IdeafixVasili
ideafixvasili.bsky.social
IdeafixVasili
@ideafixvasili.bsky.social
Reposted by IdeafixVasili
Sabías que os protagonistas do #Entroido de Verín son os cigarróns? Levan a cara tapada por unha carauta e unha mitra na que se pintan motivos animais ou da natureza. Camiña choutando e batendo coa zamarra a quen se cruza no seu camiño, enchendo rúas e prazas ao son dos chocallos
February 11, 2026 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Sabías que o #Entroido galego mais elegante ten lugar en #Cobres. Madamas e Galáns son os protagonistas característicos deste Entroido, xa coñecido no século XVIII, que remite a un mundo galante e cortesán onde a posición social de cada personaxe está ben diferenciada. #Boanoite
February 17, 2026 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Un ano máis como vimos facendo ao chegar o #Entroido, toca ver cal é o doce que máis vos gusta. Coma sempre, poñemos dous dos mais populares pero hai moito onde escoller 😋. Que preferides? Filloas ou orellas? As dúas? Comentádenos. Podedes achegar outros que prefirades #Galicia
February 10, 2026 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Sabías que o #futbolín inventouno o galego Alexandre de Fisterra. En 1936 quedou sepultado nun dos bombardeos fascistas. No hospital coñeceu moitos nenos incapaces de xogar ao fútbol, e pensou no futbolín inspirándose no tenis de mesa. Morría tal día coma hoxe do ano 2007.#Galicia🧵
February 9, 2026 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Sabías que O Oso de Salcedo é unha máscara característica da parroquia de Salcedo, na Pobra do Brollón (#Lugo). Celebra o comezo da primavera e simboliza o momento no que o oso sae da súa oseira trala hibernación. Simboliza o comezo do ciclo agrícola. #Galicia #Entroido
February 5, 2026 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Sabías que a festa da árbore máis antiga de Europa foi en #Mondoñedo (#Lugo). Celebrouse o 4 de febreiro de 1569 e a orixe da festa está na decisión do daquela alcalde, Luis de Luaces, de facer unha plantación na igrexa dos Remedios. No 2019 cumpríronse 450 anos. #Galicia 👇🏼
February 4, 2026 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Sabías que tal día coma hoxe do ano 1886 nacía en #Rianxo Alfonso Daniel Manuel Rodríguez #Castelao. Comprometido coa terra e co país, está considerado o pai do nacionalismo galego e a figura máis importante da cultura galega do século XX. #Galicia 👇🏼
January 29, 2026 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Sabías que en #Lugo existe un círculo de pedras con máis de 5700 anos de antigüidade. Trátase do Círculo lítico A Roda (#Barreiros), un conxunto de pedras que forman unha circunferencia de 35m de diámetro. Pénsase que tiña unha función social, relixiosa ou incluso astronómica 👇🏼
January 27, 2026 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Sabías que dende 2019 Ponte Maceira (#Negreira) forma parte da rede de localidades mais bonitas de España. É a primeira localidade coruñesa que se inclúe na lista, onde tamén están Mondoñedo (#Lugo) e Castro Caldelas (#Ourense). ¿Cal é a vosa favorita? #Galicia
January 21, 2026 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Sabías que o can de palleiro é unha raza autóctona de #Galicia. Este can, sempre asociado ao pastoreo, comparte orixe con outros cans coma os pastores alemáns, holandeses ou belgas. No 2001 a Xunta de Galicia recoñeceuno como can autóctono para evitar a súa desaparición.
January 20, 2026 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Sabías que a rúa mais estreita de #Galicia está en #Santiago. A rúa da Oliveira, con tan só 70cm de ancho nun dos seus extremos álzase tamén co título da segunda mais estreita de España, por detrás dunha rúa en Urriés (Zaragoza), con só 41cm de ancho.
