, 2025 at 3:53 PM
Reposted
As políticas da Xunta non fan máis que empeorar a sanidade pública. Queremos unha sanidade pública forte, sen precariedade nin listas de espera imposibles, capaz de enfrontar eficazmente futuras emerxencias graves como novas pandemias

Domingo 6 de abril, ás 12:00 na Alameda de Compostela
April 3, 2025 at 11:02 AM
Reposted
A vivenda converteuse no primeiro problema da cidadanía. E non van facer por amañalo se non empurramos para que iso suceda.

Este sábado 5 de abril, manifestación estatal pola vivenda.

Na Coruña, ás 12:00 na Praza de Ourense.

#imposiblealugar
#manifestacion
#vivenda
#dereitoávivenda
April 2, 2025 at 6:02 PM
Reposted
🚍 Xa podes participar no deseño da nova rede de autobuses da Coruña a través dun proceso participativo que chegará a todos os barrios

🗓️ Envía as túas propostas ou participa nos Encontros de Barrio programados

ℹ️ Consulta toda a información en coruna.gal/participabus
March 20, 2025 at 9:28 AM