Jorge Seijo
banner
jseijo.bsky.social
Jorge Seijo
@jseijo.bsky.social
O veto político por parte da socialdemocracia non nos vai deter. Vémonos este sábado en Conxo 🚩
February 5, 2025 at 2:08 PM
E isto a moitas nos custou entendelo, pero é a forma na que algún día o proletariado deixe de ser un xoguete en mans dos diferentes partidos da burguesía.
November 29, 2024 at 8:07 AM
Ante todo, se unha opción política aspira a emancipar á clase obreira esta debe aspirar a formar un partido independente, non unha corrente de opinión dun partido burgués que sempre illará e imposibilitará que esta opción sexa a hexemónica dentro del.
November 29, 2024 at 8:07 AM
O cal abre a necesidade de que estas forzas dependan de negociar e rebaixar a súa radicalidade política, neste senso a relación das organizacións soberanistas do estado español co PSOE é un exemplo perfecto.
November 29, 2024 at 8:07 AM
Tamén vai enlazado á escala na que operan estas organizacións, ao restrinxirse ao ambito nacional o teito na que estas poden presentar unha forza social perante un estado ou perante as escalas supraeestatais nas que a burguesia se organiza e por definición de debilidade.
November 29, 2024 at 8:07 AM
Entender que estes xiros responden a vontades individuais de certas direccións é unha verdade a medias que nos impide ver as causas fundamentais dese fenómeno, e por suposto deixalas intactas.
November 29, 2024 at 8:07 AM