Goretti Sanmartín Rei
banner
goretesrei.bsky.social
Goretti Sanmartín Rei
@goretesrei.bsky.social
Alcaldesa de Santiago de Compostela. Feminista e nacionalista galega. Construíndo País desde a Executiva do BNG.
Canta enerxía atopei hoxe no alumnado do Instituto Antón Fraguas coa súa proposta de campaña para traballar por un barrio das Fontiñas en galego. Unha marabilla partillar un anaco de tempo con rapaces e rapazas e co se profesorado e a dirección do centro. Seguimos en contacto!
November 13, 2025 at 8:32 PM
Parabéns, Mondra, Diogo, Cátia, Elba e Municipio de Braga! E que viva Ari(t)mar! Feliz décimo aniversario.
October 30, 2025 at 11:11 PM
A Pedestre é sempre unha xornada compostelán de festa e alegría. Deportistas, familia e veciñanza bótanse á rúa para gozar correndo ou animando quen corre. Nun día extraordinario, parabéns para a organización, para quen cruzou a meta, quen gañou e toda a xente que participou deste grande evento.
October 26, 2025 at 1:14 PM
Que grande África! Sempre estarás connosco. Seguiremos festexando a vida e comprometéndonos con todas as causas xustas.
October 25, 2025 at 2:48 PM
Se calas tamén tratas. Día mundial contra a trata.
October 18, 2025 at 12:08 PM
Sábado de Galicreques!!! Apurade que está rematando o festival mais aínda quedan espectáculos moi interesantes para gozardes deles.
October 18, 2025 at 12:07 PM
Parabéns a COGAMI no seu 35 aniversario! E parabéns tamén ás persoas, colectivos e institucións premiadas: Ángel Carracedo, Vegalsa Eroski, José Luís Costoya e o Concello de Carballo.
October 17, 2025 at 8:32 PM
Mañá tomará posesión como deputada unha magnífica compañeira que botaremos moito de menos no grupo municipal do BNG do Concello de Santiago de Compostela. Un orgullo de referente, de saber facer, de entusiasmo e capacidade de traballo. Moita sorte nesta nova etapa, Saleta Chao Rivas
October 13, 2025 at 9:08 PM
Magnífica Lucía Aldao (Maldao) e Samuel Merino (ou María Mariño) no recital de peche da Selic 2025. E extraordinaria e extraordinario intérpretes de lingua de signos.
Que risas botamos e que ganas de ler xa as obras que adquirimos!
Até o 2026! Mentres, vémonos nas librarías.
#Selic2025
October 12, 2025 at 8:30 PM
Esiximos a inmediata liberación da nosa veciña Sandra Garrido e de todas as persoas que viaxaban na Flotilla nunha misión humanitaria e que foron interceptadas sen ningunha razón polo Estado de Israel. #PalestinaLibre
October 5, 2025 at 5:54 PM
Solicitamos a liberdade das persoas que integraban a Flotilla secuestradas por Israel, o desenvolvemento con todas as garantías da mision humanitaria e o remate do xenocidio na Palestina. #FreePalestine #PalestinaLibre
October 2, 2025 at 11:36 AM
Animando o Vitoria no seu primeiro partido da tempada na casa.
September 28, 2025 at 10:29 AM
Festas nas Fontiñas e na Gracia!
September 21, 2025 at 2:31 PM
No día en que o centro de menores migrantes en Monforte sufriu un ataque racista, son necesarios proxectos como o que Igaxes, Artefeito e Culturactiva desenvolveron con Soños. Parabéns para quen o fixo posíbel e que hoxe realizou unha fantástica interpretación. Antítodo contra os discursos de odio.
September 20, 2025 at 8:15 PM
Mamá, sempre na nosa memoria.
September 19, 2025 at 6:10 AM
Un suicidio case cada día. Prevención xa! #MovementoGalegoPolaSaúdeMental
September 10, 2025 at 7:19 PM
Solidariedade Galiza-Palestina. #PalestinaLibre
September 8, 2025 at 7:48 PM
Festas nos barrios! Con Decrúa teatro e pregón de Adriana Pérez Villanueva e o clásico dúo de Eva e Camilo. #ARúaDeAbaixo #AsMarías
September 6, 2025 at 5:32 PM
Que estupendos os discursos do estudante Andrés Couso e do profesor Xosé Ramón Veiga na inauguración do curso académico do sistema universitario galego! E que ben estivo o coro da USC.
Bo inicio de curso a toda a comunidade universitaria, en especial ao estudantado que chega ao seu primeiro curso
September 4, 2025 at 7:03 PM
August 21, 2025 at 6:32 PM
Un pracer estar hoxe no acto que organizou a Asociación Cultural Alexandre Bóveda na cidade da Coruña con motivo do Día da Galiza Mártir.
August 18, 2025 at 9:22 PM
E que viva o Feito a Man!!! #CompostelaBoaDeVivir
August 14, 2025 at 9:23 PM
O pasado setembro asistín a un concerto da Orquestra de Córdoba na Mezquita desta Cidade con motivo do Congreso Mundial das Cidades Patrimonio da Humanidade. Toda a miña solidariedade con esta Cidade e co seu alcalde, membro do Grupo de Cidades Patrimonio do Estado español.
August 9, 2025 at 1:30 PM
A Banda Xangai ponlle o ramo ás festas de Compostela. #Apóstolo2025
July 31, 2025 at 9:30 PM
Que a Terra lle sexa leve! Unha gran perda.
July 30, 2025 at 6:05 AM