Federación Galiza Cultura
banner
galizacultura.bsky.social
Federación Galiza Cultura
@galizacultura.bsky.social
Federación de asociacións culturais galegas na actualidade participada por 30 entidades do noso país.
Se queres contactar connosco: federacion@galizacultura.gal
A mostra fechará o día 30 deste mes de xuño para seguir a súa itinerancia por outras cidades e vilas do país e lévase a cabo a grazas ao Programa FO203 de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais no ano 2025 da Area de Cultura da Deputación da Coruña.
May 28, 2025 at 7:08 AM
As obras e criacións de #PepeCarreiro, un dos debuxantes galegos máis relevantes dos últimos 40 anos, fan un conxunto de 50 cadros, que nos achegan a súa visión da realidade social galega expresada con toda a súa naturalidade e sempre desde unha perspectiva crítica e reflexiva.
May 28, 2025 at 7:08 AM
A estancia na cidade compostelá, constitúe a terceira parada desta mostra que previamente xa lucíu nas cidades da Coruña e de Lugo, conformándose coma unha das citas culturais deste primeiro semestre do ano na Galiza.
May 28, 2025 at 7:08 AM
Colgado xa na nosa páxina de Facebook o álbum de fotos da inauguración realizada no local da @acalexandreboveda.bsky.social da exposición 'Humor para mudar o mundo. Que graza!" de #PepeCarreiro.
Pódese visitar até o 6 de marzo.
www.facebook.com/share/1ALW5s...
Redirecting...
www.facebook.com
February 15, 2025 at 8:27 PM
Esta actividade realizase grazas ao Programa FO203 de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2025 da Área de Cultura da Deputación da Coruña.
February 10, 2025 at 6:58 PM