Komorevi
banner
komorevi.bsky.social
Komorevi
@komorevi.bsky.social
Eva Agra | she/her/ela
ENG | GAL | ES

🌿 Illustration | Murals ✨
💜 I stream on Twitch
📍Galicia (Spain)

https://linktr.ee/komorevi | komorevi.art@gmail.com
Non prometo continuar co reto, pero polo menos esta ilustración desfruteina moito 💜

#cursedrelics #Komorevi #moonlightscythe #necromancer #jester #agpi #octoberchallemge #illustrationchallenge
October 6, 2025 at 10:00 AM
Este ano decidín non atarme a ningún reto de outubro porque a cabeciña non me dá para máis, peeeero… hai un reto que me gustou especialmente e non me puiden resistir, o #CursedRelics2025 de @albabbgg.bsky.social g 🌿✨

Así que ésta é a miña contribución ao prompt ‘Moonlight Scythe’ 🌙💀
October 6, 2025 at 10:00 AM
Alá foi setembro! 🍂✨

Para min sempre foi un mes de vertixe e contradicións. Comeza o outono e o único que quero é estar en casa cunha mantiña, as miñas gatas e ler, debuxar, ver series e pelis... Pero tamén comeza o curso, o traballo volve agromar e voltamos ao ritmo frenético. 👇
September 30, 2025 at 8:14 AM
📍Onde? @centroxove Rúa Proxecto Vagalume, 2

📩 Máis info e inscricións en info@centroxove.com

Non o penses máis, que as prazas voan!
September 18, 2025 at 8:07 AM
✏️ Curso de Cómic e Deseño de Personaxes | Todos os martes de outubro a xuño | 13.00h a 14.00h
🎵 Curso de Deseño Gráfico para Proxectos Musicais | Todos os xoves de outubro a xuño | 13.00h a 14.00h
🎨 Clube de Upcycling Téxtil terceiro xoves do mes | 19.00h a 20.30h
September 18, 2025 at 8:07 AM
En outubro as paxaras volvemos coas pilas cargadas! ⚡

Ollo ao que vos traemos 👇👀
September 18, 2025 at 8:07 AM
E ademais desfrutei da compañía das miñas amigas, que facía moito que non vía e aproveitei para sacar do armario un dos meus vestidos lolita favoritos, que facía mil que non me poñía 🦇
September 17, 2025 at 4:23 PM
Flipei co talento dxs artistas que tamén estaban a vender as súas cousiñas 😍 Quería mercar todo!
September 17, 2025 at 4:23 PM
Esta finde estiven na #LérezUp vendendo as miñas movidas ilustradas. Era a primeira vez que ía ao evento e sorprendeume moi gratamente 🌿✨ A organización foi 10/10 e a xente que parou no meu posto foi riquiñísima 💜
September 17, 2025 at 4:23 PM
Se mercas algunha delas, entrarás no sorteo das ilustracións orixinais feitas en acuarela!

Ademais, durante este mes tamén podes doar comida para michis e canciños do refuxio 💜

📍 Maravalla: Rúa das Orfas 24, Compostela.
September 16, 2025 at 10:04 AM
Con elas, recadaremos cartos para o Refuxio de Bando 🐈 🐕‍🦺 e os seus peludiños no marco do proxecto #12comercios12sensibilidades do Concello de Santiago.
September 16, 2025 at 10:04 AM
Setembro é un mes especial ✨

A miña compañeira de crimes, Festa, e máis eu (colectivo As Paxaras) colaboramos coa tenda de cosmética natural Maravalla, que nos propuxo realizar dúas ilustracións para vender as láminas.
September 16, 2025 at 10:04 AM
Hai ilustracións orixinais e reproducións enmarcadas moi especiais ✨
September 15, 2025 at 9:39 AM
Acumúlasenme as boas novas! 🥰

Ata o próximo domingo 21 podedes visitar a tenda Creativas Galegas (Caldeirería 36, Compostela) e botarlle un ollo ás pezas que teño na súa sala expositiva 💜
September 15, 2025 at 9:39 AM
Xa están aquí as recompensas de agosto! Coa calor que pasamos, apetece unha 🍉non si?

Por 1€ (menos do que custa un ☕️) descárgate esta ilustración en alta resolución para despedir os últimos días de verán.
August 31, 2025 at 9:26 AM
August 8, 2025 at 9:28 AM
Feliz Día Internacional dos Gatos 🐈🐈‍⬛✨.

Adopta, non merques! 🙏🏻🌿✨

#happyinternationalcatday🐱 #felizdiadelosgatos #agpi #cats #catillustration #gatos #michis #komorevi
August 8, 2025 at 9:28 AM
Ela é unha das moitas personaxes que agromaron na miña imaxinación desde hai meses e que forman parte dunha historia que estou a escribir nos meus ratos libres

Quen sabe se nalgún momento isto tomará forma ou só quedarán en pequenos trazos que esmorecen nos feeds de centos de persoas
July 31, 2025 at 5:58 PM
🌿✨🌊 Aruna 🌊✨🌿

A pesar das limitacións da súa discapacidade visual, Aruna posúe unha intuición case sobrenatural, o que lle permite seguir tocando música ou danzando 🎶
July 31, 2025 at 5:58 PM
Para min, o verán significa bo tempo, pero tamén música ao vivo! 🎵

Esa é a motivación que hai detrás desta ilustración, a cal pertence ao meu calendario 2025.

Báixate a versión en alta calidade, ademais desta pegatina para Whatsapp e Telegram tan chusquiña por tan só 1€ 🌺
July 29, 2025 at 10:53 AM
✨🌿Novidade🌿✨

Crebacabezas ilustrado 🧩

Estas pezas de papel pregado foron moi populares na era victoriana, durante o século XIX, para enviar cartas de amor con mensaxes e ilustracións agochadas no seu interior.

Estes dous modelos estarán á venda na feira de arte e artesanía do Festigal mañá 🩵❤️🩵
July 24, 2025 at 7:44 AM
Paxaradas que debuxo no tempo libre 💜🐦🌿✨
July 17, 2025 at 11:08 AM
Amar libremente, sexa a quen sexa, non é un crime.

E como canta AURORA ‘Non necesito unha cura’

Non a queremos.

Feliz e combativo Orgullo ❤️‍🩹

#Pride2025 #DíadoOrgullo2025 #bisexual #pansexual #idon’tneedacureforme
June 28, 2025 at 8:35 AM
Non esquezades apañalas herbas de San Xoán, prender candeas e saltar a cacharela (ou as olas) 9 veces! E sobretodo, celebrar coa xente que queredes e que vos quere 💜

Apertiñas mil 🫂
June 23, 2025 at 7:17 AM
💫 🔥 NOITE MEIGA 🔥 💫

Aproveito este encargo recente dun retrato para agasallar para felicitarvos o Solsticio de Verán, San Xoán, Litha...
June 23, 2025 at 7:17 AM