IPsiUS
banner
ipsius.bsky.social
IPsiUS
@ipsius.bsky.social
Esta semana, o noso compañeiro Marcos Dono impartiu un interesante seminario sobre Registered Reports!

Unha gran oportunidade para aprender e seguir compartindo coñecemento.
November 21, 2025 at 4:28 PM
✨ Este luns no IPsiUS celebramos unha xornada de encontro entre doutorandas, posdoutorais, a Área de Promoción do Talento e a dirección. O obxectivo: compartir inquedanzas, actualizar información clave sobre o instituto e reforzar vínculos nun espazo aberto, distendido e colaborativo 💫
November 19, 2025 at 11:05 AM
🎉 Tempos de celebración no IPsiUS! Hoxe sumamos unha nova alegría coa defensa de Santiago Galdo Álvarez 👏 O tribunal estivo composto por Estrella Romero e Fernando Cadaveira (USC), Jorge Arias (U. de Oviedo) e Esperanza González (U. de València). Parabéns, Santiago, polo teu esforzo e compromiso 💫
November 14, 2025 at 11:20 AM
📚✨ No IPsiUS seguimos aprendendo e abrindo camiños! Onte celebramos unha sesión sobre estadías de investigación para persoal do Instituto. Participaron Isabel Esteves (Iacobus), Alba Cachafeiro (ERASMUS-USC) e Sara Abad e Victoria Ruiz (Fulbright). 💫
November 13, 2025 at 9:28 AM
🎉 Nova celebración no IPSIUS! Parabéns a Montserrat Corral Varela, nova catedrática 👩‍🏫✨. Nas últimas semanas celebramos varios logros das nosas compañeiras e compañeiros, e este súmase a esa xeira de boas novas. Grazas, Montse, polo teu exemplo e compromiso. Seguimos celebrando o que está por vir! 💫
November 12, 2025 at 2:32 PM
🎉 O IPsiUS volve estar de noraboa! A nosa compañeira Montse Zurrón foi nomeada catedrática, un merecido recoñecemento á súa traxectoria, compromiso e paixón pola psicoloxía. 💫 O tribunal estivo formado por F. Cadaveira, Mª T. Carrillo, A. Salvador, J. M. Serrano e L. Carretié. Parabéns, Montse! 👏💐
November 10, 2025 at 3:20 PM
✨ Onte celebrouse unha nova sesión de Ciencia Mensual IPsiUS. 🧠 Alba Felpete López e Teodora Figueiredo, presentaron a charla “Mellora da aceptación e adhesión ás tecnoloxías de saúde dixital”. 💬 Un debate cheo de reflexións sobre os retos da saúde dixital. Grazas a todas! 💙
November 7, 2025 at 1:26 PM
É unha alegría anunciar que o noso compañeiro Arturo Xosé Pereiro Rozas foi elixido decano da Facultade de Psicoloxía da USC. Dende o IPsiUS felicitámolo sinceramente e desexámoslle moitos éxitos nesta nova etapa, que sen dúbida continuará fortalecendo o noso ámbito académico. Foto: Santi Alvite.
November 4, 2025 at 12:10 PM
A nosa directora do IPsiUS, Isabel Fraga (@isabelfragacarou.bsky.social), é editora convidada, xunto con Pilar Ferré e José A. Hinojosa, dun número especial da revista Cognition and Emotion sobre a relación entre emoción e linguaxe 🧠💬
November 3, 2025 at 7:27 AM
📢 O ciclo Ciencia Mensual IPsiUS continúa cunha charla sobre como mellorar a aceptación e adhesión ás tecnoloxías de saúde dixital.

👩‍🔬 Con Alba Felpete López (USC) e Teodora Figueiredo (U. do Porto).

🗓 Xoves 6 nov, 16:00 | 📍 Sala de Xuntas, Psicoloxía (USC)

Aberta á comunidade universitaria! 💬
October 30, 2025 at 11:59 AM
O luns celebráronse no IPsiUS as Xornadas Predoutorais 2025 🎓

Este ano as gañadoras de cada categoría foron 🏆 Carmen Sánchez Vázquez e María Ramos Carro, parabéns!

Grazas ao tribunal polo seu bo facer e a todas as persoas que fixestes posible esta edición 💙

#IPsiUS #Investigación #CienciaGalega
October 29, 2025 at 9:18 AM
A semana pasada recibimos a visita da Comisión Asesora Externa do IPsiUS 🧠✨

Un encontro para compartir ideas e propostas de mellora co equipo e a dirección.

