ilingua-uvigo
banner
ilingua-uvigo.bsky.social
ilingua-uvigo
@ilingua-uvigo.bsky.social
iLingua é un instituto de investigación da Universidade de Vigo, que reúne persoal investigador con intereses comúns en áreas de lingua e lingüística.
Interesante artigo da nosa membro do iLingua, Ana María Iglesias Álvarez, xunto a Álvarez Mosquera, P. e Marín Gutiérrez, A.: "Explorando actitudes lingüísticas implícitas e explícitas: O caso galego" en  Estudos de Lingüística Galega, 16.  Noraboa!

doi.org/10.15304/elg...
November 26, 2025 at 6:45 PM
Carmen Cabeza Pereiro, xunto con Beatriz Longa Alonso, veñen de publicar o capítulo "Vulnerability and Vindication: A Look at the Rights of Deaf Women from the Spanish Confederation of the Deaf" en "Gender and Linguistic Rights" (Del-Pozo-Triviño e Bulut)

www.comares.com/libro/gender...
November 25, 2025 at 7:02 PM
Moitas grazas a tódalas persoas que participaron na CIIL25! Foi estupendo compartir inquedanzas e aprender tanto das investigacións que se están a facer no ámbito das linguas. Vémonos na CIIL26!
November 24, 2025 at 6:30 PM
Xa dispoñibles en tv.uvigo.es/series/679a6... novas entregas da serie "Talking about languages" nas que a nosa compañeira, Rosa Alonso, entrevista a Marta Antón, Scott Jarvis, Luke Plonsky, Dan Slobin e Panos Athanasopoulos.
November 21, 2025 at 6:30 PM
Como parte dos actos entorno ao 25N, Maribel Del Pozo Triviño foi invitada pola Subdelegación do Goberno de Soria a impartir un seminario sobre a interpretación na atención ás migrantes vítimas de violencia de xénero.

sorianoticias.com/noticia/2025...

www.instagram.com/p/DQlxvZRjQG...
November 20, 2025 at 6:45 PM
Vémonos mañá ás 9:00 na CIIL cunha chea de comunicacións, pósteres e as conferencias plenarias de José Ramón Clavo-Ferrer (Univ. Alacant) e Carmen Varo Varo (Univ. Cádiz).
November 19, 2025 at 7:24 PM
Rosa Alonso, xunto con Michelle Feist, Steve Clancy e Jan Leite, participou no ICLC17 International Cognitive Linguistics Conference, en Arxentina, coas comunicacións "Following path and manner beyond lexicalisation patterns" e ”Slow horses”. Parabéns!
November 18, 2025 at 6:45 PM
A pasada semana, o alumnado da FFT tivo a oportunidade de entrevistar a Roukiata Ouedraogo, @RoukiataO, con Carla Figueiras Catoira como moderadora.
November 17, 2025 at 6:45 PM
En menos dunha semana imos desfrutar dun programa cheo de cousas interesantes. Bótalle unha ollada na web ciil25.webs.uvigo.es/programa/ . Vémonos o xoves en Redeiras!
November 14, 2025 at 8:01 PM
"¿Vas a ir hablando así por la calle? Reflexiones sobre el avergonzamiento lingüístico", artigo resultado das investigacións do proxecto ESTIGMA, da man da nosa secretaria, María Méndez Santos, publicado no blog do centro MIRCo da UAM.
mircouam.com/archivos/8786
November 14, 2025 at 7:01 PM
Publicado “Lenguaje no binario y lenguas minorizadas en el Estado español. Perspectivas del catalán y el gallego”, de Carla Míguez Bóveda en coautoría con Irene Vílchez, no monográfico "El paisaje lingüístico en Europa: diversidad lingüística e ideologías"
doi.org/10.12797/SI....
November 13, 2025 at 7:30 PM
A pasada semana presentouse a monografía "Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística", cun capítulo da nosa compañeira Ana Iglesias Álvarez, “As escollas lingüísticas dos falantes: distintos niveis de consciencia”.

consellodacultura.gal/publicacion.....
November 12, 2025 at 6:30 PM
A nosa compañeira, Rosa Alonso, participou no Workshop on Informal Second Language Learning, en Santiago de Compostela, coa súa intervención "Beyond the classroom: the impact of informal English on adolescents writing"
November 11, 2025 at 6:31 PM
O Dr. Carlos Lindade Rodrigues (Universidade do Porto) impartiu o obradoiro, organizado por IDAES coa colaboración do iLingua, “Beyond the Hype: Using AI Tools Critically and Creatively in Higher Education”, centrado no uso práctico, crítico e creativo da IA no ámbito académico.
November 10, 2025 at 7:02 PM
Xabier Irastorza, alumno do Máster en Lingüística Aplicada (MILA) 24-25, resultou gañador do Premio Adam Kilgarrif ao mellor traballo fin de máster, concedido polo Instituto Universitario de Investigación de Tecnologías Lingüísticas Multilingües (IUITLM) de la Universidad de Málaga. Parabéns!
November 7, 2025 at 6:30 PM
Vémonos en dúas semanas!
November 7, 2025 at 8:47 AM
Ana Iglesias Pérez, membro do iLingua, participou no IV Congreso Internacional Traducción y Discurso Turístico en la Universidad de Córdoba, coa súa comunicación "Comunicación multilingüe en el Museo do viño de Galicia: un análisis a partir de una entrevista semiestructurada"
November 6, 2025 at 6:45 PM
Rosa Alonso ven de publicar, xunto a Molés-Cases, T., o artigo "Audio description across languages: motion and streaming services" na revista Perspectives. Parabéns!

doi.org/10.1080/0907...
November 5, 2025 at 7:02 PM
A pasada semana, a nosa secretaria, María Méndez Santos, participou coa plenaria "From Words to Understanding: Linguistic Pathways to Cross-Cultural Communication" no simposio internacional "Intercultural Dialogue and Science Diplomacy: Building Cooperation in a Changing World" en Riga.
November 4, 2025 at 7:13 PM
A II Xornada de linguas, tradución e cousas xurídicas resultou moi proveitosa grazas ás presentacións de Anush Sukiasyan (International Plain Language Federation), Marta García Mosquera (UVigo), Silvia Martínez (maxistrada de enlace de España en Francia) e Beatriz Fariñas (presidenta da @agpti.org)
November 3, 2025 at 7:01 PM
Nós vamos á CIIL os próximos 20 e 21 de novembro, e ti? Comparte a túa participación no evento. Vémonos en Redeiras!
November 3, 2025 at 6:30 PM
Xa dispoñible o novo número (23) da revista "Anuario de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil", editado por Lourdes Lorenzo García con Beatriz Rodríguez Rodríguez como secretaria.
revistas.uvigo.es/index.php/AI...
October 31, 2025 at 6:15 PM
Ana María Iglesias Álvarez participou, como secretaria do CDSG, na inauguración e na clausura dos XXVII Encontros pola normalización lingüística, ademáis de participar na primeira mesa. Esta edición estivo dedicada á análise dos Equipos e Servizos de Normalización Lingüística.
October 30, 2025 at 7:03 PM
O proxecto "Gbook 3 European Teens as Readers and Creators in Gender-positive Narratives" ven de comezar as súas actividades co alumnado dos institutos. Neste proxecto participan 11 países e España está representada por membros do iLingua.
October 29, 2025 at 7:15 PM
A pasada semana, Xoán Montero Domínguez presentou a súa comunicación "Representación de las intérpretes de lenguas en el cine del siglo XXI" no I Congreso Internacional en Ética y Traducción que tivo lugar na Universidade Complutense de Madrid.
October 28, 2025 at 5:31 PM