Galiza sen gas
banner
galizasengas.bsky.social
Galiza sen gas
@galizasengas.bsky.social
Plataforma social que traballa polo abandono do gas fósil antes de 2035. Previamente "Galiza un Futuro sen Carbón".
👏👏 Activistas de Greenpeace bloquearon na semana pasada a terminal de Zeebrugge, o maior porto de entrada de gas licuado ruso da UE, para protestaren contra a dependencia europea das importacións de gas de Rusia e dos Estados Unidos. Que a Galicia chega a través da terminal de Reganosa en Mugardos.
October 7, 2025 at 8:52 AM
Hai unha "errata" nesta mensaxe da nosa gasista.
Na realidade Reganosa contribúe a atrasar a transición enerxética e a mitigación do cambio climático.
Mais a realidade climática é o que menos conta para Reganosa. O que conta son os beneficios corporativos.
September 4, 2025 at 9:44 AM
🏭 Celebramos que fai cinco anos pechou a central térmica de carbón de Meirama!!!
Xunto coa das Pontes, pechada en 2023, foi a maior fábrica de cambio climático en Galicia durante as últimas décadas.
Agora é preciso pecharmos as de gas fósil antes de 2030.
👉 galizasengas.org/pecha-a-cent...
July 4, 2025 at 12:05 PM
O gas fósil, tamén chamado gas natural, é o recurso enerxético máis usado en Galicia despois do petróleo. Case tanto como todas as renovábeis xuntas!!
👉 galizasengas.org/informate/
June 23, 2025 at 11:17 AM
Trump quere que Europa compre aínda máis gas fósil aos Estados Unidos. Mais cambiar o PutinGas por TrumpGas non é solución.
Necesitamos abandonar o gas fósil o antes posíbel con menos consumo enerxético e con máis renovábeis.
Asina agora esta petición: act.oilchange.org/forms/europe...
June 13, 2025 at 3:51 PM
📈 As importacións galegas de gas fósil atinxiron un máximo en 2023. Todas se produciron a través da regasificadora de Mugardos.

📉 O consumo interno mantense en niveis elevados, mais descendeu con respecto a 2022.

📈 As exportacións disparáronse en 2023.

👉 galizasengas.org/gas-de-guerr...
May 16, 2025 at 8:45 AM
Comprarmos máis TrumpGas en Galicia e no resto da UE para deixarmos de comprar PutinGas é un desastre climático. Máis fracking (prohibido en España), máis fugas de metano.
Asina agora por un abandono rápido do gas fósil: t.co/dFH2gvQWZb
May 8, 2025 at 9:47 AM
Do PutinGas ao TrumpGas: A adición de Galicia e Europa ao gas fósil fainos depender de líderes autoritarios.

Asina agora para que a UE planifique o abandono rápido e xusto do gas fósil !!!

👉 act.350.org/sign/europe-...
April 21, 2025 at 10:04 AM
📉 Por primeira vez nas últimas décadas a produción anual de electricidade fósil en Galicia baixou dos 5.000 GWh en 2024.

🏭 A eliminación da potencia fósil que supuxo o peche da central de carbón das Pontes en 2023 foi unha das causas principais.

▶️ Aínda restan 1.800 MW de potencia fósil.
April 8, 2025 at 10:07 AM
🚢 A entrada de gas natural licuado pola regasificadora de Reganosa en Mugardos baixou o 21% en 2024. Mais foi o 17% superior á media de 2019-2023.

Reganosa é a principal vía de entrada de gas fósil en Galicia.
April 1, 2025 at 10:09 AM
As importacións galegas de gas fósil, procedentes de África, Rusia, Estados Unidos de América,..., están ligadas a abusos dos dereitos humanos e á destrución do territorio nos países de orixe. Unha pequena parte do gas importado é reexportado a través da regasificadora.
March 27, 2025 at 10:28 AM
A xeración de electricidade é o primeiro uso no que podemos prescindir do gas fósil. Mais o incremento acumulado da produción das centrais de gas (ciclos combinados) desde 2007 superou a dos parques eólicos.
March 27, 2025 at 10:27 AM
A infraestrutura gasista galega está sobredimensionada, do que é exemplo a regasificadora de Mugardos, pertencente a Reganosa, empresa participada pola Xunta. Por ela entra gas licuado, o máis nocivo para o clima.
March 27, 2025 at 10:25 AM
O gas fósil é o recurso enerxético cuxo uso máis creceu en Galicia no que levamos de século. Máis que o de todas as renovábeis xuntas, coas que competiu eficazmente.
March 27, 2025 at 10:22 AM
▶️ No informe “Gas natural, o combustíbel fósil que atrasou a transición enerxética” analizamos o papel crucial do gas fósil no sistema enerxético galego, demandando o seu abandono antes de 2035.

Fío👇
March 27, 2025 at 10:21 AM
En Galicia consómese moito gas fósil mais, sabías que tamén se reexporta? Acontece desde que funciona a regasificadora de Reganosa na ría de Ferrol.

Máis información sobre o papel do gas fósil en Galicia en: galizasengas.org/gas-natural-...
February 26, 2025 at 10:31 AM
🔴A regasificadora de Reganosa en Mugardos foi a sexta de Europa que recibiu máis gas natural licuado (GNL) ruso en 2024.

🔴 Naturgy foi o maior comprador coñecido de GNL ruso en Europa durante 2024.

👉 ieefa.org/european-lng...
February 21, 2025 at 12:05 PM
📢 INFORME "Gas natural, o combustíbel fósil que atrasou a transición enerxética".

📈 A sobrecapacidade gasista disparou o uso do gas fósil en Galicia. Medrou incluso máis que o de todas as renovábeis xuntas!

👉 galizasengas.org/a-aposta-pol...
February 12, 2025 at 11:37 AM
📈 Con Trump e sen el, a extracción de gas fósil (maioritariamente de "fracking") nos EUA disparouse desde a década pasada.

🚢 E desde 2016 está a chegar a Galicia a través da regasificadora de Reganosa en Mugardos.
#GasNonéSolución
January 22, 2025 at 10:53 AM
Enerxía fósil=crise climática.

Abandonado xa o carbón, reclamamos un plan galego para pór fin ao uso de gas fósil antes de 2035 e de petróleo antes de 2040.

👉 galizasengas.org/por-un-plan-...
January 21, 2025 at 7:01 PM