January 19, 2026 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Sabías que #Luar é o 2º programa máis lonxevo da historia da tv en España. Emitindose dende 1992, só por detrás de Informe Semanal de TVE, que leva dende 1973.Luar é único programa do mundo gañador de 7 Best International Format Awards na categoría de cadeas de ámbito non estatal
January 15, 2026 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Sabías que tal día coma hoxe do ano 1998, a plataforma de perforación petrolífera móbil Discoverer Enterprise rachaba as estachas de madrugada debido ao temporal e batia contra a Ponte das Pías, deixando a #Ferrol sen a súa principal vía de comunicación #Galicia #BoaNoite 👇🏼
January 13, 2026 at 8:31 PM
Reposted by IdeafixVasili
Sabías que tal día coma hoxe de 1950 morría Alfonso Rodriguez #Castelao. O 7 de xaneiro de 1950 finaba en Bos Aires (Arxentina) un dos pais do galeguismo e a figura mais importante da cultura galega do século XX. #BoaNoite #Galiza
January 7, 2026 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Sabías que Federico García Lorca tamén escribiu en galego. O poeta e dramaturgo andaluz, considerado o poeta español mais lido de tódolos tempos, publicou a obra Seis poemas galegos en 1935. Unha homenaxe á paisaxe e a lingua de #Galicia. Morreu fusilado o 18 de xullo de 1936.
January 5, 2026 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Sabías que en 1965 #Galicia contaba co hotel máis grande do mundo. O Burgo das Nacións (#Santiago) creado para o Ano Santo Xacobeo de 1965 e con cerca de 4000 prazas, foi tamén o primeiro parador da cidade por diante do Hostal dos Reis Católicos. 👇🏼
January 2, 2026 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Despedimos o ano desexándovos o mellor para o 2026. Aqui seguiremos o ano que vén 😊. Moitisimas grazas.🎉🎉 #Galicia #FelizAninovo #Feliz2026 #felizanonovo #FelizAno
December 31, 2025 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Amigos e amigas, pasade unhas moi boas festas. E que vos traia moitos agasallos quen sexa o que lle escribades as vosas cartas, pero sen dúbida moito mellor agasallos do noso #Apalpador . Unha aperta forte #Galicia #Nadal #BoNadal #Navidad
December 24, 2025 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Sabías que en #Catoira existen uns muiños únicos en Europa. Trátase dos Muiños de Abalo, que contan cun peculiar sistema de dobre aspa único en Europa. O seu emprazamento permite disfrutar dunhas espectaculares vistas á ría de #Arousa. #Galicia
December 23, 2025 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
O Cemiterio dos Ingleses situado no concello de Camariñas, debe a sua orixe ao naufraxio do buque escola inglés The Serpent, na noite do 10 de novembro de 1890. Crese que as principais causas da traxedia debéronse a un temporal e á deficiente luz do antigo Faro Vilán👇🏻
December 22, 2025 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Sabías que unhas das adegas consideradas máis antigas da península estan en #Galicia. Trátase das Adegas de Vilachá, case medio cento de construcións cubertas por tellados de pizarra a dúas augas, construcións que están catalogadas de Interese Turístico. #PobradoBrollón
November 25, 2025 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Sabías que Galicia é a segunda comunidade tras Canarias con mais xacementos termais, e unha das zonas con máis recursos termais de Europa. A maioria estan en Ourense e Pontevedra, polo sistema de fracturación do subsolo, máis denso que o das provincias do norte.
November 24, 2025 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Sabías que hoxe cúmprense anos do nacemento do rei Afonso X "O Sabio". No ano 2021 fixo 800 anos do seu nacemento.Recoñecido pola súa obra literaria, inlcuso en lingua galego-portuguesa, como nas súas famosas Cantigas de Santa María, realizando unha grande achega á lingua culta do momento. #Galicia
November 23, 2025 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Sabías que os grovenses son coñecidos como mecos. O seu nome débese á lenda do Meco, un señor feudal cacique que os grovenses colgaron dunha figueira no Monte Siradella fartos dos seus abusos. Todos os veciños se inculparon da sua morte, quedando así impunes, #Galicia #OGrove
November 19, 2025 at 8:30 PM
Reposted by IdeafixVasili
Hoxe cúmprense 23 anos do maior desastre ecolóxico nas nosas costas. Pasaron 23 anos do afundimento do #Prestige. Sempre orgullosos do pobo galego e de todos os voluntarios valentes que loitaron para limpar a nosa costa. #NuncaMais #Galicia
November 13, 2025 at 8:30 PM