Ana García
banner
kefalay.bsky.social
Ana García
@kefalay.bsky.social
Xuntaletras con paixón polo pasado e a fotografía, que segue os xornais como se fosen novelas de misterio (ou terror). Agora tamén fuxindo da IA!
Este ano colaborei de novo co fanzine que edita no verán a boa xente de Edicións Baixo Terra. Fixen unha historia curta lembrando cando me invitaron ás festas de Becerreá hai unha chea de tempo pero que índa lembro con agarimo 💗

#andrómenasdebuxadas #fanzines #engalego
#cómic #bandadeseñada
September 23, 2025 at 3:42 PM
Probando cómo vai este corpiño pocho #bosquexos
September 6, 2025 at 11:53 AM
Kiss kiss!

#bosquexos
May 15, 2025 at 10:12 PM
🌟 O Camiño 🌟

Sempre lle dixeran que non fixera caso das criaturas do mar, pois viven de afundir barcos e homes. Pero no medio daquela escuridade, por onde seguir sen un guía?

#andrómenasdebuxadas #engalego #ilustración #illustration #bosquexos
April 17, 2025 at 4:14 PM
🌟 Crueis Intencións 🌟

Dalgunha forma a copa que levaba a filla do marqués acabara no seu vestido. A punzada no peito púxoa furiosa -e peor aínda, con gana de chorar!-, pero sorríu como unha boneca e saíu da sala. Na escuridade comezou a maquiná-la súa vinganza.
#andrómenasdebuxadas #ilustración
February 13, 2025 at 6:42 PM
🌟 GATOS 🌟

O outro día estiven a gardá-la nova incorporación dos veciños un par de horas. E resulta que teño que deixar ir o meu soño de sé-la señora tola dos gatos!

#bosquexos #engalego #cómic #bandadeseñada #alerxias #ilustración
February 7, 2025 at 6:23 PM
Canto máis cutre e brilli brilli o bolígrafo, millor! 💖💖

#bosquexos #engalego
February 4, 2025 at 6:18 PM
❇️ INDIANO ❇️

As faladurías inventan moito, pero aquel recén chegado tiña a mala sorte do seu lado: todo o que dicían del era certo. Marchara décadas atrás mais os habitantes das aldeas do norte nunca esquecen.

#andrómenasdebuxadas #bosquexos #engalego #ilustración
January 28, 2025 at 6:27 PM
Agora que xa decidín pechá-la conta no Outro Lado, só subirei o que vou facendo aquí e en Insta, pero cada vez vexo máis posible a volta dos blogs e das páxinas persoais onde non estemos sometidos á vontade duns millonarios aburridos. En fin, teremos que seguir buscando espazos!

#bosquexos
January 22, 2025 at 12:09 PM
A Rá

Os seus irmáns dixéranlle que para atopar unha princesa só tiña que baixar ao regato do final do xardín. A rá comezara a falar da súa familia, de que non tiña tempo para bromas de nenos e que as princesas non andaban con estas lerias. Non soubo qué responder.

#andrómenasdebuxadas #bosquexos
January 8, 2025 at 6:06 PM
A ver se podemos facer historias novas para o 2025!

#andrómenasdebuxadas #bosquexos #bandadeseñada #engalego
December 30, 2024 at 5:16 PM
Agardo que teñades unhas Boas Festas!!

(Déixovos coa postal que fixen para este ano)💗

#andrómenasdebuxadas #bonadal #engalego
December 23, 2024 at 7:01 PM
◇ O pequeno Lord non ten medo. Nin de cómo o miran cando tapa o brazo tolleito, nin de cómo falan del as súas costas con mágoa. Ten o corazón duro e poucas esperanzas. ◇

Foron uns meses duros pero aquí seguimos a contar historias!

#andrómenasdebuxadas #bosquexos #ilustración #engalego
December 18, 2024 at 5:01 PM
Bosquexos entre o cansancio
December 4, 2024 at 11:03 AM
"As Fillas da Raíña Morgana" foi un fanzine que rematei ás présas en 2019 (coa colaboración do Sindicato del Cómic) pero que me axudou a chegar a un montón de xente nova!

E aínda sigo moi contenta por como quedou a portada XD
November 20, 2024 at 3:18 PM
No 2018 animeime a facer un cómic para o Inktober que nunca tiven tempo de poñer en versión fanzine, pero que sempre me gustou moito! >>>>> "Unha noite de Outubro"
November 15, 2024 at 3:08 PM
Na libreta de hoxe mentres penso en mil escenarios que non van pasar.

#ilustración #bosquexo
October 26, 2024 at 7:49 PM
Tamén comecei un blog, andromenasdebuxadas.tumblr.com onde fun poñendo pequenas historias ilustradas para seguir mellorando pouco a pouco. E por fin no 2017 animeime a facer un recompilatorio e publicar o meu primeiro fanzine!

#bandadeseñada #fanzines #cómic #BD #ilustración
October 25, 2024 at 2:43 PM
E seguindo co repaso, no 2016 decidín enfocarme máis nas historias curtas e ler moito do que se estaba a facer na BD e ilustración do momento. De entón é esta páxina de "Unha noite de lobos" 🐺
#fanzine #bd #bandadeseñada #comic #bosquexos
October 21, 2024 at 1:27 PM
Comezamos coa dieta atlántica! 💖💖
#outono
October 20, 2024 at 1:30 PM
No 2015 foi o meu primeiro intento de facer un cómic.
Resultado?: Un fail, obviamente XD

Naquel momento non tiña as ferramentas e a experiencia como para facer algo longo!
#bosquexos #bandadeseñada #fanzines
October 19, 2024 at 7:32 PM
Pensei en facer un pequeno repaso destes anos e como foi mudando o meu estilo! Ao principio non tiña moita seguridade no que estaba a facer así que debuxaba un pouco tódolos días e compartía moi pouco do que facía.
#bosquexos #fanzines #bandadeseñada
October 19, 2024 at 7:14 PM
Procrastinando
October 18, 2024 at 6:54 PM
Inaugurando novo espazo para compartir cousas!🔥
October 17, 2024 at 3:37 PM