As súas achegas axudarannos a seguir medrando e fortalecendo o noso labor investigador 💪

Grazas pola vosa implicación e compromiso! 🙌
October 28, 2025 at 11:08 AM
🎉 Parabéns a Arturo Xosé Pereiro, que vén de acadar a súa praza de catedrático! Un logro que recoñece unha traxectoria docente e investigadora exemplar.
O tribunal: M. Pérez, M. Novo (USC), Mª del C. Requena (León), Mª P. González (Oviedo) e J. C. Meléndez (València). 👏
October 24, 2025 at 10:45 AM
🎉 O Instituto de Psicoloxía da USC participou no 7th International Congress – 52ª Jornadas Socidrogalcohol en Ourense. A nosa compañeira Narmeen Mallah recibiu o premio á mellor comunicación oral, e Raquel Paramio presentou outro traballo de gran interese. Parabéns polo esforzo e compromiso! 🔬💙
October 23, 2025 at 12:05 PM
A investigadora do IPsiUS Tamara Fernández-Cores participou no XI Congreso de Migracións en Murcia (15–17 out.), baixo o lema “Mobilidade e arraigos nun mundo en disputa”, onde presentou “O papel dos partidos anti-inmigración na integración emocional das persoas migrantes”. #Migracións #IPsiUS
October 20, 2025 at 12:57 PM
🎉 Parabéns ao Dr. Santiago Galdo, investigador do IPsiUS e membro de Neucoga-Aging, polo seu nomeamento como presidente da SEPNECA. O anuncio fíxose no XIV Congreso celebrado en Baeza, onde participaron varias investigadoras do IPsiUS. 👏🧠

#IPsiUS #SEPNECA #Neurociencia #Investigación
October 13, 2025 at 9:10 AM
O IPsiUS tivo unha gran representación no XIV Congreso da SEPNECA en Baeza! O equipo presentou traballos sobre Alzheimer, estimulación eléctrica transcranial, reserva cognitiva e sensibilización á dor. Orgullos@s de contribuír ao avance da neurociencia! 💡 #IPsiUS #SEPNECA2025
October 10, 2025 at 11:19 AM
A nosa compañeira Ana López Durán, investigadora do IPsiUS, participou onte como coordinadora do Servizo de Atención Psicolóxica ao estudantado da USC na xornada Saúde mental e mocidade. 🧠 Na súa intervención destacou a importancia de coidar o benestar do estudantado universitario. 💚
October 9, 2025 at 8:27 AM
A investigadora saínte do IPsiUS, Lorena Maneiro, gañadora dunha axuda Marie Curie, foi entrevistada por La Voz de Galicia sobre o seu proxecto Medra 🌱. Desde o IPsiUS desexámoslle moita sorte nesta nova etapa en Lisboa! ✨
October 8, 2025 at 9:41 AM
✨ Pechamos a semana da mellor maneira ✨
Hoxe contamos con Lucía Vicente Holgado, da Universidad de La Rioja, que nos ofreceu unha inspiradora charla sobre IA, decisións, sesgos e aprendizaxe. Grazas, Lucía, por compartir coñecemento e abrir novas perspectivas!
October 3, 2025 at 9:44 AM
Buscamos persoas voluntarias para participar nos nosos estudos.

Pregamos difusión!
October 2, 2025 at 9:14 AM
Ana Isabel Fernandes e Isabel Padrón, investigadoras do IPsiUS, asistiron ás XIV Xornadas da AIIDI en Madrid. Presentaron o póster «¿Son inmune ás emocións?», onde mostraron que as diferenzas no rasgo Responsabilidade poden influír na interacción entre gramática e emocións.
October 1, 2025 at 1:33 PM
📚 Hoxe tivemos formación sobre principios DORA e COARA e redacción curricular.

Grazas ás nosas compañeiras da Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación, María Quiroga e Lucía Cabezal, e tamén a Carmela Martínez e Marcos Dono, por guiarnos nunha sesión tan práctica e participativa! 🙌
September 30, 2025 at 9:56 AM
O investigador predoutoral Jorge Vacas García estivo a participar a semana pasada en Berlín na 16th European Society for Prevention Research (EUSPR) Conference and Members' Meeting presentando resultados sobre a prevención da recaída no consumo de tabaco.
September 29, 2025 at 1:53 PM
Esta semana tivemos a sorte de contar cunha formación moi especial! O noso coordinador da Unidade de Investigación, Marcos Dono, guiounos nunha sesión práctica sobre o software estatístico Jamovi, unha ferramenta fundamental para a análise de datos en investigación💡🔬
September 26, 2025 at 11:39 AM