hantyah
banner
hantyah.bsky.social
hantyah
@hantyah.bsky.social
Defensora do feo.
Remito no título a esta gran obra da enxenería sita en Rodeiro -que non en Lalín- á que apenas lle quedan pleitos á vista, pero na que aínda se erixen con honra as tuberías de PVC que outrora suplían de auga e poder a este veciño de Pedroso: guerraenlauniversidad.blogspot.com/2020/03/la-g...
La guerra de las aguas ganadas
Arqueología de la Guerra Civil Archaeology of the Spanish Civil War Arqueología del conflicto moderno Modern conflict archaeology
guerraenlauniversidad.blogspot.com
November 19, 2025 at 8:17 PM
E este acabeino hoxe e por iso fago isto. Deume un pouco igual. Non sei se é porque o lin en galego e as escollas da tradución parecéronme forzadas pero resultoume algo mediocre. O que máis me interesou foi o elenco e a psicoloxía das personaxes pero chega tarde e sabe a pouco.
November 12, 2025 at 8:27 PM
A este entrei con prexuízos porque non fun quen de conectar coa Vexetariana pero ao final convertiuse no libro que máis me gustou en moito tempo. Sabe evocar de forma precisa coa ansiedade existencial e a se adoitas sentirte así e che mola a filosofía da linguaxe vas opinar o mesmo ca min ❤️‍🩹
November 12, 2025 at 8:20 PM
Logo creo que foi este, que en liñas xerais gustoume bastante porque o autor escribe moi ben. É tamén un pouco cursi pero é que eu devezo polos cantos á vida e os impasse da xunventude.
November 12, 2025 at 8:15 PM
No vrau lin este, que me puxo algo de mala ostia porque xa non aturo a literatura sobre mulleres misteriosas e deprimidas pero requetefantásticas e menos se están obsesionadas coas plantas. Pero case choro nalgún momento porque sabe poñerlle moi ben as palabras á dor pola morte dun fillo.
November 12, 2025 at 8:11 PM
Haiche uns atardeceres ben bonitos, iso si :)
November 4, 2025 at 10:16 PM
En fin, que ao final para ser algo só fai falta dicir que eres algo. Ou que cho digan e claro, crelo. Eu durmo sobre todas as palabras bonitas que me dixeron algunha vez.
November 3, 2025 at 10:11 PM
Cando me preguntan que me gusta facer no meu tempo libre paréceme ridículo dicir que facer fotos, porque tampouco é o que me gusta. Porque realmente a fotografía é ir de paseo con alguén e sinalarlle algo que che mola porque é máis difícil que se esqueza se son dous os que recordan.
November 3, 2025 at 10:09 PM
Así que confeso que tamén me da envexa ver que hai quen ten o meu “concepto” e son recoñecidos artistas ou quen fai do erro o seu espírito.
November 3, 2025 at 10:06 PM
É por eso que tamén comecei a facer foto en analóxico porque, xa que non sabes moi ben o que estás a facer, pois polo menos levalo ao límite.
November 3, 2025 at 10:00 PM
Ata entón, a túa alma pulula no Purgatorio daqueles sin oficio nin beneficio.
October 29, 2025 at 1:46 PM
Pensaredes que que rollo cear sempre o mesmo pero pódovos asegurar que para quen lle gusta o pan é unha sorpresa cada día.

Ou non estaría escribindo un relato erótico da media bóla do pan do Tres.
October 28, 2025 at 7:56 PM
En xeral, eu aspiro a ter tempo libre pra facer a fotosíntese.
October 21, 2025 at 12:34 PM
Bueno, eu saio ás cinco e media e xa sei que durante varios meses o sol será un dereito de fin de semana. Se non parase a comer, aínda podería botar un café cos últimos raios de sol. E ao final pasas no traballo mínimo 9 horas. Sen dietas nin ostias….
October 21, 2025 at 5:16 AM