Rafael García Guerrero
garciaguerrero.bsky.social
Rafael García Guerrero
@garciaguerrero.bsky.social
Tendeiro, corto friame; sigo entre chourizos.
A UE perdeu a súa guerra en Ucraina, os cidadáns pagaremos os seus erros, ninguén asumirá responsabilidades.
November 30, 2025 at 10:01 PM
Cantos membros do Opus Dei hai no profesorado das facultades públicas de dereito?
November 28, 2025 at 8:22 PM
Na xustiza española non hai cilicios abondo para os pecados que teñen.
November 27, 2025 at 8:18 PM
Co convulsa que está a política estatal, que pouco se fala do Opus Dei…
November 26, 2025 at 11:34 PM
Que labazada imos levar a xente da miña xeración coa Intelixencia Artificial, pero desas da que queda a man tatuada na faciana. Vivimos as dificultades de adaptación dos nosos pais e avós aos cambios tecnolóxicos e non aprendemos nada; non pensamos nos ía pasar a nós.
October 16, 2025 at 9:47 AM
Pasamos dos debates entre Beiras e Fraga no parlamento galego (que había que ir buscar que significaban as referencias literarias que eles facían de memoria) ao “pim, pam, pum” da Ayuso. No medio tivo que haber un deterioro cognitivo xeral da sociedade ou algo, porque eu non entendo nada.
September 29, 2025 at 8:34 PM
E se aos sionistas lles dá por atacar o barco da armada?
September 26, 2025 at 4:31 PM
Como no parlamento europeo teñan gardar un minuto de silencio por cada meniño asasinado en Gaza, van pasar varias horas calados.
September 12, 2025 at 6:53 AM
E non sería máis doado reducir o número de horas laborais anuais introducindo máis días festivos?
September 10, 2025 at 5:55 PM
E Úrsuliña cando se autoproclama Emperadora da colonia?
September 10, 2025 at 9:43 AM
De incendios e prevención.

Cando a Xunta de Feijoo e Rueda crea os GES endósalle unha parte do financiamento aos concellos, pero como non tiñan fondos propios abondo (despois de triplicar a débeda autonómica) deciden financiar un terzo do global con fondos europeos de prevención.
August 25, 2025 at 1:52 PM
US pon un imposto ao consumo do 15% aos produtos de empresas europeas e a cambio hai que gastar centos de miles de millóns en grandes empresas ala? A ver isto non é nin liberalismo, nin proteccionismo, nin economía planificada. Só son gobernos traballando polo benefecio da patronal amiga.
August 21, 2025 at 7:56 PM
Ao mellor alguen tiña que mirar o prezo de hectárea desbrozada co que a Xunta de Galicia xustifica as axudas europeas en prevención.
August 18, 2025 at 5:54 PM
Con todo isto dos politquiños inventándose carreiras, @perroloco.bsky.social, a ti custouche sacar o título? (A parte das 30 mil pesetas porque fimase o emérito)
August 5, 2025 at 9:28 PM
Eu imaxino á dona de Medvedev berrándolle para que deixe o móbil.

-Queres deixar de rirte do Trump e lavas a louza dunha vez?!

-Unha máis e déixoo, de verdade, só unha máis.

-Vaiche berrar Vladimir. Ti verás.
August 1, 2025 at 8:55 PM
O Trump este non ten nin idea de economía, non?
July 20, 2025 at 7:36 PM
O problema non é que veña a dereita, a extrema dereita ou o facherío… nunca se marchou, o problema é que vén a gran involución.
July 6, 2025 at 10:27 PM
E isto da reducción de horas da semana laboral, non a podían facer poñendo festivos? (Desde a cabeza dun autónomo, non é unha idea tan tola)
July 6, 2025 at 9:24 PM
Nunca agradeceremos abondo o que están facendo certos partidos minoritarios aguantando o cheiro a podre do PSOE. Cada día que aguantan, atrasan un día chegada da gran involución.
July 6, 2025 at 6:15 PM
O Trump cantando aos Siniestro Total con aquilo de Ayatollah era o tal para rebaixar un pouco a tensión.
June 19, 2025 at 8:38 AM
Uns que queren entrar, outros que non queren saír. Pero medidas reais contra a corrupción, ningunha. Non interesa. Todo o que se leva feito en democracia para acabar co problema é incrementar a burocracia para dar apariencia de legalidade.
June 17, 2025 at 8:03 AM
Vivimos tempos en que te vas durmir e poida que te espertes con algún país menos no mundo.
June 13, 2025 at 10:59 PM
Algún non se leu nin o “Lazarillo de Tormes”
June 12, 2025 at 4:33 PM
Co espelido que é o Elon Musk para os negocios, non sei como se lle ocorreu poñer o combate co Trump en aberto en vez de reservado para usuarios pago.
June 6, 2025 at 1:26 PM
O da democracia estades seguros que vén do grego e non do galego?
May 30, 2025 at 10:07 PM