Instituto GeoGebra de Galicia
banner
geogebragalicia.bsky.social
Instituto GeoGebra de Galicia
@geogebragalicia.bsky.social
Tiñamos cara de estar a pasalo ben e aprendendo, ou que? Fotazo de grupo! #ourense #15febreiro #diageogebragalicia
February 16, 2025 at 9:27 AM
Foi unha verdadeira sorte que @bancoche.bsky.social aceptase a nosa invitación; o seu obradoiro "saliendo de Planilandia" foi unha marabillosa fonte de aprendizaxe #ourense #15febreiro #diageogebragalicia
February 16, 2025 at 8:58 AM
Construímos o método de dicotomía da man de @compaseregra.bsky.social, nun obradoiro dedicado aos métodos numéricos #ourense #15febreiro #diageogebragalicia
February 16, 2025 at 8:52 AM
Con @mastermaticus.bsky.social tivemos un obradoiro de iniciación para coñecer o poder de GeoGebra como apoio para a resolución de problemas #ourense #15febreiro #diageogebragalicia
February 16, 2025 at 8:50 AM
Con Guillem Bonet andamos polo plano para voar ao espazo. Cambiamos de dimensión! #ourense #15febreiro #diageogebragalicia IV Día GeoGebra de Galicia
February 15, 2025 at 6:17 PM
Con Estela Prol usamos GeoGebra para facer imprensión 3D. Combinando ferramentas para abrir posibilidades #ourense #15febreiro #diageogebrabalicia
February 15, 2025 at 6:07 PM
Con Luciana Brito aprendemos a manexar unha tartaruga con linguaxe LOGO #ourense #15xaneiro #diageogebragalicia
February 15, 2025 at 6:00 PM
Comezamos a tarde con MatesGG da man de María Cristina Naya: unha recompilación de actividades interactivas #ourense #15febreiro #diageogebragalicia IV Día GeoGebra de Galicia
February 15, 2025 at 3:36 PM
Con Alberto Fortes Novoa no IV Día GeoGebra de Galicia tamén nos achegamos aos contidos de Debuxo Técnico #ourense #15febreiro #diageogebragalicia
February 15, 2025 at 12:29 PM
Agora Sofía Cendán trae conexións artísticas usando GeoGebra. Música e mínimo común múltiplo... onde está a relación? #ourense #15febreiro #diageogebragalicia IV Día GeoGebra de Galicia
February 15, 2025 at 11:57 AM
Temos a @deborapereiro.bsky.social César Docanto, Sandra Sambade e María Jesús Casado presentando REA con chave G, un recurso encadrado no proxeto cREAgal #ourense #15febreiro #diageogebragalicia
February 15, 2025 at 11:31 AM
Se puidésemos, estariamos horas e horas escoitando a @bancoche.bsky.social Que pasada de relatorio #ourense #15febreiro #diageogebragalicia IV Día GeoGebra de Galicia
February 15, 2025 at 10:09 AM
Pois xa estamos aprendendo de Bernat Ancochea, que nos conta con paixón ata onde podemos chegar con GeoGebra no IV Día GeoGebra de Galicia #ourense #15febreiro #diageogebragalicia
February 15, 2025 at 9:15 AM
@deborapereiro.bsky.social presidenta do Instituto GeoGebra de Galicia presenta a Bernat Ancochea, que nos deleita coa conferencia plenaria no IV Día GeoGebra de Galicia #ourense #15febreiro #diageogebragalicia
February 15, 2025 at 9:10 AM
A piques de comezar. Isto promete #ourense #15febreiro #diageogebragalicia
February 15, 2025 at 9:01 AM
February 15, 2025 at 8:16 AM
Xa vos estamos agardando 😊 #ourense #15febreiro #diageogebragalicia
February 15, 2025 at 7:54 AM
Ai, ai, ai... Pero que iremos facer mañá? Xa podedes vir con ganas... #ourense #15febreiro #diageogebragalicia
February 14, 2025 at 6:14 PM
Aquí andamos, preparando todo para mañá #ourense #15febreiro #diageogebragalicia
February 14, 2025 at 5:13 PM
Bulide a reservar praza no obradoiro que máis vos apetece (enviamos o pasado domingo o formulario por email), que se esgotan!! #ourense #15febreiro #diageogebragalicia
February 11, 2025 at 2:27 PM
Xa rematado o período de inscrición do IV Día GeoGebra de Galicia, estamos traballando arreo para acomodarvos a todas e que o próximo sábado teñamos unha xornada de proveito. #ourense #15febreiro #diageogebragalicia
February 9, 2025 at 10:26 AM
Quedan 2 semanas para o gran evento #ourense #15febreiro #diageogebragalicia e só unha semana para que remate o prazo de inscrición (tedes ata o día 8). Se aínda estades dubidando, que non se vos pase! @geogebra.org
February 1, 2025 at 12:33 PM
Un momento de silencio... pechade os ollos... sentides ese cheiro? Cheira a GeoGebra recén aberto pola mañá... #ourense #15febreiro #diageogebragalicia
January 25, 2025 at 8:48 AM
É unha verdadeira mágoa ter que elixir, ben o sabemos. Para non ter que facelo en quente, ide pensando cal dos obradoiros vos presta máis. Hai que optar por un en cada franxa. Os puntiños ordenan por dificultade: os máis básicos teñen⚫️ #ourense #15febreiro #diageogebragalicia
January 24, 2025 at 4:48 PM