Hexageradas (ela)
banner
hexageradas.bsky.social
Hexageradas (ela)
@hexageradas.bsky.social
🟣 Interseccionalidade e sororidade 🟣
✊Activismo
📢Artivismo
🎨Artesanía
>>>autoxestionado
Non me quero pór estadounidensecentrista 🫠 e desde logo isto nin é o peor que fixeron nin é ao que debemos responder con máis urxencia.

Porén, o simbolismo disto, o que significa, é un motivo máis para actuar.

Segundo a miña pesquisa rápida, GoogleMaps é efectivamente a app de GPS máis empregada
February 11, 2025 at 2:46 PM
January 7, 2025 at 4:22 PM
sen palabras
December 15, 2024 at 5:02 PM
O chulo que foi ver a merda de vídeo de P. Motos entrevistando a D. Martín, entrar a comentarios con medo e que o primeiro que saíra fora isto 🙂‍↕️ A última fíxome rir a serio
December 3, 2024 at 2:49 PM
MMMGaliza vén de publicar esta actualización con máis mobilizacións polo #25N
🪧✊
November 24, 2024 at 10:11 AM
Agora mesmo o mellor xeito que teño de colaborar coa @plataforma_feminista_lugo é este así que veño para vos recordar que estas láminas seguen dispoñíbeis e que a metade do que paguedes vai para contribuír a esta plataforma autofinanciada. Podedes ver as que quedan dispoñíbeis nos destaques de IG ✊💜
November 22, 2024 at 9:21 AM
En Marcha Mundial das Mulleres (na Galiza) publicaron a compilación das convocatorias. Algunhas delas son de colectivos máis locais, como as que xa partillei, e outras están convocadas por MMM. Aquí colocan só o seu lema mais, como vedes nas anteriores imaxes, moitas localidades terán o un propio
November 21, 2024 at 8:01 PM
📍Ribadeo. Veño de ver a convocatoria das compas da Mariña. Déixovos o cartaz 💜✊
November 21, 2024 at 3:35 PM
📍Vigo. “Obradoiro de pancartas” de Nós mesmas mañá día 21/11. 📢🪧✊
November 20, 2024 at 1:51 PM
📍Vilagarcía de Arousa. As compas de O soño de Lilith, cansas dos silencios, deciden facer unha “marcha ruidosa” este #25N 💥🟣
November 20, 2024 at 8:25 AM
📍Vigo. AMoradaCooperativa xunto con RespostaFeminista propoñen unha actividade de rúa: O TENDAL (deseñada por unha artista). Tedes toda a info nos seus instagrams e, ademais, nesa publicación deixo feita unha consulta que poderedes ver nos comentarios.
Forza🔥✊
November 19, 2024 at 8:21 AM
Convocatoria das compas da Plataforma feminista de Lugo. Anímovos ás compas da cidade a participar máis coa Plataforma. Sempre veñen ben mans, ideas e debates. Por suposto son transinclusivas, para quen non as coñecer. 🟣🔥 #25N #feminismo #feminismogalego
November 18, 2024 at 9:40 PM
As e es compas de Tamborililás teñen hoxe día 17 de novembro unha xornada aberta de ensaios. Podedes ir preparando os batukes para facerdes ruído e que non lles quede outra que escoitaren. Déixovos o cartaz ✊📢
November 17, 2024 at 10:15 AM
Convocatoria en Vigo. Nesta cidade en concreto, o concello vai intentar tomar o control deste #25N e vaino facer sen respectar básicos como os blocos non mixtos. Déixovos por aquí, por suposto, a convo non institucional. Tedes máis info na conta de insta que sae na imaxe 🔥✊
November 17, 2024 at 10:07 AM
As e es compas de Tamborililás xa están a preparar os seus batukes para faceren ruído e que non quede outra que escoitar. Podedes practicar canda elas o domingo 17. Déixovos o cartaz✊📢
November 17, 2024 at 9:18 AM
Mañá en Compos para todas as que poidades #QueremosGalego
November 16, 2024 at 5:12 PM